Xoves, 18 Setembro de 2025

O ‘sendeyak’ regresa ao río Tea o vindeiro 22 de xullo

O ‘sendeyak’ volve este verán ao río Tea. Ao abeiro do programa Mocidade Viva, a Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó organiza este xoves 22 de xullo (17:00 horas) unha nova edición desta actividade que combina sendeirismo con descenso en kayak ao longo dunha ruta de 3 quilómetros polos bosque autóctonos do Tea, observando todos os seus recursos, e facendo o camiño de volta en kayak vivindo unha experiencia deportiva divertida e diferente. Así, as persoas participantes sairán a pé da praia fluvial da Freiza para realizar a andaina ata a Poza do Barco e regresar dende ese punto navegando.

Trátase dunha novidosa oferta deportiva e lúdica coa que o Concello de Ponteareas busca “promover entre os mozos e mozas hábitos de vida saudábeis ao tempo que se achega ao noso patrimonio natural”. A actividade vai dirixida a rapaces e rapazas maiores de 12 anos, que no caso de ser menores deben ir acompañados dunha persoa adulta. As e os interesados poden xa inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected].

O Concello bonifica unha parte do custo da actividade, que terá un prezo final para as persoas participantes de 15 euros e que incluirá todos os materiais necesarios para realizala, así como os seguros necesarios e os monitores que guiarán aos participantes.

O edil anima a todos os mozos e mozas a participar nesta experiencia deportiva que se desenvolverá con todas as medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias.

Nigrán bonificará o 75% do imposto de terrazas e mantén a flexibilización da súa ampliación

0

O Concello de Nigrán bonificará novamente o 75% do imposto de terrazas ante a persistencia da crise do Covid-19. Así, o alcalde de Nigrán, Juan González, asinou co presidente da asociación de empresarios Ovalmi, José Ángel González, unha prórroga do convenio de colaboración firmado no 2020 que contempla esta rebaixa e, ao mesmo tempo, a flexibilización da súa ampliación para garantir a seguridade sanitaria que obrigan ao distanciamento social.

“Gustaríanos bonificar o 100% do imposto de terrazas pero é legalmente imposible, o máximo permitido é o 75%. Igualmente, reiteramos a nosa petición a Costas do Estado e da Xunta para que realicen estes descontos porque a eles lles corresponden as terrazas do paseo marítimo de Panxón e do peirao”, sinala o alcalde, Juan González, quen indica que “se manteñen todos os motivos para continuar apoiando a hostalaría ante a crise do Covid-19 que tamén limita o traballo do sector”.

A maiores, o Concello de Nigrán suma 240.000 € en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre si para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi . Paralelamente, ofrece o servizo de reparto gratuíto para todos os negocios do municipio ata o 10 de outubro como fórmula de apoio ao comercio local. O Concello asume as custas do envío a domicilio mediante a contratación propia do servizo no termo municipal. Este funciona de mércores a sábados de 13:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:00 horas e os domingos de 13:00 a 15:00 horas, coa novidade de que mércores e xoves inclúe non só ao sector da restauración, se non calquera tipo de negocio de Nigrán aínda que non sexa hostaleiro (volumen transportable no caixón dunha moto).

Como nas anteriores ocasións, os pedidos mínimos son de 15 € e cínguense ao termo municipal sen inclúir a xestión dos cobros nin envíos de pedidos contratados a través de plataformas privadas. Os negocios interesados en sumarse deben solicitalo no correo [email protected]

A Deputación destina 80.000 euros para axudar ás escolas de música da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás bases que rexerán a concesión de subvencións a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro para este ano 2021. A institución provincial destina un orzamento total para estas achegas de 80.000 euros, e están dirixidas a subvencionar os gastos correntes e de persoal das escolas de música dependentes de asociación e fundacións radicadas na provincia que teñan entre os seus obxectivos a formación musical.

A presidenta provincial Carmela Silva destacou estas axudas como unha aposta pola cultura: “Apostamos pola formación musical, que é un dereito e nós queremos democratizala para que chegue a todos os nenos/as e mozos/as da provincia”.

A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva e entre os criterios obxectivos de reparto que se terán en conta figuran o número de alumnos/as matriculados; número de docentes; o orzamento de gastos da escola de música e as especialidades impartidas. As entidades deberán presentar as súas solicitudes a través dun formulario da sede electrónica da Deputación e poderán facelo desde o día seguinte ao da publicación das bases no BOPPO, con data límite do 30 de setembro.

No ano 2020 estas axudas foron concedidas a 20 escolas de 15 concellos da provincia.

Máis de 60 persoas maiores de 55 anos participaron no programa Cultiva a Mente en Tui

0

O pasado venres tivo lugar a clausura da actual temporada do programa Cultiva a Mente promovido polo Concello de Tui e AFAGA para promover un envellecemento activo e saudable. Dende o pasado mes de setembro participaron no mesmo máis de 60 mulleres e homes distribuídos nos grupos que semanalmente se reunían en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  

No acto de clausura, deste mediodía, na Ribeira de Caldelas, os e as asistentes do programa recibiron os seus diplomas da man do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e do presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez. Cultiva a Mente volveu a actividade presencial en xuño tras varios meses no que se impartiu de xeito telemático, pola situación sanitaria, enviando o material a través de distintas plataformas ou a domicilio.

A valoración da actividade é moi positiva tanto polo  número de persoas participantes coma pola consecución dos obxectivos fixados para esta iniciativa.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sinalou no acto de clausura que “para o Concello de Tui era unha prioridade trasladar a atención psicosocial ao mundo rural  xa que a maioría deste tipo de servizos atópanse nos centros urbanos das cidades, así que asumimos o compromiso de estendelo ás parroquias de Tui”. Indicaba o rexedor que “dedicarán cantos recursos sexan necesarios para que este servicio poida ampliarse máis días e máis horas” desexando que “o ano que ven poida haber máis dunha centena de participantes”.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou na súa intervención que “a aposta por este programa é total por parte do concello”. Salientou que o programa está baseado no traballo en grupo pero, por mor da pandemia, durante moitos meses non se puideron celebrar actividades de grupo, pero si mantivo o contacto cos participantes de xeito individual.

Pola súa banda o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, felicitou aos asistentes pola súa participación no programa a pesar das restricións, coas dificultades que supuxo para eles esta situación, e congratulouse de que Concello de Tui apostara por Cultiva a Mente. Indicaba amais que “a través dos recursos de proximidade do entorno e de novos procesos e proxectos na cidade de Tui imos crear unha estrutura de apoio aos coidadores, as persoas maiores, e as persoas que teñan algún grao de vulnerabilidade na cidade”. Durante hora e media á semana nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns, os participantes neste programa preventivo coñeceron coma funciona o noso cerebro, técnicas de aprendizaxe de mellora, estimulación de distintas funcións cognitivas coma memoria, atención ou linguaxe. Ademais Cultiva a Mente tamén fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.

Tomiño renovará o tramo municipal da estrada de San Salvador de Tebra

0

O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “MELLORA do VIAL SAN SALVADOR DE TEBRA” que consistirán na renovación completa do vial SST-001, de titularidade municipal, no tramo 0-0,2km.

O Concello pretende acometer, dando tamén resposta á unha demanda veciñal, a renovación da urbanización do tramo inicial do vial ata o cruzamento onde está situado o centro social e a igrexa parroquial. Debido ao mal estado de conservación da estrada, sobre todo, no espazo destinado a beirarrúas de uso peonil, se aproveitará para renovar tamén a estética do vial, creando unha nova senda para peóns.

As obras, que terán un custe de 107.366,02 euros, incluirán a construción dunha plataforma única para peóns e tráfico rodado, distinguindo con pavimentos diferentes os itinerarios peonís e de vehículos.

Asemade, ampliarase o ancho das beirarrúas de uso peonil para cumprir, nunha delas, coas medidas que se esixen actualmente en materia de accesibilidade.

Ademais, dotarase de pavimentos e arborado novos ao tramo de propiedade municipal para mellorar a súa estética, uniformándoa coas actuacións realizadas na contorna da igrexa e do centro social de Sal Salvador de Tebra.

“Coa actuación proxectada, conseguirase facer máis accesible e amable o vial para os peóns, mellorándose a imaxe do mesmo para que estea en sintonía coas actuacións realizadas na contorna, e emendando o mal estado de conservación no que se atopa na actualidade”, precisa a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

O espazo restante irá destinado ao uso peonil, distribuído en dúas beirarrúas: unha dun metro de ancho no marxe esquerdo e outra de 2,5 metros, cumprindo deste xeito a última coa normativa de accesibilidade. Nesta, o alumeado público irá acompañado de árbores de tipo ornamental. Toda a vía estará á mesma altura, facéndoo completamente accesible, empregando aglomerado asfáltico para o pavimento rodado e formigón pulido coloreado para as zonas peonís.

Areeiro aconsella renovar as intervencións nas viñas contra o oídio e o mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta que as condicións meteorolóxicas que se veñen dando dende a noite do sábado, coa aparición das denominadas “néboas de advección”, favorecen a novas infeccións de mildio así como de black rot naquelas viñas nas que xa está presente.

Ademais, debido ao carácter miúdo do orballo que pode formarse, o persoal da EFA tamén avisa de que pode aparecer oídio nas viñas. Dende a Estación recomendan que para combater estas infeccións se renoven as intervencións naquelas viñas que non están ben protexidas.

Aspecto gromo terminal testemuña a primeira hora da mañá

Este novo aviso chega tras o cambio nas condicións meteorolóxicas que se produciu esta fin de semana xa que o venres pasado, cando non se prevían novas precipitacións no que restaba de mes, todo apuntaba a que a estabilidade no tempo axudaría a manter os acios sans e que acadasen o estado non susceptible (o pintado) sen maiores problemas.

