18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaCésar Mosquera, agasallado por sorpresa con motivo do seu 30º aniversario como...

    César Mosquera, agasallado por sorpresa con motivo do seu 30º aniversario como deputado

    O Goberno provincial fixo onte un recoñecemento ao vicepresidente, César Mosquera, que hoxe sábado, cumpre 30 anos como deputado provincial. Ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno foi agasallado por sorpresa cun pastel de nata e chocolate decorado cun sinal de limitación de velocidade a 30 Km/h e as correspondentes velas con esta mesma cifra. No acto participaron tódolas/os deputadas/os presentes, ademais do arquitecto Jesús Fole, que foi o encargado de entrar na sala de xuntas co doce conmemorativo.

    Mosquera agradeceu o xesto e bromeou lembrando que cando se converteu en deputado no ano 91 “fíxeno coa condición de que no 95 marchaba”. Explicou que estaba a valorar unha oferta da Universidade de Barcelona nun momento da súa vida no que elaboraba a súa tese doutoral. “Pois ao chegar o ano 95”, continuou, “o alcalde (de Pontevedra) puxo como condición que eu fora na listaxe ou el tamén o deixaba; así que repetín”, engadiu. O vicepresidente concluíu que neste tempo viu pasar a moita xente pola Corporación provincial “e abofé que moitos dos que xa non están querían repetir”.

    A presidenta Carmela Silva explicou que a homenaxe a Mosquera fíxose “porque o queremos” e tamén “porque a política é unha actividade humana moi importante, exercida por persoas que deixan parte da súa vida para transformar o espazo onde viven”. “César cumpre 30 anos de servizo, e fronte aos que din que a política é algo cuestionable, neste Goberno consideramos que é todo o contrario”. Carmela Silva cualificou como “merecida” esta homenaxe “a unha persoa que ten achegado moito á política e que ten un gran sentido do público e do ben común”.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS