8.1 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaOs participantes de 'Vincúlate' reciben a visita dos integrantes do proxecto socioeducativo...

    Os participantes de ‘Vincúlate’ reciben a visita dos integrantes do proxecto socioeducativo ‘EncaixaT’

    Os participantes do proxecto ‘Vincúlate’ recibiron unha visita moi especial: un grupo de 16 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socioeducativo EncaixaT, levado a cabo polo Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño. Os tomiñeses e tomiñesas quixeron coñecer de primeira man o funcionamento deste pioneiro programa ‘Vincúlate’ posto en marcha polo Concello de Baiona.

    Acompañados polo alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara; a directora da oficina de CaixaBank en Baiona, Yolanda Pérez; a responsable do proxecto no concello e a responsable de ADA intervencións, o alcalde detallou os pormenores desta actividade de intervención con animais coa que o rexedor baionés amosou, dende o principio, a súa total implicación.

    O propósito do encontro entre os participantes de ambos os proxectos foi que os mozos e mozas do concello veciño puidesen participar dunha xornada lúdico didáctica e coñecer como os participantes de ‘Vincúlare’ traballan e aprenden a relacionarse cos cans, á vez que melloran as súas habilidades sociais e a súa xestión emocional.

    Foi unha xornada de convivencia na que quedou de manifesto o bo facer dos participantes de ‘Vincúlate’, que nestes case xa 4 meses de traballo teñen acadado xa moitos dos obxectivos propostos, tanto no que respecta as súas habilidades coma no relacionado cos cans cos que están a traballar.

    A xornada finalizou cun compromiso de devolver a visita feita polos participantes do proxecto EncaixaT que posiblemente terá lugar no mes de setembro

    En canto aos procesos de adopción de cans, hai que apuntar que xa son dous os animais adoptados e que hai tres máis en proceso de adopción. Seguindo coa dinámica de facelos partícipes das distintas actividades lúdicas e deportivas e de visibilizar o proceso de adopción, está previsto que o vindeiro xoves día 22, fagan unha saída en bicicleta cos cans polo paseo.

    No proxecto tamén participan voluntarios e voluntarias da protectora de animais –dúas delas ademáis, estudantes de cuarto curso de veterinaria–, outra moza en prácticas que estuda un ciclo de animación sociocultural e unha psicóloga que colabora na atención máis individualizada a algúns dos mozos e mozas.

    A experiencia esta resultando moi enriquecedora tanto para os 30 participantes no proxecto como para as distintas persoas que, dalgunha maneira, colaboran ou participan no mesmo. É o caso da obra social ‘La Caixa’ que dende que o alcalde e a concelleira presentáronlle o proxecto, non dubirou prestar o seu apoio e colaboración, ao igual que o amosado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.