A Feira do Libro de Ponteareas baixa o pano impoñéndose á calor

A Feira do Libro de Ponteareas baixou onte domingo o pano cun grande éxito de público, que se achegou á Praza Maior para gozar da ampla programación a pesar da vaga de calor dos últimos días. Concello e librarías fan un balance positivo desta quinta edición, que conseguiu aglutinar 22 presentacións e sinaturas de libros, máis da metade creados por autoras e autores ponteareáns. “Estamos moi contentos co resultado e coa boa acollida por parte da veciñanza, que desfrutou dunha feira segura, con moita vida e todas as medidas de prevención necesarias nos intres nos que estamos”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A quinta edición da feira pechaba o domingo as súas portas por todo o alto, coa presentación de Palabra de Martes, unha obra que recolle unha recompilación de textos escritos polo alumnado do obradoiro de escritura creativa organizado polo Concello de Ponteareas e que está coordinada pola propia formadora do curso, a escritora e actriz María Lado. Para o edil de Cultura “é un orgullo ver como o traballo que estamos a facer dende o Concello repercute na nosa sociedade de forma tan positiva e como nos permite achegar a novos nomes ao noso panorama literario”.

Palabra de Martes aglutina arredor de medio cento de textos escritos por 13 autores e autoras: Teresa Ríos Noya, Evaluna Stark, Javier Ogando Bautista, Hortensia Bautista, Ana Belén Fernández, Carmen Lemos González, David Fernández Columna, Laura Domínguez Meiriño, Pilar Alonso Suárez, Marta González Alonso, Daniel Eireos Quinteiro, Sara Cabaleiro García e Lome. A presentación contou coa participación da alcaldesa, Cristina Fernández Davila; do concelleiro de Cultura, Fernando Groba; da coordinadora do libro, María Lado e das e dos escritores.

Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira ofertou ademais de presentacións e sinaturas un amplo programa de animación dirixido a todos os públicos.

Ademais do pregón e da actuación musical inicial, foron moitos os cativos e cativas que participaron nos obradoiros organizados polas mañás na Praza Maior ao abeiro da feira. Destaca tamén a alta participación no certame ‘Remata o conto’, unha iniciativa da Concellaría de Cultura en colaboración co Centro Comercial Aberto Banastra coa que se buscaba fomentar a escritura en galego.

O talento será o protagonista na I Mostra Creativa do Baixo Miño

0

Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

A Mostra ten como obxectivos o apoio do talento creador da nosa comarca e o fomento do consumo responsable e de proximidade, ao mesmo tempo que se propicia un lugar de encontro que permita a cooperación e colaboración entre as persoas responsables dos diferentes proxectos que participen na Mostra. 

Daniel Macua, responsable de Acontravento, explicou que “O obxectivo é visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Gustaríanos que esta iniciativa poida consolidarse coma un evento de periodicidade anual e de referencia onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Invitamos a todas aquelas interesadas en dar a coñecer o seu proxecto a escribirnos”

Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, puxo o foco na “importancia de apoiar este tipo de iniciativas de cara non só aos/ás profesionais, senón tamén cara ao/á consumidor/a. Moitas destas persoas venden os seus produtos a través de Internet ou doutros negocios da nosa comarca, e estas iniciativas permítennos dar a coñecer os proxectos máis de cerca, quen está detrás e a súa historia, algo moi importante no fomento do consumo responsable e de proximidade.”

Poderán participar na mostra, de xeito gratuíto, todas aquelas persoas deseñadoras, marcas ou artesáns que teñan a súa sede social no Baixo Miño. A convocatoria de solicitude de participación estará aberta ata o xoves 29 de xullo, e para facela efectiva deberá enviarse por correo electrónico a ficha de inscrición, fotografías e o logotipo do proxecto ao enderezo [email protected].

Poden consultarse as bases na seguinte ligazón.

A Clásica Álvaro Piñeiro presenta o seu maillot oficial

A Clásica Álvaro Piñeiro, que se celebrará o próximo 3 de outubro en Ponteareas, presentou esta fin de semana a camisola oficial dunha edición moi especial –xa que volve tras cinco anos sen celebrarse-, e que levará a cabo con medidas hixiénicas especiais para evitar o risco de contaxio do coronavirus.

O acto de presentación tivo lugar na Franqueira (A Cañiza) e contou coa presenza de ex corredor Álvaro Piñeiro e algunhas autoridades institucionais, como o concelleiro de deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, Gorka Gómez, concelleiro de educación e deputado de deportes da Deputación de Pontevedra, Francisco González, do GDR Condado Paradanta e o alcalde da Cañiza, Luis Piña. Ao acto tamén asistiu o ciclista Borja Gómez, así como algúns dos patrocinadores principais da marcha.

O maillot oficial -elaborado pola marca Pacto- que se entregará a todos os participantes este ano, está inspirado no deseño co que Álvaro Piñeiro gañou a volta a España en 1986. Sen deixar de lado as tendencias actuais e cun toque moderno, atopamos na parte superior o logo dos dous patrocinadores principais -Grupo Sestelo e Axa Jose Alfaya- e na parte traseira as institucións principais que colabran coa marcha cicloturista – Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e GDR Condado Paradanta-.

De igual modo, a parte inferior da camisola tanto dianteira como traseira, baséase nunha serie de liñas horizontais nas que predomina a cor naraja.

Cunha combinación de teas aerodinámicas e técnicas, o modelo Pacto favorece a máxima adaptación ergonómica e unha transpirabilidad total para que todos os participantes na marcha poidan gozar de cada saída esta tempada. A camisola entregarase aos participantes o día da marcha.

A organización confirma a dispoñibilidade das últimas prazas, para todos aqueles que aínda desexen inscribirse, a través da páxina web oficial www.clasicaalvaropino.com.

Gondomar clausura con éxito o curso de ciberseguridade dirixido ás novas xeracións

0

A idade media do uso dos dispositivos conectados a internet é cada día menor e conscientes dos perigos que entraña un uso incorrecto deles, desde o departamento de Xuventude do concello de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolveuse na primeira quincena de xullo un curso sobre ciberseguridade dirixido aos máis novos, sector de poboación vítima máis frecuente dos ataques informáticos.

Impartido por unha enxeñeira informática e unha divulgadora científica o obxectivo da actividade era reflexionar cos/as participantes sobre o uso de internet, facilitarlles as ferramentas para tomar precaucións necesarias e protexerse de ameazas externas, así como recoñecer os comportamentos que poden ser perigosos como usuarios ou para terceiras persoas.

De feito o número de ciberataques en España, segundo últimas informacións publicadas, creceu nun 125% respecto ao último ano, e o sector da mocidade converteuse nunha diana fácil para os ciberdelincuentes ou para o ciberacoso a través das múltiples redes sociais que manexan.

O curso partiu de tres premisas: usar intelixentemente internet, ser amable na rede e ser valente “manténdonos sempre seguros ou en alerta”. Así durante as dúas semanas fixáronse conceptos sobre “que é o ciberespazo e a cibersieguridad para avanzar despois sobre a diferenza entre o uso e o abuso das redes sociais, os hackers bos e malos ou sobre como recoñecer a quenes queren facerse cos nosos datos.”

Unha cuestión importante que non se quixo deixar atrás é o problema das adicciones dixitais e videoxogos que estas novas tecnoloxías están a crear entre os nosos e nosas mozas, cada vez un problema máis real na nosa sociedade que require da intervención de especialistas.

Gran fin de semana para o CN Ponteareas

Esta foi unha gran fin de semana con dous eventos para CN Ponteareas. Dunha banda, Yoel Faro Martínez participaba no campionato de España alevín de verán en Tarragona. Tiña un programa de 4 probas e conseguíu clasificarse para as finais en todas elas, acadando finalmente dúas medallas de bronce en 100 e 200 braza (con mellor marca persoal nelas), un 8° posto nos 400 estilos e o 10° nos 200 estilos. Sen dúbuda un balance moo positivo para él.

Doutra, varios nadadores e nadadoras competiron na piscina Rosario Dueñas (Ourense) no campionato galego júnior-absoluto. Neste caso, ademáis de múltiples medallas individuais temos que engadir varias tamén en remudas – detacando o ouro nos 4×200 libre masculino absoluto por ser a primeira vez que se acadaba no club-. As clasificacións finais por equipos foron as seguintes: 6° posto masculino 3° posto feminino 2° posto -subcampións galegos- na clasificación xeral conxunta

Uns resultados esperanzadores que reflicten o enorme traballo que fan as nadadoras e nadadores cada día nos adestramentos.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local ao Club Natación Ponteareas, que esta fin de semana acadaou importantes logros nas dúas citas pendentes, o Campionato de España alevín e o Campionato Galego júnior-absoluto de Ourense.

[su_image_carousel source=”media: 41425,41418,41416,41417,41421,41419,41420″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de ferramentas dixitais para a restauración e a hostalería, o funcionamento de Whatsapp Business e a promoción de empresas con Pinterest.

En concreto, este martes 20 impartirase o obradoiro “Ferramentas dixitais para restauración e hostalería”, no que a posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas Sonia Torres falará das cartas dixitais, motores de reservas, delivery e take away, ferramentas de pago e outras iniciativas de interese na actual transformación dixital da hostalería.

O mércores 21, o deseñador gráfico Guillermo Nass impartirá “Así funciona Whatsapp Business”, obradoiro no que explicará as novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes a través desta aplicación móbil de forma sinxela e profesional. Para finalizar, o xoves 22, “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”, onde Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, ensinará a sacarlle o máximo partido a Pinterest e a implementala na estratexia de social media.

A Concellería de Medio Mariño de Redondela, xestionada polo PSOE, asumirá a limpeza de praias o que queda de verán

0

A Concellería de Medio Mariño, xestionada polo PSOE, comezou a semana pasada os traballos de retirada de algas da praia de Cesantes enmarcados dentro dun plan global de adecentamento dos areais do municipio, labores que se realizan co apoio dunha máquina cedida pola Deputación de Pontevedra.

A limpeza de praias, ata agora realizada pola Concellería de Medio Ambiente, era motivo de discrepancias dende que AER asumiu a súa xestión polo que, á vista das continuas protestas veciñais polo estado dos areais e a proliferación de algas, a alcaldesa Digna Rivas decidiu revogar ditas competencias e delegalas na Concellería de Medio Mariño que asumirá o traballo de limpeza de praias polo que queda de verán.

Rivas adiantou que estas labores “desenvolveranse en todos os areais redondeláns” e buscan que veciñas e veciños “poidan gozar de praias limpas durante a época estival, ao igual que o fai a veciñanza de todos os demais municipios costeiros”.

A alcaldesa pediu “paciencia” á veciñanza aínda que subliñou que as labores realizaranse “coa máxima rapidez posible de cara a permitir que, no menor espazo de tempo, estean en óptimas condicións de limpeza”.

A Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques terapéuticos e unha nova DepoAndaina

Tras o éxito que acadou a primeira DepoAndaina de este verán, que percorreu esta fin de semana a Vía Verde dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo para inscribirse nunha nova ruta que se adentrará nos Muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de xullo a través dun formulario no sitio web da Deputación (www.depo.gal).

A ruta, de dificultade media e da que poderán desfrutar 200 persoas, conta cunha distancia total de 12,5 quilómetros que se realizarán ao longo dun percorrido circular que comeza na igrexa de Santa María de Rubín. Esta segunda DepoAndaina é unha camiñada perfecta para as persoas amantes dos deportes na natureza que queren coñecer de preto un dos recunchos máis fermosos da provincia de Pontevedra.

Bosques terapéuticos

A Deputación de Pontevedra tamén abriu este luns a inscrición para as 13 rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de agosto por nove espazos naturais da provincia. As inscricións estarán abertas ata dous días antes do inicio de cada visita e para acudir a elas tan só haberá que rexistrarse no sitio web da Deputación. Poderán desfrutar desta rutas un total de 195 persoas, 15 por cada unha das saídas.

Os baños de bosques chegarán no mes de agosto ao concello de Pontevedra con dúas rutas polos Salóns do Lérez os días 1 e 28, ao parque do Monte Aloia, en Tui, o día 6, así como ao espazo natural Arco da Vella, situado na parroquia viguesa de Bembrive, os días 7 e 22. Ademais, tamén se mergullarán en Cabo Udra, no concello de Bueu, con dúas visitas programadas para os días 8 e 27, na ruta da Pedra e da Auga do concello de Meis o día 13 e no Bosque da Picaña, situado no concello de Ponteareas, o día 14. Para completar a oferta a Deputación tamén ten programadas rutas polo Sendeiro Azul do río Verdugo, en Ponte Caldelas, o día 15, pola Senda do Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, os días 20 e 29 e pola Fraga de Catasós, en Lalín, o 21. As DepoAndainas e as rutas de Bosques Terapéuticos son dous exemplos do compromiso da Deputación de Pontevedra co medio ambiente e a sustentabilidade así como co fomento de vida saudable e a promoción do turismo da provincia.

Mondariz recupera os grandes eventos culturais de verán

0

O Concello de Mondariz publicou a súa programación definitiva de cultura e mocidade para o verán 2021, despois de confirmar unha serie de espectáculos teatrais do programa “Cultura no Camiño” para os meses de agosto e setembro. Alén destas representacións, durante este verán destacan as actuacións musicais. Entre os días 21 e 25 de xullo, en véspera do Día de Galicia, a praia fluvial do Val será escenario do innovador espectáculo de música e danza de PedalOpiano, a última creación de Le PianO du Lac. Días despois, o 30 de xullo, a Praza de Mondariz recibirá a Tanxugueiras, no marco da 32ª edición da Feira dos Oficios Artesáns. Igual ou máis esperado, especialmente pola mocidade, será o concerto de Baiuca, pechado para o 15 de agosto, coincidindo coas festas patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque, que este ano non contará con verbenas pero si cunha programación municipal de actividades culturais.

O programa de cine na rúa, con epicentro na Praza de Mondariz, ofrece este verán tres filmes para todas as idades. O pasado 10 de xullo proxectouse a película de animación “Zoo y los doctores voladores”, mentres que para o 21 de agosto está programada a exitosa comedia galega “Cuñados”, coa presenza de dous actores protagonistas (Miguel de Lira e Federico Pérez), e para o 4 de setembro, o filme “Si yo fuera rico”.

Para a mocidade, desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organizáronse diversos programas de actividades que exixen inscrición previa para poder participar. Ademais do Campaverán 2021 e das escolas de piragüismo e hípica, que están en marcha desde principios de xullo, ofrécense diversas actividades deportivas para mozos e mozas entre 13 e 18 anos. Este programa, Mondaverán Xove, inclúe saídas a diversas localizacións da comarca de Condado-Paradanta para realizar barranquismo, rafting, piragüismo e hidrospeed. A estas actividades de aventura súmanse outras para toda a familia, como as incluídas no programa Mondariz Natura, que permite un achegamento ao patrimonio natural do Concello de Mondariz, ou as probas de orientación (Aventura-Tea na praia fluvial do Val e Orienta-Tea no Carballo de Armada da parroquia de Queimadelos) e un scape-room no centro urbano de Mondariz.

EVENTOS DESTACADOS

O pedalOpiano sobre as augas do río Tea en Mondariz

Entre os días 21 e 25 de xullo, Mondariz será o primeiro escenario galego da xira xacobea do pedalOpiano, o innovador espectáculo musical de Le PianO du Lac, en coprodución coa compañía asturiana La Xata La Rifa. A entrada é libre, pero a cabida está limitada a 400 persoas. As reservas pódense tramitar no sitio web https://www.billetweb.fr/mondariz-playa-fluvial-do-val. Existe, así mesmo, unha taquilla voluntaria e a compañía recomenda unha aportación de 10 euros. Toda a información relativa á taquilla está dispoñible no seguinte sitio web: http://www.pianodulac.eu/taquilla2021/.

Rectificamos, porén, que non é un evento gratuíto, como se informara en días pasados.

32ª edición da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz

Despois da obrigada suspensión da edición do ano pasado por mor da pandemia de Covid-19, o Concello de Mondariz apoiou a organización da Feira dos Oficios Artesáns en 2021 por parte de CEAR Castromao. A programación desta 32ª edición foi presentada a mediados de xullo na sede principal da Deputación de Pontevedra. A inauguración do evento estará precedida pola presentación do documental “Cesteiros de Mondariz“, o día 30 de xullo pola noite nos Xardíns do Concello. Este proxecto audiovisual, financiado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, conta cun equipo artístico de recoñecidos nomes, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancedo. Durante os días de feira na Praza de Mondariz destacará a actuación do grupo galego Tanxugueiras.  

Festas patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque

Este verán, ao igual que o ano pasado, a programación das festas patronais de mediados de agosto foi organizada polo Concello de Mondariz e consiste nunha serie de concertos e actividades para o público infantil. O evento máis destacado será a actuación de Baiuca, que está presentando o seu último traballo musical, “Embruxo”.

Arbo pon en marcha as obras de mellora de camiños rurais

0

O Concello de Arbo, acaba de adxudicar as obras de mellora e pavimentación do camiño agrícola das Searas en Arbo. Esta adxudicación obtívose ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020, para a actuación denominada “Mellora de pavimentación do camiño Agricola das Searas,   cun orzamento total  é de 36.008,00 € (IVE do 21% incluído).

As obras incluídas neste proxecto pretenden resolver os problemas de dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas a través dun camiño municipal actualmente estreito e con zonas de pavimento en mal estado.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural – informa o alcalde de Arbo- Horacio Gil – en particular, os camiños rurais contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias.

As obras son necesarias dado o mal estado do firme do camiño e do servizo que presta ás leiras lindeiras, e a outras ás que se deberá acceder polas anteriores a través dunha servidume de paso, xa que non dispoñen de acceso propio a través da rede de camiño municipais existentes.

As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en frío. O firme actual está totalmente asfaltado, pero presenta unha serie de fochancas e un  blandón, así como a invasión, no seu parte forestal pola vexetación existente nas súas marxes.

As obras incluídas neste proxecto consisten na pavimentación dun camiño agrícola existente, para iso procederase ao estendido dunha capa de reforzo de firme a base de aglomerado en frío.

No proxecto técnico establécese un prazo de execución para as obras proxectadas de tres (3) meses.

Ao longo deste ano, desenvolveranse máis obras en distintas parroquias do Concello de Arbo, demandadas polos veciños e veciñas de Arbo, é as que este goberno atendeu as súas peticións – manifesta Horacio Gil – Tamén con fondos propios o Concello de Arbo, acaba de realizar o “bacheado” de todas as estradas de titularidade municipal.

Baiona, O Porriño, Salceda e Tomiño, beneficiarios das novas achegas do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2021 por importe de 2,2 millóns de euros (2.253.705€) que beneficiarán a doce concellos da provincia: Agolada, Baiona, Bueu, Cangas, Forcarei, Ponte Caldelas, O Porriño, Salceda, Tomiño, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía. “Recursos á disposición dos concellos para que a xente poida vivir alí onde decida porque ten os mellores servizos e os mellores dereitos”, destacou a presidenta Carmela Silva. A maioría destas actuacións están destinadas á mellora da mobilidade e seguridade viaria, coa pavimentación de camiños e rúas, así como á mellora de servizos como o saneamento.

A achega de maior contía nesta nova relación é para Vilagarcía. Son 600.715€ para a renovación dos servizos e humanización da rúa Sobrán, unha actuación moi reclamada pola veciñanza, que consistirá na humanización do viario, coa creación dunha plataforma única con prioridade para os peóns/as sobre a circulación de vehículos, na renovación das redes de servizos municipais e tamén inclúe o soterrado das redes de servizos de baixa tensión, alumeado e telecomunicacións.

Na comarca do Deza-Tabeirós concedéronse achegas a Vila de Cruces, cun total de 471.313 € destinados a financiar a mellora da capa de rodaxe de varios camiños: o que vai de Eirexe á EP-6405, o que vai de Vila de Cruces a Fornelos e tamén un camiño en Amosa e dous en Cumeiro, que se atopan en mal estado de conservación. Para Agolada,  77.557 euros  para costear a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de formigón nos lugares de Basadroa e Ramil. Son camiños que se atopan desgastados e precisan de traballos de mellora (ancheo e reforzo firme) e mantemento, tanto do firme como das marxes.

A institución provincial aprobou tamén outra achega de 118.979 euros para Forcarei, destinada ás obras de urbanización de rúas no núcleo de Outeiro. Os traballos consistirán na habilitación dun novo pavimento de formigón, combinado con outro de pedra rústica nos encontros coas construcións existentes e elementos singulares. Tamén están previstas reposicións de canalizacións de auga e pluviais.

