Domingo, 10 Novembro de 2024

Inícianse as obras de saneamento á rúa Mestra Emérita de Priegue en Nigrán

O investimento, de 70.000 €, permitirá ampliar o servizo ao tramo de rúa paralelo á PO-552

O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana as obras para levar o saneamento ao tramo de 330 metros que resta da rúa Mestra Emérita de Priegue e 150 metros de Pablo Iglesias (PO-552 entre o concesionario Rodosa e Saiáns, onde os colectores xa estaban instalados) cun investimento de 70.000 € a cargo das baixas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Posteriormente, o goberno local plantexará emprender unha segunda fase de humanización en Mestra Emérita cuxo proxecto xa redactado cifra o investimento en 241.000 € e que está pendente todavía de informes sectoriais. Esta rúa, de aproximadamente 850 metros, está na traza do Camiño de Santiago pola Costa conectando Nigrán con Vigo.

“Queremos acondicionar axeitadamente Mestra Emérita, por iso o primeiro é dotar de saneamento á única parte que falta para despois poder emprender obras de mellora que inclúan cambio completo do firme e un sendeiro peonil seguro”, explica o alcalde, Juan González.

Así, os traballos actuais para incorporala á rede de saneamento supoñen a instalación de máis de 330 metros de colector soterrado de PVC de 315 mm de diámetro, 17 pozos de rexistro prefabricados e reposición dos pavimentos afectados e máis dotación de equipamento electromecánico dun pozo de bombeo existente.

Simultáneamente, o Concello conta desde outubro co segundo proxecto, o de humanizar esta rúa Básicamente, suporá un investimento renovar por completo o pavimento e establecer unha senda peonil diferenciada que outorgue seguridade ao camiñante, xa que actualmente non existe, algo especialmente importante tendo en conta que por aí transitan veciños e peregrinos ao formar parte da traza do Camiño de Santiago pola costa.