20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño adxudica obras para a ampliación da área de preferencia peonil

    Tomiño adxudica obras para a ampliación da área de preferencia peonil

    O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “Integración do Campo da Feira no espazo público peonil do núcleo do Seixo”.

    A intervención, cun orzamento de 250.000 euros, tratará de dar continuidade á contorna da Praza do Seixo coas rúas Gondomar e da Feira e co Campo da Feira, coa ampliación da actual  área de preferencia peonil.

    Con este fin, na rúa da Feira, ampliarase a beirarúa a 3,50m, dotándoa de arbolado e bancos, e ascendendo a mesma nun plano inclinado ata acadar cota co Campo da Feira, e tratándose a rúa Santa María de Oia como unha prolongación do parque.

    “O obxectivo é priorizar a accesibilidade peonil no núcleo urbano e renovar a instalación de iluminación e mobiliario, acordes coas características da nova intervención”, explica o concelleiro de Facenda, Planificación Estratéxica e Acción Urbana, Uxío Benítez.

    O Campo da Feira é un parque urbano que se atopa moi preto da Praza Do Seixo. A súa comunicación con esta dáse a través da rúa da Feira, que se atopa urbanizada con beirarrúas estreitas e de difícil accesibilidadade para os peóns.

    Por outra banda, o Campo da Feira atópase pechado cun muro de contención de granito sobre o que descansa unha balaustrada tamén de granito, que fan deste parque un espazo separado do núcleo do Seixo. Polo tanto, a finalidade das obras será crear un entronque coa rúa Gondomar seguro para os peóns, contribuíndo a unir a parte este é oeste do núcleo. Ou dito doutro modo, achegar o Campo da Feira ao casco urbano, integrándoo no espazo público peonil da Praza do Seixo, e mellorar a súa accesibilidade e a súa integración; abrir máis o parque ao espazo urbano favorecendo a percepción deste, e integrando a rúa Santa María de Oia como unha parte máis do espazo público de esparcemento, incrementando a mobilidade e a seguridade peonil.

    A intervención, que comezará en breve, vén a sumarse ás obras levadas a cabo na Praza do Seixo, rúas A Guarda, O Rosal, Colón, Camiño do Alivio e República Arxentina, co fin de crear un novo espazo público para desfrute da cidadanía, e complementado coa construción da nova avenida Baixo Miño, que logrou desviar o tránsito pesado e reducir o paso de coches polo casco urbano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.