Na comarca do Morrazo, Bueu recibirá 115.247 euros para a mellora e rehabilitación do firme da rúa do alcalde Johan Carballeira  (no tramo comprendido entre a PO-315 e a rúa de Montero Ríos, cuxo estado non é óptimo) e para regular mediante a instalación de semáforos a intersección da PO-315-rúa coa do alcalde Johan Carballeira. Doutra banda, Cangas percibirá 86.616 euros para a nova capa de rodadura de viarios municipais 2021. En concreto, realizarase esta actuación para mellorar a seguridade e resolver problemas de acceso en 5 viarios, dous na parroquia de Coiro, dous en Darbo e un en Hío.

Na comarca de Pontevedra, aprobáronse achegas para Ponte Caldelas e Vilaboa. No primeiro caso, unha axuda de 144.972€ destinada á mellora da seguridade nos viarios do núcleo de Vilarchán, cunha intervención que consistirá na renovación da capa de rodaxe e sinalización viaria, así como actuacións puntuais para a mellora da funcionalidade e da seguridade viaria. E Vilaboa recibirá dúas achegas, unha de 76.407 euros para a posta en valor do Camiño Interior de Santradán (Santo Adrán de Cobres) e outra de 83.256 euros para a mellora do camiño do Toural ao Picho (Vilaboa). No primeiro caso as obras da posta en valor do camiño inclúen traballos de pavimentación, drenaxe (cun novo sistema de recollida de augas) e iluminación (con luminarias Led). No caso das obras do camiño do Toural ao Picho, consistirán na mellora do firme, instalación de elementos de calmado de tráfico e nova sinalización, amais de mellorar a drenaxe de pluviais.

Xa na comarca de Vigo, O Porriño recibirá, 135.023 euros para a execución de dous tramos de rede de saneamento para dotar de este servizo a varias vivendas no lugar de Portela de Souto. Baiona recibirá 88.060€ para as obras de mellora de pavimentación, canalización de pluviais, sobreanchos no camiño Casteliño.  As obras teñen por obxecto mellorar o acceso da veciñanza da zona, así como completar o saneamento existente para dar servizo ás vivendas existentes e futuras. E o Concello de Salceda, 90.483 euros para a mellora da pavimentación dun viario no lugar de Pedracarballa (Entenza). Ampliarase e mellorarase a pavimentación do viario principal e dun ramal, optimizando a rede de augas pluviais.

No Baixo Miño, Tomiño disporá de 165.071€ para financiar a senda peonil entre a rotonda da variante do Seixo coa PO-344 e a rotonda da Pedra. A actuación se enmarca na potenciación da mobilidade sustentable e dá continuidade á senda na recente variante de Tomiño. Habilitarase unha senda pola marxe este da estrada con formigón con cor, cunha notable integración no ámbito urbano e dotando de espazos seguros para peóns ao viario existente.

Inícianse as obras de saneamento á rúa Mestra Emérita de Priegue en Nigrán

0

O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana as obras para levar o saneamento ao tramo de 330 metros que resta da rúa Mestra Emérita de Priegue e 150 metros de Pablo Iglesias (PO-552 entre o concesionario Rodosa e Saiáns, onde os colectores xa estaban instalados) cun investimento de 70.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Posteriormente, o goberno local plantexará emprender unha segunda fase de humanización en Mestra Emérita cuxo proxecto xa redactado cifra o investimento en 241.000 € e que está pendente todavía de informes sectoriais. Esta rúa, de aproximadamente 850 metros, está na traza do Camiño de Santiago pola Costa conectando Nigrán con Vigo.

“Queremos acondicionar axeitadamente Mestra Emérita, por iso o primeiro é dotar de saneamento á única parte que falta para despois poder emprender obras de mellora que inclúan cambio completo do firme e un sendeiro peonil seguro”, explica o alcalde, Juan González.

Así, os traballos actuais para incorporala á rede de saneamento supoñen a instalación de máis de 330 metros de colector soterrado de PVC de 315 mm de diámetro, 17 pozos de rexistro prefabricados e reposición dos pavimentos afectados e máis dotación de equipamento electromecánico dun pozo de bombeo existente.

Simultáneamente, o Concello conta desde outubro co segundo proxecto, o de humanizar esta rúa Básicamente, suporá un investimento renovar por completo o pavimento e establecer unha senda peonil diferenciada que outorgue seguridade ao camiñante, xa que actualmente non existe, algo especialmente importante tendo en conta que por aí transitan veciños e peregrinos ao formar parte da traza do Camiño de Santiago pola costa.

Mos homenaxea a Óscar Pereiro e dedícalle unha escultura no Castro de Herville, meta da etapa 20 de La Vuelta 21

0

Esta fin de semana celebrouse en Mos a carreira de exciclistas e homenaxe a Óscar Pereiro con motivo de La Vuelta 21 ao seu paso por Mos, contando como ‘speaker’ co xornalista Terio Carrera.

Pereiro contou coa compaña de compañeiros, ex compañeiros, amigos e veciños entre os que se atopaban ciclistas e varios exciclistas profesionais como Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodríguez, Serafín Martínez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araújo, Fabián García, Pako Boente, José L. Boente, entre outros. Así como o gaiteiro mosense de Louredo e autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo.

Por suposto tamén estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, demais membros da Corporación Municipal e do equipo de goberno local, xunto con persoas moi especiais para Óscar como José González, Luis Penido, Xurxo Otero, veciños do seu lugar natal: a Capilla en Petelos; e a súa familia: pais, fillos, irmá e a súa muller.

O evento deportivo comezou ás 18:00 h en Sanguiñeda – Explanada La Reina, onde os corredores fixeron un circuito de 10 voltas para logo saír cara ao Castro de Herville, lugar onde se ubicaba a meta e onde rematará tamén a 20ª etapa de La Vuelta 21 o 4 de setembro.

A carreira rematou coa victoria de Fabián García, que ven de gañar o Campionato de España Master 60 en Valladolid. Pecharon a competición desta tarde Óscar Pereiro e Carlos Táboas ‘Peri’ (Campión de España de + Enduro Master 50) acompañando ao que fora o masaxista de Pereiro no Phonak, José Teixeira.

O acto rematou cunha gran sorpresa para Óscar Pereiro, o descubrimento dunha escultura no alto de Herville na súa honra, autoría do escultor alemán, veciño de Herville desde 1989 Ralf Jung (escultor, fotógrafo e video creador). O broche final púxoo o Grupo de Gaitas de Herville interpretando o Himno Galego.

O xoves 22 a Casa da Navegación de Baiona acolle a conferencia ‘O turismo en Baiona de Galicia: o nacemento do sector turístico local’

0

O vindeiro xoves, 22 de xullo ás 20:00 h, o Auditorio da Casa da Navegación acollerá a conferencia ‘O Turismo en Baiona de Galicia: o nacemento do sector turístico local’ a cargo de Víctor Miguel Fernández, Máster en Dirección Internacional do Turismo.

A conferenciaé unha presentación parcial do Traballo Fin de Máster en Dirección Internacional do Turismo (URJC, 2020) sobre as orixes do sector turístico local e os establecementos da Idade de Ouro (1887-1936), que foi distinguido pola organización REDINTUR en novembro do pasado ano como un dos mellores traballos turísticos de posgrao a nivel nacional.

O relatorio estará enfocado nas grandes transformacións e avances que sufriu a vila durante o século XIX, expoñendo de forma dinámica e de maneira gráfica distintos aspectos como son as propias orixes do municipalismo baionés, a construción da estrada de Vigo á Garda pola costa, os primeiros transportes e aloxamentos turísticos, a fundación das primeiras sociedades recreativas e a chegada do lecer, a privatización turística da fortaleza de Monte Real, a importancia cultural das festas de San Cosme, a chegada dos primeiros empresarios turísticos á vila, o inicio da Idade de Ouro do turismo en Baiona, a aparición da barriada de chalés de estilo inglés e hoteis modernos como consecuencia das crises de masificación turística de finais do XIX, o IV Centenario do Descubrimento, a construción da Casa de Baños da Concheira, e os principais impactos do turismo na política e a economía da vila a finais do XIX e principios do XX.

Durante o relatorio realizarase unha introdución á actual tese doutoral que se comezou a desenvolver a partir deste pasado curso 2020/21 sobre a evolución do turismo en Baiona como caso de estudo sobre a importancia da Historia do Turismo na planificación estratéxica sostible dos destinos locais, que deriva das investigacións históricas realizadas para o TFM. A investigación levada a cabo para o TFM deriva, á súa vez, das primeiras investigacións histórico-turísticas realizadas para o Traballo Fin de Grao en Turismo (URJC, 2019) baixo o título “O Turismo en Baiona de Galicia: Horizonte 2050”, o cal trataba acerca da elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo sostible a longo prazo para a vila.

A unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o vindeiro xoves 22 de xullo

0

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello do Rosal este mes de xullo. O vindeiro xoves 22 un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.

Para a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, entre as medidas para preservar a saúde de todos e todas, a Axencia traballa nestes momentos con cita previa para garantir a afluencia gradual e ordenada das e dos doantes. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar a súa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Aínda que o persoal das unidades móbiles fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e tecidos lembra que para doar sangue hai que almorzar se se acode pola mañá e, se se vai pola tarde, agardar dúas horas despois de xantar para facer a doazón. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Clafoutis, un postre clásico francés a base de cerezas

Click para ampliar

Os presento uno de los postres más conocidos de la repostería francesa, el Clafoutis. Un postre sencillo, con una elaboración y una combinación de ingredientes que le dan una textura y sabor exquisitos. La combinación de almendra y cereza veréis que es realmente deliciosa.

He visto varias formas de tratar las cerezas. Parece que tradicionalmente se hace con las cerezas enteras, con hueso, lo que le da un sabor extra y ahorra tiempo de elaboración (aunque no así al comerlo, claro). Las cerezas enteras evitan que la masa se empape y que cambie de color. En otras recetas las aplastan y maceran aplastadas; y en otras, ni siquiera las maceran y las añaden enteras. Reconozco que yo las maceré y finalmente les saqué el hueso.

¡Vamos allá!

INGREDIENTES

  • 500 g cerezas firmes y carnosas
  • 3 huevos L
  • 100 g almendra molida
  • 50 g maizena
  • 300 g nata
  • 80 g azúcar
  • 100 g leche entera
  • 1 vaina de vainilla
  • Mantequilla para untar el molde
  • Azúcar glas para macerar y azúcar en grano para el molde

ELABORACIÓN

Comenzamos lavando las cerezas y poniéndolas en un cuenco con dos cucharadas de azúcar. Dejamos macerando unas horas.

Click para ampliar
  • Precalentamos el horno a 180º
  • Batimos los huevos con el azúcar hasta que la mezcla esté espumosa
  • Añadimos la almendra molida, a continuación la maizena, la nata, la leche y el extracto de vainilla o las semillas de la vaina. Mezclamos bien.
  • Untamos con mantequilla un molde redondo de unos 23 cm. Cubrimos con una capita de azúcar.
  • Escurrimos las cerezas (si han formado líquido) y las esparcimos por el molde
  • Cubrimos con la mezcla líquida
  • Horneamos durante 45-50 minutos, hasta que esté cuajado
  • Justo al sacar del horno, espolvorearemos con azúcar en grano, blanca o morena, o con azúcar glas
  • Et, voilà!

Esta receta admite otras frutas de verano como ciruelas, albaricoques… También podemos macerar las frutas con un poco de kirsch, coñac, vino moscatel…

Templada, está de muerte. Fría, está de muerte. Tú eliges. Sea como sea, es un postre realmente rico. Entiendo su fama. Bon appétit!

Tranquila, solo va a nacer tu hijo

La tecnología nos permite realizar cosas impensables hace unos años. Los avances en disciplinas emergentes (robótica, bioinformática, telecomunicaciones…) hacen nuestra vida más fácil a costa de que dejemos de pensar, trabajar, relacionarnos y esforzarnos física y mentalmente.

La atención prenatal ha sufrido también esta revolución. El desarrollo de la ecografía obstétrica ha permitido a los/as obstetras llevar a cabo un estrecho seguimiento del desarrollo de las distintas estructuras fetales en el útero, así como de las características de la placenta, el cordón umbilical, el líquido amniótico…La obstetricia ha mejorado el conocimiento de la fisiopatología fetal, implementando métodos de control del bienestar fetal intraparto.

En nuestro medio, durante el parto en los hospitales, es frecuente que una gestante porte un catéter venoso periférico (para hidratación, extracción de analíticas o administración de medicación), un pulsioxímetro que identifique su pulso y la saturación de oxígeno, un dispositivo externo que monitoriza la frecuencia cardiaca fetal y la actividad uterina y, en caso de usar analgesia epidural, un catéter colocado en la zona lumbar acoplado a una bomba de infusión continua de medicación y un tensiómetro que mida la presión arterial. Como vemos, un proceso natural, como es el del nacimiento, en el medio hospitalario está fuertemente marcado por el uso de aparatos y dispositivos interpretados, por el momento, por personas (obstetras y matronas) que han interiorizado su uso como algo rutinario y normal.

Hace unos meses llegó una gestante a urgencias del Hospital Álvaro Cunqueiro. Era su tercer embarazo, había roto la bolsa de líquido amniótico, empezaba a tener contracciones regulares y dolorosas y estaba con 4 cm de dilatación. Informada de todo, la embarazada dijo que no quería usar la epidural, y que prefería esperar si era posible.

Todo estaba bien, así que le colocamos el monitor fetal para comprobar la frecuencia cardiaca de pie, para permitir que pudiera moverse, en compañía de su marido (que le daba masajes en la zona lumbar).

A los pocos minutos, la sensación de dolor se intensificó. Estaba en dilatación completa.

A pesar de todo, estaba tranquila, así que decidimos recorrer el corto trayecto desde urgencias hasta la sala de partos caminando. Llegamos hasta la mitad y tuvimos que parar, no podía seguir. El bebé iba a nacer en ese lugar, sin monitor, sin tensiómetro, sin epidural…sin aparato. Desde su llegada a urgencias hasta esta parada en el pasillo no transcurrió más de media hora, la evolución fue rápida.

Recuerdo, de fondo, un “desfile” de personas alrededor de la escena, corriendo, gritando mensajes que no recuerdo y pidiendo material de forma atropellada, con la sensación de que precisaríamos muchos más elementos de los que disponíamos allí.

Ante ese alboroto, la embarazada, con tono de preocupación nos preguntó:

—¿ Que ocurre, algo va mal?

—No, solo va a nacer tu hijo —le respondimos— pero de una forma tan natural y poco intervenida que ya no estamos habituados.

Y así, de pie en mitad de un pasillo, nació este bebé sin dispositivos de “control” más allá de nuestras manos y nuestras palabras, guiados por la experiencia y el conocimiento adquiridos con el paso de los años. Porque antes de saber usar los aparatos técnicos y las bombas de medicación debemos saber explorar, valorar, mirar y escuchar. Ninguna máquina puede suplir una intuición, una mirada, un mensaje o una sensación. Esto es patrimonio de las personas. Mucho hemos echado en falta este contacto cercano cuando estos meses atrás pedíamos cita con nuestro medico/a de familia, y lo que obteníamos era una valoración telefónica. Esto, que es clave en las ciencias de la salud para formar profesionales cualificados, tenemos que aplicarlo a todos los ámbitos de nuestra vida.

Debemos ejercitar más nuestros sentidos, nuestro cerebro y nuestro cuerpo. Debemos aprender a hacer las cosas desde la base, para aplicar después toda la tecnología que sea necesaria –sin malgastar recursos innecesarios–, y no al revés, como nos está ocurriendo.

Los medios técnicos nos hacen la vida más fácil, pero depender de ellos para todo es peligroso, porque acabaremos por no saber realizar actividades básicas, sencillas, necesarias y cotidianas.

Podemos usar la calculadora, pero aprendiendo antes a hacer las operaciones básicas. Podemos usar el navegador, pero probando antes nuestra orientación y preguntando a los peatones (así de paso interactuamos) dónde queda la calle que estamos buscando. Podemos usar el teléfono, pero memorizando los números de los contactos importantes…

De forma sigilosa nos estamos convirtiendo en esclavos tecnológicos, cediendo terreno al control de máquinas y ordenadores. Me da miedo pensar que en cuanto nos quedamos sin cobertura o se acaba la batería, se nos acaban los recursos.

A deputada socialista Leticia Gallego denuncia o “caos da atención primaria” en Tomiño e na Comarca do Baixo Miño

0

A deputada socialista Leticia Gallego estivo hoxe en Tomiño, acompañada por membros da Agrupación Socialista encabezados pola secretaria xeral Violeta de Santiago e a concelleira Mirta Misa, para denunciar a caótica situación da Atención Primaria nesta localidade e na comarca do Baixo Miño.

Gallego anunciou que o PSdeG-PSOE está a presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián. Ademais, volve reclamar a ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

As/os socialistas denuncian que dos 8 médicos que corresponden ao Centro de Saúde de Tomiño tan só están a pasar consulta 5 e non resulta extraordinario que, en ocasións puntuais, haxa só 4 ou 3, tendo en conta que o persoal desprázase para atender emerxencias ou visitar en domicilios.

“É unha vergoña a atención sanitaria que se está a prestar en Tomiño”, subliñou a deputada,” porque por culpa da Xunta de Galicia, as/os traballadoras/es do Centro de Saúde deben multiplicarse para sacar adiante o seu traballo e atender a toda a poboación”. Ademais, explicou que hai problemas coas urxencias médicas, que se atenden dende o PAC de Tui e non existe o demandado servizo de ambulancia medicalizada do Baixo Miño.

Ao respecto do Consultorio de Goián explicou que o malestar entre a veciñanza crece, ata o punto de que a Mancomunidade do Baixo Miño acordou solicitar unha xuntanza ao conselleiro de Sanidade, pero non obtivo contestación, “nun claro xesto de desprezo cunha cidadanía que demanda unha sanidade pública digna e de calidade”. Urxe reabrir o consultatoio de Goián par anon saturar máis o Centro de Saùde de Tomiño.

O PSdeG-PSOE denuncia que Galicia é a terceira peor comunidade autónoma de España en ratio de médicas/os por habitante (aproximadamente 450 por cada 100.000 habitantes cando a media española está en 480), segundo os datos do Consello Xeral de Colexios Médicos de España. Tamén somos a terceira peor comunidade en ratio de enfermeiras/os por paciente, con 5,4 por cada 1.000 habitantes (a media europea está en cerca de 8). O panorama complétase coa carencia de pediatras (apenas están cubertas o 90% das prazas) cando en Asturias supérase o 98 %, segundo datos da Asociación Española de Pediatría.

César Mosquera, agasallado por sorpresa con motivo do seu 30º aniversario como deputado

O Goberno provincial fixo onte un recoñecemento ao vicepresidente, César Mosquera, que hoxe sábado, cumpre 30 anos como deputado provincial. Ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno foi agasallado por sorpresa cun pastel de nata e chocolate decorado cun sinal de limitación de velocidade a 30 Km/h e as correspondentes velas con esta mesma cifra. No acto participaron tódolas/os deputadas/os presentes, ademais do arquitecto Jesús Fole, que foi o encargado de entrar na sala de xuntas co doce conmemorativo.

Mosquera agradeceu o xesto e bromeou lembrando que cando se converteu en deputado no ano 91 “fíxeno coa condición de que no 95 marchaba”. Explicou que estaba a valorar unha oferta da Universidade de Barcelona nun momento da súa vida no que elaboraba a súa tese doutoral. “Pois ao chegar o ano 95”, continuou, “o alcalde (de Pontevedra) puxo como condición que eu fora na listaxe ou el tamén o deixaba; así que repetín”, engadiu. O vicepresidente concluíu que neste tempo viu pasar a moita xente pola Corporación provincial “e abofé que moitos dos que xa non están querían repetir”.

