21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques...

    A Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques terapéuticos e unha nova DepoAndaina

    Os baños de bosque chegarán no mes de agosto a nove espazos naturais da provincia a través de 13 rutas das que poderán desfrutar 195 persoas

    Tras o éxito que acadou a primeira DepoAndaina de este verán, que percorreu esta fin de semana a Vía Verde dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo para inscribirse nunha nova ruta que se adentrará nos Muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de xullo a través dun formulario no sitio web da Deputación (www.depo.gal).

    A ruta, de dificultade media e da que poderán desfrutar 200 persoas, conta cunha distancia total de 12,5 quilómetros que se realizarán ao longo dun percorrido circular que comeza na igrexa de Santa María de Rubín. Esta segunda DepoAndaina é unha camiñada perfecta para as persoas amantes dos deportes na natureza que queren coñecer de preto un dos recunchos máis fermosos da provincia de Pontevedra.

    Bosques terapéuticos

    A Deputación de Pontevedra tamén abriu este luns a inscrición para as 13 rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de agosto por nove espazos naturais da provincia. As inscricións estarán abertas ata dous días antes do inicio de cada visita e para acudir a elas tan só haberá que rexistrarse no sitio web da Deputación. Poderán desfrutar desta rutas un total de 195 persoas, 15 por cada unha das saídas.

    Os baños de bosques chegarán no mes de agosto ao concello de Pontevedra con dúas rutas polos Salóns do Lérez os días 1 e 28, ao parque do Monte Aloia, en Tui, o día 6, así como ao espazo natural Arco da Vella, situado na parroquia viguesa de Bembrive, os días 7 e 22. Ademais, tamén se mergullarán en Cabo Udra, no concello de Bueu, con dúas visitas programadas para os días 8 e 27, na ruta da Pedra e da Auga do concello de Meis o día 13 e no Bosque da Picaña, situado no concello de Ponteareas, o día 14. Para completar a oferta a Deputación tamén ten programadas rutas polo Sendeiro Azul do río Verdugo, en Ponte Caldelas, o día 15, pola Senda do Almofrei, en Cerdedo-Cotobade, os días 20 e 29 e pola Fraga de Catasós, en Lalín, o 21. As DepoAndainas e as rutas de Bosques Terapéuticos son dous exemplos do compromiso da Deputación de Pontevedra co medio ambiente e a sustentabilidade así como co fomento de vida saudable e a promoción do turismo da provincia.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS