10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas o 30 e...

    A unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas o 30 e 31 de xullo

    Xa se pode pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828

    A Concellaría de Saúde do Concello de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, vén de informar á veciñanza que a unidade móbil de doazón de sangue estará de novo en Ponteareas os vindeiros 30 e 31 de xullo.

    O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, o venres 30 de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas, mentres que o sábado 31 o horario será de mañá, de 10.00 a 15.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

    É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

    Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, “polo que a nosa colaboración é fundamental. Investindo tan só 10 minutos da nosa vida podemos axudar a salvar a doutras persoas”, salientou Fernández Davila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.