A presidenta Carmela Silva explicou que a homenaxe a Mosquera fíxose “porque o queremos” e tamén “porque a política é unha actividade humana moi importante, exercida por persoas que deixan parte da súa vida para transformar o espazo onde viven”. “César cumpre 30 anos de servizo, e fronte aos que din que a política é algo cuestionable, neste Goberno consideramos que é todo o contrario”. Carmela Silva cualificou como “merecida” esta homenaxe “a unha persoa que ten achegado moito á política e que ten un gran sentido do público e do ben común”.

Os participantes de ‘Vincúlate’ reciben a visita dos integrantes do proxecto socioeducativo ‘EncaixaT’

0

Os participantes do proxecto ‘Vincúlate’ recibiron unha visita moi especial: un grupo de 16 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socioeducativo EncaixaT, levado a cabo polo Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño. Os tomiñeses e tomiñesas quixeron coñecer de primeira man o funcionamento deste pioneiro programa ‘Vincúlate’ posto en marcha polo Concello de Baiona.

Acompañados polo alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara; a directora da oficina de CaixaBank en Baiona, Yolanda Pérez; a responsable do proxecto no concello e a responsable de ADA intervencións, o alcalde detallou os pormenores desta actividade de intervención con animais coa que o rexedor baionés amosou, dende o principio, a súa total implicación.

O propósito do encontro entre os participantes de ambos os proxectos foi que os mozos e mozas do concello veciño puidesen participar dunha xornada lúdico didáctica e coñecer como os participantes de ‘Vincúlare’ traballan e aprenden a relacionarse cos cans, á vez que melloran as súas habilidades sociais e a súa xestión emocional.

Foi unha xornada de convivencia na que quedou de manifesto o bo facer dos participantes de ‘Vincúlate’, que nestes case xa 4 meses de traballo teñen acadado xa moitos dos obxectivos propostos, tanto no que respecta as súas habilidades coma no relacionado cos cans cos que están a traballar.

A xornada finalizou cun compromiso de devolver a visita feita polos participantes do proxecto EncaixaT que posiblemente terá lugar no mes de setembro

En canto aos procesos de adopción de cans, hai que apuntar que xa son dous os animais adoptados e que hai tres máis en proceso de adopción. Seguindo coa dinámica de facelos partícipes das distintas actividades lúdicas e deportivas e de visibilizar o proceso de adopción, está previsto que o vindeiro xoves día 22, fagan unha saída en bicicleta cos cans polo paseo.

No proxecto tamén participan voluntarios e voluntarias da protectora de animais –dúas delas ademáis, estudantes de cuarto curso de veterinaria–, outra moza en prácticas que estuda un ciclo de animación sociocultural e unha psicóloga que colabora na atención máis individualizada a algúns dos mozos e mozas.

A experiencia esta resultando moi enriquecedora tanto para os 30 participantes no proxecto como para as distintas persoas que, dalgunha maneira, colaboran ou participan no mesmo. É o caso da obra social ‘La Caixa’ que dende que o alcalde e a concelleira presentáronlle o proxecto, non dubirou prestar o seu apoio e colaboración, ao igual que o amosado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona.

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas o 30 e 31 de xullo

A Concellaría de Saúde do Concello de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, vén de informar á veciñanza que a unidade móbil de doazón de sangue estará de novo en Ponteareas os vindeiros 30 e 31 de xullo.

O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, o venres 30 de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas, mentres que o sábado 31 o horario será de mañá, de 10.00 a 15.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, “polo que a nosa colaboración é fundamental. Investindo tan só 10 minutos da nosa vida podemos axudar a salvar a doutras persoas”, salientou Fernández Davila.

Salvaterra de Miño presenta a súa programación ‘Verán Cultural 2021’

A acaldesa de Salvaterra de Miño ven de facer pública a programación que se deseñou por parte do Concello para o mes de agosto, unha programación axustada aos protocolos COVID, baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’.

Marta Valcárcel lembra que non se pode esquecer “que seguimos nunha situación sanitaria complicada, un ano máis diferente pero onde primamos a seguridade, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, adaptando a programación á nova situación que estamos a vivir, unha programación diferente á que estamos acostumados, pero que segue na mesma liña de traballo”.

Dende o Concello traballouse arreo para ofrecer unha programación “variada e con toda a seguridade que esixe da nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia”.

Cinema,  teatro, deporte e música terán ou seu espazo, utilizando como lugar central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estrito de aforo. Ademais como medidas de seguridade, o público deberá asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con máscara e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto. Como tódolos anos a Festa do Viño do Condado do Tea, será a encargada de pechar a programación.

Verán Cultural 2021

  • Venres 6 de agosto.
    • Cine Infantil ‘As mascotas da Raíña’.
  • Sábado 7 de agosto.
    • Concerto da Banda de Música Popular de Tui.
  • Domingo 8 de agosto.
    • Ruta deportiva, roteiro máis kaiak.
  • Martes 10 agosto.
    • Festividade de San Lourenzo. Concerto da Banda de Música de Salvaterra de Miño.
  • Xoves 12 de agosto
    • Cine na rúa ‘Queen’.
  • Venres 13 de agosto.
    • Cine na rúa ‘Perdendo o este’.
  • Sábado 14 de agosto.
    • Concerto de Erea Castro.
  • Xoves 19 de agosto.
    • Concerto infantil ‘Pakolas.’
  • Venres 20 de agosto.
    • Cine infantil. ‘O neno que puido ser rei’
  • Sábado 21 de agosto.
    • L Descenso Internacional  e concerto de Néstor Antonio Barros e Ialma
  • Xoves 26 de agosto.
    • Teatro Comedia Fulano, Mengano e Citano.
  • Venres 27, sábado 28 e domingo 29 de agosto.
    • LXII Festa do Viño do Condado do Tea – Túnel do Viño, visitas ás adegas e catas comentadas.
    • Concerto Banda Crebinsky.
  • Sábado 28
    • Concerto Susana Seivane.

Ángeles Marra confirma ao alcalde de Gondomar importantes investimentos na dixitalización e conectividade do municipio

0

A portavoz da Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital trasladou o compromiso do Goberno de España de que no 2025 a maioría da poboación do territorio nacional terá o 100 % de conectividade, para o que se contará cun investimento de 250 millóns de euros, sendo Galicia e os seus municipios un obxectivo prioritario.

“A dixitalización e conectividade é un dos grandes retos e compromiso do Goberno que preside Pedro Sánchez, porque é consciente de que é unha das balanzas necesarias para transformar o país”. Así o indicou a deputada Ángeles Marra no encontro mantido esta mañá co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, no que se lle trasladaron os avances que neste ámbito déronse desde o goberno de Gondomar.

Paco Ferreira mostrou o seu agradecemento á oferta de “traballar man a man co Goberno de España nun asunto tan importante como este para o desenvolvemento da nosa localidade e facilitar a vida dos seus cidadáns”.

Respecto a Gondomar, Ángeles Marra, apuntou que está en contacto directo coas distintas operadoras que traballan no municipio “para coñecer en todo momento que pasos están a darse e cara a onde para lograr os obxectivos e prazos fixados polo noso Goberno”.

Plan Único

A deputada socialista lembrou que o actual plan PEBA (Programa de Extensión da Banda Ancha de nova xeración) a Galicia destináronse 102 millóns de euros dos que 80 deles investíronse nos tres últimos anos do goberno de Pedro Sánchez, “o que proba o firme compromiso do noso presidente coa comunidade de Galicia e a conectividade do seu territorio”.

Nese ámbito seguirase traballando agora coa o Plan Único cunha dotación “sen precedente ata o de agora” de 250.000 millóns de euros e que se procederá á adxudicación ás operadoras, a finais de setembro, para que poñan en marcha este proceso nas parroquias e lograr que nun período de catro anos logrouse toda a súa cobertura.

Ademais os fondos europeos de recuperación económica que recibirá España destinarán unha partida de 2000 millóns de euros para levar a conectividade a todos os ámbitos sen esquecer a dixitalización das administracións públicas, así como máis de 1000 millóns para despregar o 5 G “que tamén terminará chegando a todos os lugares e unha tarefa na que a colaboración dos concellos tamén é esencial”, manifestou Ángeles Marra.

O alcalde Paco Ferreira agradeceu o compromiso adquirido polo Goberno de Pedro Sánchez e acordou elaborar un calendario de reunións periódicas coa portavoz da Comisión de Asuntos económicos e Transformación Dixital “para seguir avanzando nun camiño que puxemos en marcha e que agora traballando man a man co executivo español será imparable e permitiranos evitar todos os obstáculos que ata o de agora topamos”.

Néstor Rego, “ter voz propia en Madrid serve para defender os intereses de Redondela”

0

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, participou onte nun acto público en Redondela xunto co portavoz municipal, Xoán Carlos González Campo, que foi presentado pola concelleira do BNG Yésica García Cruz, para explicar a importancia para Galiza de ter voz propia en Madrid e a importancia de acadar representación para defender os intereses das galegas e galegos, con máis forza aínda.

No que vai de mandato non houbo tema que afectara ao noso País que non fora levado ao Congreso. O proxecto de integración da AP-9 en Chapela e a pretensión de levantar muros de formigón para insonorizar en lugar de humanizar o paso da autoestrada, a gratuidade do tramo Vigo-Redondela ou salvar o complexo mar-industria chegaron ao Congreso grazas á presenza do BNG.

Durante o encontro, o deputado nacionalista destacou a defensa “coherente e insubornábel” dos intereses da Galiza e da clase traballadora desde a súa toma de posesión no Congreso. Unha voz galega comprometida coa defensa do País desde o primeiro minuto, como se puido comprobar co Acordo de Investidura acadado pola formación do BNG que logrou desbloquear a Axenda Galega após catro anos sen representación do nacionalismo galego na cámara española.

“O Goberno PSOE-UP non ten ningún interese en cumprir o Acordo de Investidura asinado, mais tamén é verdade que marcou un horizonte claro de actuacións e compromisos coa Galiza que permite á sociedade galega reclamar a súa execución para materializalos en avances concretos” explica o deputado nacionalista.

Mais, alén de desbloquear a Axenda Galega, a organización frentista retomou o traballo institucional na cámara do Estado para continuar a defender os intereses da Galiza. A través das iniciativas rexistradas abordáronse todos os temas que afectan ao noso País e que dependen do Goberno do Estado.

“Reclamamos a modernización das infraestruturas de comunicación do noso País e prestamos especial atención a nosa rede ferroviaria, un medio de transporte sustentábel co medio ambiente e que favorecería o desenvolvemento da Galiza” subliña Rego mentres lembra a oposición do BNG frente os plans do executivo estatal de implantar peaxes nas autovías. Sen esquecer, tampouco, a loita pola transferencia da titularidade da autoestrada AP-9 ou a rebaixa nas súas portaxes, pois o BNG seguirá a traballar para “conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes”.

Neste sentido, o deputado lembra as iniciativas rexistradas na cámara baixa para defender os intereses da veciñanza de Redondela. Por un lado os compromisos acadados para a rebaixa das peaxes na AP-9 e a liberación das portaxes no tramo Vigo-Redondela. “Agora o Goberno do Estado segue sen aclarar como vai levar adiante esta gratuidade, nos seguires reclamando que cumpran co acordado, e que retiren as peaxes, non podemos pasar por unha solución que obrigue aos veciños e veciñas a utilizar aparellos de telepeaxe para o pagamento” reivindica Rego.

Por outra banda, destaca o proxecto de humanización do tramo da autoestrada que atravesa a AP-9 por Chapela. “O Ministerio ten que realizar todas as actuacións pendentes como a ampliación do paso elevado de Trasmañó, a reposición da vía paralela á autoestrada e mesmo o paso peonil elevado no camiño de Mouriño co obxectivo de humanizar o tramo enlace Morrazo con Teis” explica o deputado nacionalista. Así mesmo, seguirá a exixir ao Ministerio a retirada do proxecto de construción de muros de formigón como medio para reducir a contaminación acústica que sofren as veciñas e veciños polo paso da autoestrada nas zonas máis habitadas. “Débense instalar pantallas acústicas que sexan lixeiras visualmente, que se integren no entorno, non poden servir para dividir aínda máis o barrio” subliña o deputado.

Así mesmo, o Rego lembra a loita institucional que encabezou o BNG para salvar o complexo mar-industria do País durante o debate da Lei de Cambio Climático no relativo ao artigo 18 -agora artigo 20- onde defendeu a necesidade de regular “con criterio social e ambiental a ocupación do dominio público marítimo terrestre”. A emenda presentada pola formación nacionalista, e rexeitada polos socios de Goberno e polo PP, permitiría manter o previsto no artigo en relación coa ocupación do litoral por actividades agresivas co medio, mais ao mesmo tempo preservar as actividades sustentábeis da costa galega e salvagardar a totalidade dos empregos que, caso contrario, se porían en risco.

Así mesmo, o deputado nacionalista tamén salientou a loita do BNG para exixir unha transición xusta nos concellos afectados polo fechamento das centrais térmicas e pola revisión do modelo de produción de enerxía. “Apostamos por un modelo de produción enerxética que garanta a preservación do noso territorio e o noso medio frente ao espolio das grandes multinacionais, tal e como o estamos a ver agora cos múltiples macroproxectos eólicos que ameazan o noso medio natural, o noso mar e o noso patrimonio” enfatiza Rego durante a intervención.

Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño na primeira quincena de xullo

Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño desde que o pasado día 1 reabriu as súas instalacións, segundo informou a Concellería de Turismo con datos da primeira quincena deste mes.

A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia. Tamén rexistrouse afluencia de peregrinos estranxeiros con predominio de portugueses, británicos e de diversos países asiáticos.

Punto de información turística no Albergue do Porriño

A pesares de que o Albergue do Porriño ten un total de 40 prazas, tan só poden ocuparse diariamente 9, a causa das restricións sanitarias vixentes na comarca marcadas pola Xunta de Galicia.

David Alonso, concelleiro responsable de Turismo, manifestou a súa satisfacción polos resultados que están a acadarse co punto de información turística que o Concello instalou no Albergue, e que atende a técnica Belén Freire, que se encarga de informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.

Esta axente turística atende a diario, de luns a venres, en horario de 9 da mañá a 3 da tarde.  

Tomiño adxudica obras para a ampliación da área de preferencia peonil

0

O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “Integración do Campo da Feira no espazo público peonil do núcleo do Seixo”.

A intervención, cun orzamento de 250.000 euros, tratará de dar continuidade á contorna da Praza do Seixo coas rúas Gondomar e da Feira e co Campo da Feira, coa ampliación da actual  área de preferencia peonil.

Con este fin, na rúa da Feira, ampliarase a beirarúa a 3,50m, dotándoa de arbolado e bancos, e ascendendo a mesma nun plano inclinado ata acadar cota co Campo da Feira, e tratándose a rúa Santa María de Oia como unha prolongación do parque.

“O obxectivo é priorizar a accesibilidade peonil no núcleo urbano e renovar a instalación de iluminación e mobiliario, acordes coas características da nova intervención”, explica o concelleiro de Facenda, Planificación Estratéxica e Acción Urbana, Uxío Benítez.

O Campo da Feira é un parque urbano que se atopa moi preto da Praza Do Seixo. A súa comunicación con esta dáse a través da rúa da Feira, que se atopa urbanizada con beirarrúas estreitas e de difícil accesibilidadade para os peóns.

Por outra banda, o Campo da Feira atópase pechado cun muro de contención de granito sobre o que descansa unha balaustrada tamén de granito, que fan deste parque un espazo separado do núcleo do Seixo. Polo tanto, a finalidade das obras será crear un entronque coa rúa Gondomar seguro para os peóns, contribuíndo a unir a parte este é oeste do núcleo. Ou dito doutro modo, achegar o Campo da Feira ao casco urbano, integrándoo no espazo público peonil da Praza do Seixo, e mellorar a súa accesibilidade e a súa integración; abrir máis o parque ao espazo urbano favorecendo a percepción deste, e integrando a rúa Santa María de Oia como unha parte máis do espazo público de esparcemento, incrementando a mobilidade e a seguridade peonil.

A intervención, que comezará en breve, vén a sumarse ás obras levadas a cabo na Praza do Seixo, rúas A Guarda, O Rosal, Colón, Camiño do Alivio e República Arxentina, co fin de crear un novo espazo público para desfrute da cidadanía, e complementado coa construción da nova avenida Baixo Miño, que logrou desviar o tránsito pesado e reducir o paso de coches polo casco urbano.

O artista José Manuel Zapata actuará en Nigrán co seu monólogo lírico ‘Del Revés’

0

O Templo Votivo de Panxón volverán a ser protagonista dun dos grandes concertos de verán no municipio. Nesta ocasión, o Concello de Nigrán ofrecerá o monólogo lírico ‘Del Revés’  do tenor José Manuel Zapata (Granada, 1973) o sábado 24 de xullo ás 22:00 horas no recinto do CPI Arquitecto Palacios (Panxón), con vistas privilexiadas cara a igrexa de Antonio Palacios. O prestixioso cantante, divulgador e escritor presenta un espectáculo creado durante a pandemia e estreado no Festival de San Lorenzo de El Escorial (agosto, 2020) no que mestura teatro e música con humor, sorpresas e anécdotas persoais. A maiores, ao finalizar, asinará exemplares do seu último libro ‘Música para la vida’.

Por razóns de seguridade sanitaria, o aforo está limitado a 200 persoas e os interesados deben anotarse antes do xoves 22 de xullo ás 13:00 horas en [email protected] indicando nome, apelidos e teléfono de contacto (máximo de dúas persoas por solicitude, cubríndose as prazas por rigorosa orde de inscrición). Na web municipal, en portada, no apartado ‘Próximos Eventos’, está pendurado un dossier completo sobre este espectáculo.

¡Acompañado no escenario do pianista Daniel Oyarzabal e seguindo as directrices de Vanessa Martínez como directora de escea e dramaturga, Zapata abre o seu corazón para presentar unha obra teatral unipersoal e valente chea de música e na que une as súas tres grandes virtudes: o humor, a música e o saber comunicar. “É unha oportunidade que ningún amante das artes escénicas, en xeral, se debería perder. Mestura moitas disciplinas dando como resultado un espectáculo didáctico, divertido e, sobre todo, con música a cargo dun tenor de renome que ten actuado nos mellores escenarios do mundo”, explica a mezzosoprano e edil de Cultura, Nuria Lorenzo.

Despois da primeira peza nota algo raro entre o público. Durante a segunda, comeza a percibir claramente que algo inquietante e misterioso está a ocorrerlle á audiencia. Finalmente revélase o misterio, o que obriga a Zapata a cambiar de plans. O que parecía ser un concerto máis, convértese nunha fantástica viaxe a través da súa vida e a música que lle acompañou; unha ocasión única para saber en que pensa un tenor, como se relaciona coa súa voz, e por que, despois de pasar por todo tipo de experiencias, o motor da súa vida segue sendo un profundo amor pola ópera e o canto.

Biografía

José Manuel Zapata realizou estudos de canto en Madrid con  Toñy Rosado Casas e  con Ana Luisa Choia no Conservatorio Superior de Música de Valencia. Debutou en 2002 en  Il turco  in Italia de Rossini no Teatro Campoamor de Oviedo, baixo a dirección de Alberto  Zedda. Unha rápida traxectoria levoulle a actuar no  Metropolitan Opera House de Nova York, o Gran  Teatre do  Liceu de Barcelona, o Rossini Opera Festival de  Pésaro, a  Deutsche  Oper de Berlín, a  Semperoper de  Dresden, o Teatro Real de Madrid e coliseos de Parma,  Palermo, París e Viena antes de cambiar o rumbo da súa carreira orientándoa ao mundo da radio e a divulgación, sen deixar os teatros de ópera pero asumindo papeis de carácter.

O pavillón municipal do Rosal estreará un pavimento mellorado

0

O Concello está a piques de rematar as obras de renovación do pavimento do pavillón municipal do Rosal, uns traballos de mellora das instalacións que permitirá empregar esta importante infraestrutura “para practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións das e dos xogadores en adestramentos e competicións”. “Debido ao grande uso do pavillón o pavimento atopábase deteriorado e non ofrecía as condicións óptimas de amortiguación para o uso deportivo de alta intensidade practicado na actualidade”, explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, para quen as obras de mellora “permitirár seguir promovendo o deporte cunhas instalacións axeitadas e prestar á veciñanza un servizo de calidade”.

