15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo pon en marcha as obras de mellora de camiños rurais

    Arbo pon en marcha as obras de mellora de camiños rurais

    Esta actuación conta con financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

    O Concello de Arbo, acaba de adxudicar as obras de mellora e pavimentación do camiño agrícola das Searas en Arbo. Esta adxudicación obtívose ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020, para a actuación denominada “Mellora de pavimentación do camiño Agricola das Searas,   cun orzamento total  é de 36.008,00 € (IVE do 21% incluído).

    As obras incluídas neste proxecto pretenden resolver os problemas de dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas a través dun camiño municipal actualmente estreito e con zonas de pavimento en mal estado.

    As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural – informa o alcalde de Arbo- Horacio Gil – en particular, os camiños rurais contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias.

    As obras son necesarias dado o mal estado do firme do camiño e do servizo que presta ás leiras lindeiras, e a outras ás que se deberá acceder polas anteriores a través dunha servidume de paso, xa que non dispoñen de acceso propio a través da rede de camiño municipais existentes.

    As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en frío. O firme actual está totalmente asfaltado, pero presenta unha serie de fochancas e un  blandón, así como a invasión, no seu parte forestal pola vexetación existente nas súas marxes.

    As obras incluídas neste proxecto consisten na pavimentación dun camiño agrícola existente, para iso procederase ao estendido dunha capa de reforzo de firme a base de aglomerado en frío.

    No proxecto técnico establécese un prazo de execución para as obras proxectadas de tres (3) meses.

    Ao longo deste ano, desenvolveranse máis obras en distintas parroquias do Concello de Arbo, demandadas polos veciños e veciñas de Arbo, é as que este goberno atendeu as súas peticións – manifesta Horacio Gil – Tamén con fondos propios o Concello de Arbo, acaba de realizar o “bacheado” de todas as estradas de titularidade municipal.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.