26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO talento será o protagonista na I Mostra Creativa do Baixo Miño

    O talento será o protagonista na I Mostra Creativa do Baixo Miño

    Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

    A Mostra ten como obxectivos o apoio do talento creador da nosa comarca e o fomento do consumo responsable e de proximidade, ao mesmo tempo que se propicia un lugar de encontro que permita a cooperación e colaboración entre as persoas responsables dos diferentes proxectos que participen na Mostra. 

    Daniel Macua, responsable de Acontravento, explicou que “O obxectivo é visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Gustaríanos que esta iniciativa poida consolidarse coma un evento de periodicidade anual e de referencia onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Invitamos a todas aquelas interesadas en dar a coñecer o seu proxecto a escribirnos”

    Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, puxo o foco na “importancia de apoiar este tipo de iniciativas de cara non só aos/ás profesionais, senón tamén cara ao/á consumidor/a. Moitas destas persoas venden os seus produtos a través de Internet ou doutros negocios da nosa comarca, e estas iniciativas permítennos dar a coñecer os proxectos máis de cerca, quen está detrás e a súa historia, algo moi importante no fomento do consumo responsable e de proximidade.”

    Poderán participar na mostra, de xeito gratuíto, todas aquelas persoas deseñadoras, marcas ou artesáns que teñan a súa sede social no Baixo Miño. A convocatoria de solicitude de participación estará aberta ata o xoves 29 de xullo, e para facela efectiva deberá enviarse por correo electrónico a ficha de inscrición, fotografías e o logotipo do proxecto ao enderezo info@acontravento.gal.

    Poden consultarse as bases na seguinte ligazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.