13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

    O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre ferramentas dixitais, Whatsapp Business e Pinterest

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de ferramentas dixitais para a restauración e a hostalería, o funcionamento de Whatsapp Business e a promoción de empresas con Pinterest.

    En concreto, este martes 20 impartirase o obradoiro “Ferramentas dixitais para restauración e hostalería”, no que a posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas Sonia Torres falará das cartas dixitais, motores de reservas, delivery e take away, ferramentas de pago e outras iniciativas de interese na actual transformación dixital da hostalería.

    O mércores 21, o deseñador gráfico Guillermo Nass impartirá “Así funciona Whatsapp Business”, obradoiro no que explicará as novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes a través desta aplicación móbil de forma sinxela e profesional. Para finalizar, o xoves 22, “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”, onde Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, ensinará a sacarlle o máximo partido a Pinterest e a implementala na estratexia de social media.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.