A idade media do uso dos dispositivos conectados a internet é cada día menor e conscientes dos perigos que entraña un uso incorrecto deles, desde o departamento de Xuventude do concello de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolveuse na primeira quincena de xullo un curso sobre ciberseguridade dirixido aos máis novos, sector de poboación vítima máis frecuente dos ataques informáticos.
Impartido por unha enxeñeira informática e unha divulgadora científica o obxectivo da actividade era reflexionar cos/as participantes sobre o uso de internet, facilitarlles as ferramentas para tomar precaucións necesarias e protexerse de ameazas externas, así como recoñecer os comportamentos que poden ser perigosos como usuarios ou para terceiras persoas.
![](https://www.comarcasnarede.com/wp-content/uploads/2021/07/Ciberseguridade.-Gondomar-2.jpg)
De feito o número de ciberataques en España, segundo últimas informacións publicadas, creceu nun 125% respecto ao último ano, e o sector da mocidade converteuse nunha diana fácil para os ciberdelincuentes ou para o ciberacoso a través das múltiples redes sociais que manexan.
O curso partiu de tres premisas: usar intelixentemente internet, ser amable na rede e ser valente “manténdonos sempre seguros ou en alerta”. Así durante as dúas semanas fixáronse conceptos sobre “que é o ciberespazo e a cibersieguridad para avanzar despois sobre a diferenza entre o uso e o abuso das redes sociais, os hackers bos e malos ou sobre como recoñecer a quenes queren facerse cos nosos datos.”
Unha cuestión importante que non se quixo deixar atrás é o problema das adicciones dixitais e videoxogos que estas novas tecnoloxías están a crear entre os nosos e nosas mozas, cada vez un problema máis real na nosa sociedade que require da intervención de especialistas.