Estas obras leváronse a cabo a través do convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para unha mellora na dotación de infraestruturas municipais que esixe a práctica deportiva, dando así resposta á crecente demanda social e preparando as instalacións para as esixencias deportivas actuais. Como explica a rexedora estas actuacións “eran necesarias para que o pavillón contara co mellor equipamento posible, tamén no chan, poñendo un pavimento que permitirá desenvolver calquera actividade deportiva con calidade, tanto adestramentos como competicións”.

Para acometer as obras levantouse o pavimento anterior e colocouse un aeroelástico con acabado de madeira composto por unha estrutura inferior sobre unha lámina de polietileno de galga estendida previamente sobre a soleira para evitar a penetración da humidade. Enriba sitúase unha estrutura de listóns de madeira e por ruba unha lámina e as pranchas encargadas de recibir a carga e redistribuíla cara a estrutura aerolástica. Por último recolocarase o pavimento de PVC retirado.

Os traballos de mellora supuxeron un investimento total de máis de 48.000 euros financiados ao 80% pola Secretaría Xeral do Deporte e o 20% restante con fondos propios.

Feira de antigüidades e concerto do cuarteto de saxofóns ‘Lítore. Proxecto Alén’, dúas propostas do Baiverán para esta fin de semana

0

Este sábado 17 de xullo o Paseo Pinzón de Baiona acollerá durante todo o día unha Feira de antigüidades e coleccionismo onde, nos diferentes postos, veciñanza e visitantes poden atopar dende libros antigos ata mobles, obxectos de decoración, pintura, reloxos antigos, moedas e obxectos varios. Desde as 09:00 ata as 21:00 h.

Todas aquelas persoas que se acheguen a gozar da feira de antigüidades, que estará aberta de 09:00 horas a 21 horas, deberán seguir as medidas indicadas polas autoridades sanitarias como son a utilización de máscara nos espazos públicos e manter a distancia de seguridade.

Concerto de ‘Lítore. Proxecto Alén’

O domingo 18 de xullo, os xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública acollerán o concerto do cuarteto de saxofóns ‘Lítore. Proxecto Alén’ ás 13:00 h.

Lito Quartet é grupo integrado por por Jaime Estévez (saxofón soprano), Sira Pellicer (saxofón alto), Hugo Lomba (saxofón tenor) e Miguel Flores (saxofón barítono).

A exposición fotográfica ‘As Mulleres da Illa’ xa se pode visitar no paseo de Cesantes

0

O paseo de Cesantes, coa Illa de San Simón como telón de fondo, acolle dende hoxe a exposición fotográfica ‘As Mulleres da Illa’, un recoñecemento público a todas mulleres que nos complexos e perigosos tempos da Guerra Civil e da posguerra, teceron unha rede solidaria capaz de levar esperanza aos presos políticos que agardaban, na illa, un futuro incerto.

A alcaldesa Digna Rivas, acompañada por representantes do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, presidiu o acto inaugural acompañada por concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno e da Corporación Municipal. Realizábase, con este acto, a inauguración oficial da exposición inicialmente prevista para o 16 de abril –coincidindo coa apertura da mostra na Alameda Castelao– pero que tivo que se adiada polas malas condicións meteorolóxicas deses días.

“A exposición tiña que vir necesariamente aquí, a Cesantes, coa Illa de San Simón á vista como recordatorio de tempos escuros que enmarcan a heroicidade destas mulleres ás que neste ano homenaxeamos”, afirmou a alcaldesa nas súas palabras.

[su_image_carousel source=”media: 41311,41315,41313,41312,41314″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Riva agradeceu o “traballo incansable” do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que permite “que hoxe, aquí en Cesantes, a exposición conte coas fotografías de nove mulleres máis que formaron das coñecidas como as madriñas, “mulleres que non só exercían de lavandeiras –afirmou a rexedora redondelá– senón que co risco que naqueles tempos supuña, servían de correos entre os presos políticos e as súas familias e facíanlles chegar roupa, medicinas e mesmo alimentos”.

Foron heroínas –concluíu– “que achegaron esperanza aos presos sen pensar, nin tan sequera, no risco que iso supuña. Este recoñecemento é, polo tanto, unha obriga que tiñamos non só con elas, senón coas súas familias. E un xeito de dicirlles grazas”

Trala apertura da exposición en Cesantes, mañá sábado, 17 de xullo e xa na propia Illa de San Simón, terá lugar o acto institucional de recoñecemento ao traballo destas mulleres. O acto desenvolverase pola tarde e no transcurso do mesmo intervirá Cecilia Orge para glosar e falar da historia das mulleres solidarias de San Simón; a presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa Digna Rivas. Ademais a música estará a cargo de Antía Muíño.

As circunstancias da pandemia obrigaron a limitar a 200 persoas o número de participantes. Desta maneira poderán acudir apenas dúas persoas por familia, representantes dos colectivos que colaboraron na homenaxe e representantes de distintas institucións. O Concello de Redondela tamén convidou aos alcaldes e alcaldesas dos concellos limítrofes da Ría de Vigo, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia.

A praia do Muíño da Guarda xa luce o distintivo de Bandeira Azul

0

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

As praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais concedeuse o “Sendeiro Azul”, camiño que une estas dúas praias.

O xoves 15 de xullo izouse a Bandeira Azul na Praia do Muíño tendo que renunciar ao distintivo en Area Grande ao non poder cumplir co compromiso do servizo de socorrismo. Ante a dificultade de completar a plantilla dos socorristas necesaria para dar servizo de salvamento nas dúas praias, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de luns a domingo de 12.00 a 20.00h e tentarase atender tamén con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana.

A praia do Muíño dispón dos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo dende o venres día 9 de xullo. Ademais esta praia fluvial está acondicionada para persoas con discapacidade con pasalela accesible e cadeira anfibia que facilita o baño aos usuarios que o soliciten.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos a pesar da dificultade na contratación dos socorristas.

Ademais volveuse a izar na Praia do Muíño o distintivo de Ecopraia concedido por ATREGRUS, Asociacion técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, e respectar así o delicado ecosistema dunar.

A Deputación colabora, un ano máis, coa Fundación Érguete cunha achega de 10.000 euros para o proxecto ‘Érguete Emprega’

A deputada de Cohesión Social, Olga García, visitou o mércores as instalacións da Asociación Érguete Baixo Miño nas que se desenvolve o Proxecto ‘Érguete Emprega’,integrado no seu Programa de Inserción Socio Laboral 2021 para o que a Deputación de Pontevedra destina este ano 10.000 €. O proxecto, que conta cun período de actuación anual, está a beneficiar a 10 persoas drogodependentes e exdrogodependentes de Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia.

‘Érguete Emprega’ está pensado para acadar a integración social e laboral das persoas afectadas a través de estratexias que facilitan o desenvolvemento das súas habilidades persoais, sociais, culturais e formativas. Así, os seus obxectivos principais son a adquisición dos coñecementos e habilidades necesarias para atopar un emprego, a planificación dunha vida laboral e a aceleración deste proceso. A metodoloxía do programa está fundamentada nunha intervención total que propicia a implicación dos e das participantes no proceso de integración socio laboral, prestando unha maior atención aos perfiles máis desfavorecidos e tendo en conta a perspectiva de xénero.

O proxecto partiu dunha avaliación inicial das necesidades de formación e capacitación dos e das participantes mediante entrevistas individuais. Grazas a elas, deseñáronse Programas Individualizados de Intervención (PPO) que se consensuaron con cada un deles e se enfocaron á mellora da súa autonomía e calidade de vida co fin de dar resposta ás preguntas de a onde queren chegar, cando e como. Na actualidade e ata o mes de outubro, completarán o seu traballo no obradoiro “Non te pares – Érguete!!”, no que formarán parte de talleres gratuítos de formación práctica sobre ferramentas e actitudes necesarias para aumentar a confianza en si mesmos e diminuír o temor ao rexeitamento social e laboral. Finalmente, durante novembro e decembro terá lugar a supervisión e autoavaliación respecto á empregabilidade e integración dos e das persoas participantes, así como a súa futura orientación e achega de recursos de formación e emprego específicos.

A Fundación Érguete Baixo Miño constituíuse na vila de A Guarda en xuño de 1990 coa finalidade de axudar ás familias que tiñan problemas relacionados co consumo de sustancias. Na actualidade trátase dunha entidade sen ánimo de lucro que traballa na comarca nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia.

O Porriño recibiu hoxe aos peregrinos que portan a “Mochila da Luz”

Os concelleiros do goberno municipal do Porriño Sergio Casal, David Alonso e Cami Moreira recibiron hoxe venres 16 de xullo, ao redor das 13 horas, no salón de plenos do Concello aos peregrinos que portan a “Mochila da Luz” en homenaxe ás vítimas da Covid-19.

Os peregrinos que están a realizar o Camiño Portugués portan por relevos a “Mochila da Luz” desde que partiu de Oporto o pasado luns 12 de xullo. Precisamente hoxe venres, estes peregrinos, completarán a etapa Tui-Porriño.

A coordinadora da iniciativa, Susi Soto, e un grupo de peregrinos de varias nacionalidades serán os encargados de transportar a “Mochila da Luz” ata Porriño. Este ano 2021 a mensaxe a transmitir “é de esperanza, da luz da esperanza dos nosos maiores por ser o primeiro grupo de poboación en ter recibida a vacina”, segundo manifestan os promotores da “Mochila da Luz” nas súas redes sociais. 

O Concello de Nigrán ofrece un concerto de verán na Ramallosa este domingo

0

O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación da tempada estival o tradicional concerto de verán na Alameda de A Ramallosa este domingo 18 de xullo ás 12:00 horas a cargo da Banda de Música do Val Miñor, nacida o ano pasado a raíz da pandemia. O Concello repetirá concerto na mesma localización o 25 de xullo ás 20:00 horas con motivo da festividade de San Campio.

Paralelamente, o programa municipal ‘Música nas Parroquias’ leva unha actuación deste tipo a cada parroquia coincidindo con cadansúa festa patronal para poder manter a esencia das festas ante os problemas das comisións por mor do Covid-19.