16.7 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Concellería de Medio Mariño de Redondela, xestionada polo PSOE, asumirá a...

    A Concellería de Medio Mariño de Redondela, xestionada polo PSOE, asumirá a limpeza de praias o que queda de verán

    A alcaldesa Digna Rivas delegou as competencias no departamento que dirixe Nacho González “para dar resposta ás reclamacións da veciñanza sobre a limpeza dos areais”

    A Concellería de Medio Mariño, xestionada polo PSOE, comezou a semana pasada os traballos de retirada de algas da praia de Cesantes enmarcados dentro dun plan global de adecentamento dos areais do municipio, labores que se realizan co apoio dunha máquina cedida pola Deputación de Pontevedra.

    A limpeza de praias, ata agora realizada pola Concellería de Medio Ambiente, era motivo de discrepancias dende que AER asumiu a súa xestión polo que, á vista das continuas protestas veciñais polo estado dos areais e a proliferación de algas, a alcaldesa Digna Rivas decidiu revogar ditas competencias e delegalas na Concellería de Medio Mariño que asumirá o traballo de limpeza de praias polo que queda de verán.

    Rivas adiantou que estas labores “desenvolveranse en todos os areais redondeláns” e buscan que veciñas e veciños “poidan gozar de praias limpas durante a época estival, ao igual que o fai a veciñanza de todos os demais municipios costeiros”.

    A alcaldesa pediu “paciencia” á veciñanza aínda que subliñou que as labores realizaranse “coa máxima rapidez posible de cara a permitir que, no menor espazo de tempo, estean en óptimas condicións de limpeza”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.