22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán bonificará o 75% do imposto de terrazas e mantén a flexibilización...

    Nigrán bonificará o 75% do imposto de terrazas e mantén a flexibilización da súa ampliación

    O alcalde de Nigrán asinou a prórroga do convenio co presidente de Ovalmi co obxectivo de aprobar estas medidas de apoio á hostalaría ante a crise do Covid-19

    O Concello de Nigrán bonificará novamente o 75% do imposto de terrazas ante a persistencia da crise do Covid-19. Así, o alcalde de Nigrán, Juan González, asinou co presidente da asociación de empresarios Ovalmi, José Ángel González, unha prórroga do convenio de colaboración firmado no 2020 que contempla esta rebaixa e, ao mesmo tempo, a flexibilización da súa ampliación para garantir a seguridade sanitaria que obrigan ao distanciamento social.

    “Gustaríanos bonificar o 100% do imposto de terrazas pero é legalmente imposible, o máximo permitido é o 75%. Igualmente, reiteramos a nosa petición a Costas do Estado e da Xunta para que realicen estes descontos porque a eles lles corresponden as terrazas do paseo marítimo de Panxón e do peirao”, sinala o alcalde, Juan González, quen indica que “se manteñen todos os motivos para continuar apoiando a hostalaría ante a crise do Covid-19 que tamén limita o traballo do sector”.

    A maiores, o Concello de Nigrán suma 240.000 € en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre si para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi . Paralelamente, ofrece o servizo de reparto gratuíto para todos os negocios do municipio ata o 10 de outubro como fórmula de apoio ao comercio local. O Concello asume as custas do envío a domicilio mediante a contratación propia do servizo no termo municipal. Este funciona de mércores a sábados de 13:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:00 horas e os domingos de 13:00 a 15:00 horas, coa novidade de que mércores e xoves inclúe non só ao sector da restauración, se non calquera tipo de negocio de Nigrán aínda que non sexa hostaleiro (volumen transportable no caixón dunha moto).

    Como nas anteriores ocasións, os pedidos mínimos son de 15 € e cínguense ao termo municipal sen inclúir a xestión dos cobros nin envíos de pedidos contratados a través de plataformas privadas. Os negocios interesados en sumarse deben solicitalo no correo comunicacion@nigran.org

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.