Un total de 57 peregrinos aloxáronse no Albergue do Porriño desde que o pasado día 1 reabriu as súas instalacións, segundo informou a Concellería de Turismo con datos da primeira quincena deste mes.
A súa orixe maioritaria é nacional e procedían primeiramente de Madrid, Valencia e Murcia. Tamén rexistrouse afluencia de peregrinos estranxeiros con predominio de portugueses, británicos e de diversos países asiáticos.
A pesares de que o Albergue do Porriño ten un total de 40 prazas, tan só poden ocuparse diariamente 9, a causa das restricións sanitarias vixentes na comarca marcadas pola Xunta de Galicia.
David Alonso, concelleiro responsable de Turismo, manifestou a súa satisfacción polos resultados que están a acadarse co punto de información turística que o Concello instalou no Albergue, e que atende a técnica Belén Freire, que se encarga de informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.
Esta axente turística atende a diario, de luns a venres, en horario de 9 da mañá a 3 da tarde.