12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiMáis de 60 persoas maiores de 55 anos participaron no programa Cultiva...

    Máis de 60 persoas maiores de 55 anos participaron no programa Cultiva a Mente en Tui

    O venres tivo lugar o acto de clausura na ribeira de Caldelas tras celebrarse nas parroquias de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns

    O pasado venres tivo lugar a clausura da actual temporada do programa Cultiva a Mente promovido polo Concello de Tui e AFAGA para promover un envellecemento activo e saudable. Dende o pasado mes de setembro participaron no mesmo máis de 60 mulleres e homes distribuídos nos grupos que semanalmente se reunían en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  

    No acto de clausura, deste mediodía, na Ribeira de Caldelas, os e as asistentes do programa recibiron os seus diplomas da man do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e do presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez. Cultiva a Mente volveu a actividade presencial en xuño tras varios meses no que se impartiu de xeito telemático, pola situación sanitaria, enviando o material a través de distintas plataformas ou a domicilio.

    A valoración da actividade é moi positiva tanto polo  número de persoas participantes coma pola consecución dos obxectivos fixados para esta iniciativa.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sinalou no acto de clausura que “para o Concello de Tui era unha prioridade trasladar a atención psicosocial ao mundo rural  xa que a maioría deste tipo de servizos atópanse nos centros urbanos das cidades, así que asumimos o compromiso de estendelo ás parroquias de Tui”. Indicaba o rexedor que “dedicarán cantos recursos sexan necesarios para que este servicio poida ampliarse máis días e máis horas” desexando que “o ano que ven poida haber máis dunha centena de participantes”.

    O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou na súa intervención que “a aposta por este programa é total por parte do concello”. Salientou que o programa está baseado no traballo en grupo pero, por mor da pandemia, durante moitos meses non se puideron celebrar actividades de grupo, pero si mantivo o contacto cos participantes de xeito individual.

    Pola súa banda o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, felicitou aos asistentes pola súa participación no programa a pesar das restricións, coas dificultades que supuxo para eles esta situación, e congratulouse de que Concello de Tui apostara por Cultiva a Mente. Indicaba amais que “a través dos recursos de proximidade do entorno e de novos procesos e proxectos na cidade de Tui imos crear unha estrutura de apoio aos coidadores, as persoas maiores, e as persoas que teñan algún grao de vulnerabilidade na cidade”. Durante hora e media á semana nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns, os participantes neste programa preventivo coñeceron coma funciona o noso cerebro, técnicas de aprendizaxe de mellora, estimulación de distintas funcións cognitivas coma memoria, atención ou linguaxe. Ademais Cultiva a Mente tamén fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS