Luns, 16 Xuño de 2025

Comezan as obras de mellora do camiño da EP-5304 As Tallos, Valeixe, na Cañiza

0

A primeiros de setembro comezou esta obra, que está enmarcada dentro do Plan de “Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022” e ten por obxectivo mellorar a capa de rodaxe e o drenaxe do vial da EP 5304 polo camiño de As Tallos – Mourelos – O Seixal.

A obra está subvencionada ao 100% pola Axencia AGADER da Consellería de Medio Rural da Xunta cun total inicial de 68.818,00€  para as anualidades de 2021-2022, ainda que o Concello executará a totalidade da obra neste 2021.

A obra foi adxudicada a empresa CONSTRUCCIONES VALE SL que comezou os traballos a primeiros de setembro consistentes na limpeza e ampliación de cunetas, para mellorar a seguranza viaria, garantir o cruzamento de vehículos e reducir sobrelargos en zonas de curvas con baixa visibilidade ou entroncamentos. Ademáis acondicionarase o firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico, realizarase unha drenaxe do camiño e mellorarase a sinalización do vial.

Así, con estas accións, contémplase a mellora de 1.150 metros de vial, con anchos variables que van dende os 3,50 ata os 4 metros, xa que este camiño presentaba na capa de rodaxe unha rega asfáltica moi deteriorada ademáis de necesitar con urxencia a limpeza e ensanche das cunetas para garantir a seguridade viaria.

Segundo manifestou o alcalde Luis Piña “a pista de As Tallos –  Mourelos – Seixal é unha das vías de conexión máis utilizadas polos veciños procedentes de Albeos e arredores para acceder á  Cañiza ou a outros lugares da parroquia de Valeixe”.

O Casino de Vilasobroso, de camiño ao Centenario

0

O Casino de Vilasobroso, coa patrocinio institucional da Entidade Local Menor e o Concello de Mondariz e a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, promove a realización do proxecto audiovisual “O Casino de Vilasobroso, de camiño ao Centenario (1924). Historia e personalidades” baixo a dirección do documentalista Xan Leira.

Este emprendemento de Memoria Local procura por en valor a historia centenaria do Casino de Vilasobroso e, a través dela, a historia social e humana da nosa veciñanza. Entre elas, salienta a figura poliédrica de Alejo Carrera Muñoz, figura fundacional do Casino e da propia Entidade Local Menor de Vilasobroso.

Coa intención de promover a participación da veciñanza neste traballo de recuperación e divulgación na Historia Local de Vilasobroso, realizarase un encontro-merenda para explicar as características do proxecto, o sábado 2 de outubro ás 18 hs, nas instalacións do Casino de Vilasobroso.

Obxectivos do proxecto

  • Por en valor a historia do Casino de Vilasobroso no contexto da celebración do seu Centenario 1924-2024.
  • Salientar as pegadas de Alejo Carrera Muñoz na vida económica, social e cultural de Vilasobroso.
  • Investigar, analizar e divulgar os valores modernizadores e democratizadores dos casinos e nomeadamente o Casino de Vilasobroso.
  • Recuperar e valorizar a memoria histórica democrática do movemento agrarista e galeguista na sociedade do seu tempo.
  • Divulgar de xeito presencial e online o resultado do proxecto.

O documental ‘Acorda’ sobre a memoria histórica da provincia opta ao premio Xacobeo

O documental ‘Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra’, a peza audiovisual que pretende poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da música producida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, chegará este venres ao Ourense Film Festival con opcións a gañar o Premio Xacobeo á mellor produción galega.

‘Acorda’ estrearase oficialmente no Teatro Principal ourensá ás 17 horas de maneira previa á gala de clausura da sección oficial do festival, onde se entregarán todos os galardóns. Optará ao anterior Premio Galicia, que nesta edición pasou a denominarse Premio Xacobeo, un galardón transversal para calquera película de produción ou coprodución galega que participe no certame e que será concedido por unha comisión formada pola Fundación Carlos Velo, Deputación de Ourense e Xunta de Galici,a e dado a coñecer, a diferenza dos outros premios, no mesmo momento da gala.

A produción pontevedresa será proxectada dentro do ciclo temático ‘Panorama Galicia’, no que tamén se incluíron pezas como ‘Clown’s planet’, de Héctor Carré, ‘Devolvendo o golpe’ de Carlos Prado; Doppelgänger, de Paco Guitián e Tadeo Publieso; ‘El encuentro’, de Marcos Fernández; ‘No hay futuro’, de Ignacio Benedetti; Capuchóns ‘de Íñigo Rolán’; ‘Os tempos mortos (do Fürer)’ de Daniel R. González, ‘Polavisión: un fallo instantáneo’, de Álex López; ‘Tierra de leche y miel’ de Héctor Domínguez, Carlos Mora e Gonzalo Recio; e finalmente ‘Persoas SA’ de Carmen PG Granxeiro, sendo a única que aborda a temática da memoria histórica no país.

Fotografía de Rafa Estévez ©

A peza documental xurdiu trala idea orixinal do departamento de Memoria provincial dirixido por María Ortega, quen outorgou a dirección artística a Uxía e Marina Carracedo, xunto a Lucas Terceiro na realización, a Lois Pérez  no guión e a Montse Fajardo  como asesora de contidos.

No proxecto  participan voces moi diversas e reivindicativas como as de Emilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e a propia Uxía e Su Garrido, e un elenco formado por Tero Rodríguez, Andrés Giráldez, e Eduardo R. Cunha (‘Tatán’), entre outros, xunto a testemuñas reais de persoas como Queta Molas ou Blanca Francés.

Espazos

Os espazos escollidos para a grabación de ‘Acorda’ foron  a antiga ‘Escola Normal’ en Pontevedra, lugar onde se traballaba nos valores de liberdade; a Ponte Regueiro, en A Estrada, onde asasinaron a veciños da comarca do Deza-Tabeirós e do Salnés; para seguir ata o Pozo da Revolta, en Marín, onde se fala da represión contra as mulleres; a praia de Massó en Cangas onde foron arroxados os mártires de Anguieiro, e onde se representa o trauma que para as familias supuxo non poder chorar ás vítimas; a praia de Alcabre (Vigo), onde se fala do sufrimento das mulleres que quedaron e a súa loita porque se lles faga xustiza, para que se loite contra a impunidade; a Bombardeira ou Volta dos nove, onde están as nove cruces que durante décadas apareceron pintadas na curva de Baredo, onde foron asasinados nove homes, como acenos de resistencia; a Volta da Moura, onde se pon de manifesto a necesidade que ten a xeración neta e bisneta de rachar co silencio, para que non se dea un paso atrás na loita contra os extremismos; e finalmente a Illa de San Simón, o grande símbolo da memoria e a solidariedade na Galicia, nunha reclamación para que sexa denominada ‘Illa da Memoria’.

Pasarrúas, animación, lanzamento de globos e moita música en Ponteareas no arranque das festas de San Miguel

Ponteareas celebra as festas de San Miguel con actividades para todos os gustos e toda a familia con animación e moita música na vila durante toda a semana. A primeira cita será o mércores 29 de setembro cos xigantes e cabezudos, que percorrerán as rúas do centro urbano acompañados do Grupo Folclórico Naiama a partir das 11.30 horas. Tras eles, e como xa é tradición nas festas, os globos de San Miguel encherán o ceo ponteareán ás 13.30 horas. O Concello agradece o intenso traballo que cada ano realizan todas as persoas implicadas na confección destes delicados globos lanzados cada ano coa colaboración de Enrique González, veciño de Covas, e tan cheos de simbolismo.   

A programación festiva continuará pola tarde con animación de rúa ás 17.00 horas e co concerto da Banda de Música A Unión de Guláns na Praza Fernández Vega ás 19.00 h. A interpretación de clásicos do rock, pop e heavy metal de todos os tempos a mans do grupo América a partir das 21.00 h no aparcadoiro da Avenida Castelao porá o broche de ouro á xornada.

O xoves 30 de setembro o grande protagonista será Tanxugueiras, un grupo de folk galego que se perfila como favorito dos fans de Eurovisión para representar a España na vindeira edición do certame. A súa canción, ‘Figa’, foi a máis votada entre unha listaxe de 100 propostas feita por Eurovisión-Spain e composta por todo tipo de artistas consagrados e emerxentes. Un potencial escénico e unha autenticidade que abren a posibilidade de levar unha canción nunha das linguas oficiais do estado por primeira vez na historia.

Dende o Concello agradécese a grande acollida da programación das festas de San Miguel deste ano, coas entradas das actuacións de América e Tanxugueiras esgotadas en apenas unhas horas. Saliéntase ademais a gran calidade dos espectáculos, de balde e pensados para todos os públicos, e anímase a todas as persoas a gozar das diferentes actividades previstas para estes días.  A programación das festas continuará o venres 1 de outubro, sábado 2 e domingo 3 con diferentes actividades para todas as idades.

Nigrán ofrece este sábado actividades de concienciación e sensibilización medioambiental na praia de Patos e Cansadoura

0

O Concello de Nigrán ofrece  este sábado 2 de outubro  diversas actividades na praia de Patos e Cansadoura abertas ao público e dirixidas a promover a concienciación e sensibilización medioambiental. Con este mesmo fin, o pasado domingo unha quincena de persoas coordinadas desde o Concello retirou 150 kg de lixo do río Muíños como parte da iniciativa de Adega ‘Móllate polos ríos’, cita á que cada ano se suma Nigrán.

Así, coa colaboración do festival Vive Nigrán e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, o Concello organiza este sábado 2 de outubro a derradeira xornada ‘Vive Sostible’ adicada esta vez a retirar lixo mariño da Praia da Cansadoura, ao carón de Patos e onde nunca antes se intervira. Os interesados teñen como límite este venres 1 de outubro ás 13:00 horas para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es (o punto de encontro é ás 10:00 horas ao final do mercado de Patos, na rampla que baixa a este areal). Recoméndase levar luvas, auga e calzado e roupa axeitados. A continuación, ás 12:00 horas, Alfredo López, membro da xunta directiva do GALP e coordinador do CEMMA, organizará un simulacro de rescate dun golfiño vivo dirixido a todos os participantes e a todo aquel que se queira sumar.

Xa pola tarde e na praia de Patos ás 17:00 horas, Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra, impartirá un obradoiro técnico dirixido a todo tipo de público e destinado a analizar os microplásticos que se atopan na area, para o que levará un microscopio e lupas de aumento. Para esta actividade non é preciso inscrición previa, simplemente hai que presentarse á hora sinalada no paseo (á altura da caseta de Protección Civil).

Mos clausura o “Mos Peregrino” a dúas semanas do inicio dun novo Obradoiro de Emprego

0

Mos clausura o seu Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” a 15 días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse ata o concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

“Mos Peregrino” é un Obradoiro Dual de Emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participan ata pasado mañá e desde fai 9 meses 20 persoas desempregadas do municipio.

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.

Así, tras a entrega de diplomas na Axencia de Colocación, Secretaria Territorial da Xunta, representantes municipais, alumnado e equipo directivo e docente do Obradoiro, desprazáronse ata un destes entornos mellorados, na Veigadaña, parroquia de Petelos, onde construíron unha fermosa área de descanso na que xa son moitos os peregrinos que paran para facer uso dela e gozar da súa agradable e tranquila contorna.

A concelleira Julia Loureiro Campo e a rexedora local mosense destacaron esta mañá np acto de clausura a prioridade do proxecto “Mos Peregrino” en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionais, pero que as novas técnicas e propostas de materiais, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos. Por elo, o alumnado-traballador formouse durante estes meses en especialidades formativas, tales como: Edificación e Obra civil-Albanelería e colocación de pedra; e Madeira-Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

As actuacións que se desenvolveron unidas á formación certificable que se lle dá ao alumnado desenvolveuse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embelecemento do Camiño.

O Pavillón da Marisma acolle este mércores 29 de setembro a Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas

0

O Pavillón da Marisma, en Redondela, acolle este vindeiro mércores, 29 de setembro, a final da Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha cita que enfrontará ao Abeconsa Basketmi do Ferrol e ao Iberconsa AMFIV de Vigo a partir das 20 horas.

O evento foi presentado na mañá de hoxe, na Praza do Concello de Redondela, presidido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, á que acompañaban a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García; o director técnico da Federación, Domingo Salinas; José Manuel Freire, coordinador de Deporte Escolar, en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e Nacho González, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela.

Na presentación participaron tamén dous xogadores e unha xogadora do Iberconsa Amfiv, María Luisa Chirinos, Fabian Daniel Romo e Agustín Alejos, este último participante nas últimas paraolimpiadas de Tokio formando parte da selección española.

Susana García quixo, nas súas palabras, “agradecer a extraordinaria disposición do Concello de Redondela á hora de acoller esta final” na que participan os dous representes Galegos na Liga Española de Baloncesto en cadeira de Rodas, o Iberconsa AMFIV que milita na División de Honra en o Abeconsa Basketmi que o fai na Primeira División.

Destacou a secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado “o bo nivel que ten o baloncesto adaptado galego a nivel nacional” xa que os dous equipos que protagonizan esta final son os representantes da comunidade na Liga e no caso do AMFIV remata sempre en lugares destacados.

Digna Rivas, pola súa banda, agradeceu á Federación que elixira Redondela “para a disputa dun encontro de alto nivel e que pon o punto de atención sobre o deporte adaptado”. A alcaldesa destacou o traballo que realiza a Federación nese sentido e asegurou que “poden contar con Redondela para todos cantos eventos deportivos queiran realizar”.

Así, o mércores 29 a partir das 20 horas, o pavillón da Marisma encherase de baloncesto de alto nivel nun encontro que estará rexido polo protocolo Fisicovid da Federación Galega de Deporte Adaptado e aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

O río Tea acolle unha solta de alevíns de salmón ao abeiro do proxecto Migramiño

Ponteareas continúa achegando o seu gran de area ao proxecto Migramiño, unha iniciativa que busca mellorar a protección e xestión sostible do espazo natural da fronteira que conforma a subconca internacional do Miño, incluíndo os seus afluentes. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila; a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo; e a edil de Infraestruturas básicas, Lola Covelo, acompañaron este luns á directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, na visita á área recreativa da Freixa, onde se procedeu a unha solta de alevíns de salmón.

O concello de Ponteareas participou “de forma moi activa” neste proxecto que contou con fondos Feder e no que se traballou dende o ano 2017 con Portugal para protexer e conservar as poboacións de peixes migradores na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e que puxo en valor o papel clave que xogan os ecosistemas fluviais como corredores ecolóxicos. En total, ao longo de todo o proxecto liberáronse máis de 100.000 xuvenís de salmón e 1.600 quilos de anguías no tramo internacional do río Miño.

Ao longo dos catro anos de duración do proxecto, Ponteareas colaborou “con moitas ganas e ilusión nesta iniciativa que procura mellorar a accesibilidade eliminando obstáculos, para inventariar especies, controlar invasoras ou realizar estudos sobre a diversidade piscícola, entre outras cousas”, salientou a edil ponteareá.

A Deputación rende homenaxe ao sector do turismo cun showcooking “histórico”

Pasado e presente da gastronomía da provincia uníronse esta mañá no acto especial da Deputación de Pontevedra para celebrar o Día Internacional do Turismo. Cinco grandes chefs reinterpretaron no Pazo Provincial receitas das irmás Mendoza, mulleres adiantadas ao seu tempo e moi comprometidas coa vida cultural e a sociedade pontevedresa de finais do século XIX e principios do XX. A degustación tivo como obxectivo facer un recoñecemento a todo o sector turístico da provincia. “Somos o destino turístico máis potente de toda Galicia e un dos máis potentes do Estado. Temos un sector privado comprometido, serio, que arrisca, que traballa pola calidade e que non se rendeu durante a pandemia”, enxalzou a presidenta  Carmela Silva, , acompañada pola deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Marcos Cerqueiro e Iago Pazos, de Loxe Mareiro (Carril, Vilagarcía), deron a súa propia sinatura ao “Cup Condesa” das irmás Mendoza, mentres que Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, Vila de Cruces) reinterpretou a “Sopa de hortalizas”. Pola súa banda Iñaki Bretal (Eirado da Leña, Pontevedra) fixo o propio coa “Merluza en salsa”, Elisa (Mamá Lela) actualizou o “Lomo con Pementos” e José Bértolo de Casa Solla pechou o menú cun “Biscoito de chocolate palacio”. Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas acompañaron a degustación, que contou cunha gran representación do sector. Responsables do Clúster de Turismo, Feprohos, Aviturga, Festivais Rías Baixas, os CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio, Ruta da Sidra, produtoras e produtores participaron no acto, conducido pola sumiller Carlota Iglesias (Cabanas, Lalín).

A presidenta da Deputación destacou os recoñecementos dos e das chefs dos restaurantes participantes no showcooking,  dous deles con Estrela Michelín e varios con soles Repsol e distintivos SICTED, e púxoos como exemplo da excelencia gastronómica da provincia, ademais de agradecer o traballo de todas as entidades representadas no acto e do director do Museo de Pontevedra. A entidade cultural dependente da institución provincial, “lugar de atracción cultural que irradia a toda a provincia” – subliñou Silva-, garda cinco cadernos de receitas das irmás Mendoza, antigas propietarias do Palacete que leva o seu nome en Pontevedra e que hoxe é a sede de Turismo Rías Baixas.

Ademais, a presidenta estendeu a súa homenaxe a todo o sector no Día Internacional do Turismo, que este ano leva como lema “Turismo para un crecemento inclusivo”. “Queremos que este acto sexa un recoñecemento non só as persoas que elaboran os pratos da nosa gastronomía, senón tamén ás produtoras e produtores e a todo o sector, un sector que é fundamental para a nosa economía, que nos convirte nunha referencia internacional, que é resiliente e que ten un enorme presente e futuro”, resaltou Carmela Silva.

A máxima responsable da Deputación lembrou que “se houbo un sector que padeceu o impacto da pandemia foi o turístico”, e salientou que “con intelixencia, talento e creatividade” as empresas da provincia conseguiron “ser a envexa de todas e todos”. Silva indicou que Pontevedra Provincia ten “o mellor produto do mundo” e un sector “moi variado e comprometido”, citando como exemplo que é o territorio con máis selos SICTED de toda España . Ademais fixo unha mención especial ao Carlos Oroza e o Manuel Antonio por formar “as persoas que atenden a quen nos visitan”, e cualificounos como “os mellores centros de todo o Estado” na súa especialidade. Igualmente agradeceu aos festivais que contribúan a promocionar na súa oferta cultural o turismo e a gastronomía da provincia.

“Gocemos do privilexio de vivir nunha provincia máxica que permite que acontezan cousas marabillosas, e fagámolo neste edificio histórico que tamén forma parte do noso patrimonio”, proclamou a presidenta antes do inicio da degustación, na que cada chef explicou como reinterpretou as históricas receitas.

Nigrán fai historia ao coronar en Patos aos vencedores do Campionato de España de Surf Adaptado

0

A praia de Patos, no concello galego de Nigrán, converteuse este pasado sábado 25 de setembro na festa da inclusión, deportividade e competición ao albergar a súa primeira edición do Campionato de España de Surf Adaptado (o internacional, previsto para o domingo, trasladouse a Portugal ante a falta de ondas). O evento, cunha das participacións máis altas da súa historia, deixou como novos campións nas súas respectivas categorías a: Ibon Gurrutxaga, Xabier Ayestarán, Audrey Pascual, Marcos Tapia, Sarah Almagro, María Martín Saraiba, Carlos Dopico, Aitor Francesena, Ander Goenaga, Carmen López e Celia Gramse.

“Foi unha fin de semana emocionante, con decenas de deportistas entusiasmados e que nos deron a todos unha lección de vida e de superación”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González, quen avanza que propuxo xa á Federación Española e Galega de Surf que Patos volva ser sede en 2022 do campionato galego, nacional e internacional. “Somos un concello coñecido en Galicia polo surf e en toda España polas nosas políticas de inclusión levadas a cabo grazas ao equipo interdisciplinar ‘Un Nigrán para todos’, por iso non pode haber maior orgullo para esta localidade que acoller este campionato e que sexamos un referente tamén de deporte e inclusión e, en concreto, de surf adaptado”.

[su_image_carousel source=”media: 45669,45670,45671,45672,45673,45674″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

“Estamos moi contentos co campionato, acompañounos o sol, víronse unha chea de caras novas na auga, un gran nivel dos competidores e unha numerosa afluencia de público. A verdade, mellor imposible!”, resumía Román Díez, presidente da Federación Galega de Surf, evento que promoveron xunto a Quenlla Surf Clube, Federación Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’.

Como mostra un botón, o surf adaptado en España non para de crecer en número e en repercusión. Hai un ano o equipo español proclamábase campión do mundo e en escasos dous meses volverá a California a tratar de revalidar o título.

Dentro deste evento, o Concello ofreceu senllas charlas no IES Val Miñor e no Auditorio Municipal de Aitor Francesena ‘Gallo’, surfeiro invidente que revalió o título nacional en Patos (é tamén campión mundial). “As sensacións de surfear con vista e cego son completamente diferentes, estando cego é brutal, multiplícanse e énchenche, son satisfaccións diferentes porque agora tes que estar totalmente atento ao mar, ao que che está dicindo cada onda, é case a túa única referencia”, explica. “Deime conta de que non me mareaba, e a partir de aí empecei a practicar con táboas máis grandes e adaptadas á miña realidade, hoxe surfeo como calquera persoa sen discapacidade”. Aitor ‘Gallo’ ( Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por abrir a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando aínda conservaba a vista nun dos seus ollos, e despois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por alcanzar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.

A Deputación aproba unha nova achega do Plan Concellos para Tomiño

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalidou o compromiso da institución cos concellos da provincia mediante a aprobación de novas achegas por máis de medio millón de euros ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. As subvencións chegarán a Cangas, Cambados e Tomiño e servirán para mellorar infraestruturas municipais como viarios e escolas así como para axudar a sectores afectados pola pandemia.

Máis polo miúdo, o órgano provincial deu luz verde a 222.300 euros da liña 1, de investimentos, cos que Tomiño pavimentará e mellorará varios municipais, unha actuación que ten un orzamento de 350.000 euros que se completa con investimentos do concello. Realizaranse traballos en 31 tramos de camiños pertencentes a 9 parroquias que se atopan nun estado moi deteriorado.

Na mesma liña do Plan Concellos foi aprobada para Ponteareas unha achega de preto de 34.000 euros que servirán para mellorar a eficiencia de varios edificios municipais. As actuacións teñen un orzamento total de 144.200 euros e realizaranse na Casa Cultural de Guillade e nas escolas unitarias de Areas, Ribadetea, Xinzo-Parada, Moreira e Pías.

Pola súa banda, a Cangas concedéuselle unha subvención de 227.300 euros ao abeiro da liña 2, de gastos correntes, cos que o concello axudará aos sectores máis afectados pola pandemia como o ocio nocturno e infantil, a hostalaría, as axencias de viaxes, os ximnasios, a formación e ensinanza non reguladas ou os servizos fotográficos.

Paco Ferreira estuda accións legais contra AGAPA por coaccións e inxurias dolosas contra a súa persoa

0

O rexedor do municipio lamenta “as acusacións infundadas, coacctivas e inxuriosas de maneira premeditada contra a súa persoa e cargo” por parte da Plataforma de Afectados de o polígono Garrida-A Pasaxe, faltando a verdade como diciendo que o proxecto de urbanización da Fase I do polígono de A Pasaxe foi anulado por sentenza, cando saben que non é verdade, ou confundido a ciudadanía entre o desenvolvemento da Fase I polo Concello, coa Fase II pola Zona Franca de Vigo, ou mezclando a polígono de A Pasaxe actual co futuro polígono de Valadares que pretende desarrollar o Concello de Vigo.

“Non entendemos que busca AGAPA con entorpecer un polígono coma o noso, vital para o desenvolvemento económico da comarca e a legalización do mesmo de máis de 50 anos esperando que chegue este momento. Ata o punto de difamar, mentir e amenazarme por algo que estamos a facer de maneira legalmente escrupulosa”.

Paco Ferreira quere deixar claro que “a sentenza xudicial en ningún momento declara nulo o proxecto de urbanización do Polígono da Pasaxe, só que se expoña por un mes e se elabore o informe de evaluación ambiental simplificado, mantendo intactas o resto de actuacións para continuar co procedemente. Por outra bando respetamos a sentenza, ainda que non a compartimos, por iso foi recurida a TSXJ.

Tramites que xa están en marcha e “estamos a cumprir porque desde o concello somos respectuosos coa xustiza e coa legalidade como nadie”, aclara Paco Ferreira.

Segunda fase da ampliación

Respecto a as obras denunciadas pola plataforma, as máis próximas ao termo municipal de Vigo, como elementos patrimoniais, a conca hídrica da devandita área, o río Calvo ou o Túnel de Valadares, Paco Ferreira lembra “que seben que iso nada ten que ver coas obras que debe executar o concello de Gondomar. Esas actuacións pertencen á II Fase de ampliación, pendente da firma dun convenio entre o concello e a Zona Franca, ente estatal que será o que no seu momento realice os trámites precisos necesarios e expropiacións para continuar coa ampliación do polígono nesta fase, aínda paralizada”.

“Nada que ver con con a Fase I que só contempla a reordenación e legalización das naves do polígono, proxecto que -insiste- non foi anulado pola xustiza, como queren facer ver”. Respecto a a acusación de paralizar a actividade dunha nave, cabe lembrar, que se atopa situada en chan rústico, competencia urbanística da Axencia de Protección da Legalidade urbanística de Galicia (APLU) a quen se lle remitiu o expediente o 17 de agosto do 2020.

Na súa resposta a “APLU recoñece que o construído non é incompatible co uso
do chan e que é competencia da administración local a licenza para desenvolver a
actividade. En base a iso o goberno local, a través do seu departamento de Urbanismo,
ao carecer de licenza, resolve o 23 de marzo a paralización da nave, e ao día seguinte
solicítase a Fenosa e a concesionaria de auga o corte de subministración, cumprindo con
todos os trámites necesarios”.

Judialización do proxecto

“Por tanto, é mentira acusarme de omisión como alcalde porque todos os procedementos legais cubríronse. Eles sábeno e téñenos ao seu alcance.” Datos e información que “desde o minuto uno en que nola solicitaron tivérona, tanto a este respecto como co da Fase I de reordenación do Polígono porque en todo momento estivemos abertos ao diálogo coa Plataforma con cuxos representantes non reunimos en reiteradas ocasión”.

“É unha mágoa que, unha vez máis, búsquese xudicializar un asunto tan importante para o noso concello e para o desenvolvemento económico das súas empresas e a comarca, sen ningún tipo de reparo por faltar á verdade para conseguilo”, afirma Paco Ferreira, quen non descarta poder “iniciar accións legais contra a Plataforma de Afectados polo Polígono Garrida-Pasaxe, por coaccións e inxurias contra a miña persoa”.

O conselleiro de Sanidade anima á cidadanía que aínda non se vacinou a que o fagan

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asistiu hoxe pola mañá, no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, a un acto enmarcado na campaña de concienciación da importancia da vacinación dende o deporte galego, e que contou coa presenza de varios deportistas que compiten na nosa comunidade en diversas disciplinas, como Chano Rodríguez e Agustín Alejos.

Algún destes deportistas presentes, que se incorporaron recentemente a Galicia e non estaban vacinados, o fixeron hoxe para, deste xeito, servir de espello aos cidadáns que aínda non o fixeron. Ao acto, tamén asistiu a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias.

O titular da carteira sanitaria destacou que a Xunta de Galicia ten abertos, ata o día 30, de maneira ininterrompida 15 puntos de vacinación onde é posible acudir sen cita para seren vacinado, posibilitando unha enorme accesibilidade á vacinación para que ningún galego ou galega quede sen vacinar. Tamén subliñou que a vacinación con cita a través de wassap (981 21 59 30), xa leva tramitadas nun par de días 600 solicitudes.

O conselleiro agradeceu á Secretaría Xeral para o Deporte e ás asociacións de deportistas e os clubs hoxe presentes no acto no Hospital Álvaro Cunqueiro, a súa colaboración e esforzo para fomentar que as persoas que aínda non se vacinaron o fagan.

Remarcou, así mesmo, que Galicia está nos mellores niveis de vacinación de todo o Estado, cun 93,5% de porcentaxe de poboación vacinada cunha dose e no 91,5% con dúas doses, subliñando que, esta fin de semana, puxéronse máis de 7.200 vacinas, das que 3.200 foron primeiras doses, 2.700 segundas e 1.300 terceiras doses en residencias.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, sinalou que a vacinación de hoxe no Hospital Álvaro Cunqueiro é un acto de responsabilidade e solidariedade do deporte, que se compromete coa sociedade como o fixo durante a pandemia a través dos protocolos realizados para que o deporte fora seguro. Así mesmo, apelou a seguir cumprindo os protocolos.

Entra en funcionamento a zona azul gratuíta do complexo deportivo Álvaro Pino

Dende este mesmo luns 27 de setembro xa está en funcionamento a zona azul do complexo deportivo Álvaro Pino de Ponteareas. O Concello acometeu hai uns meses a recuperación de todo ese espazo e da contorna do Centro de Saúde, habilitando un total de 166 prazas de estacionamento, 42 delas situadas diante da piscina de dos dous pavillóns municipais que foron sinalizadas como zona azul para o estacionamento por tempo limitado e gratuíto. Ademais instalouse o correspondente parquímetro para a expedición de tíckets.

Este novo sistema estará operativo de luns a venres laborábeis entre as 07.00 e as 23.00 horas, coincidindo co horario de funcionamento do complexo deportivo. O estacionamento na zona azul estará limitado a un máximo de dúas horas na quenda de mañá (de 07.00 a 15.00 h) e outras dúas na quenda de tarde (entre as 15.00 e as 23.00 h). É dicir, un mesmo vehículo poderá estacionar un máximo de dúas horas en cada unha desas dúas franxas horarias. Este límite horario responde aos datos do propio Complexo Deportivo, que sinalan unha estancia media nas instalacións claramente inferior ás dúas horas. Para aquelas persoas que fan un uso máis prolongado do estacionamento existen outras 124 prazas sen límite de tempo no resto da contorna do Complexo Deportivo e do Centro de Saúde.

O concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, salientou que “con esta medida repártese de forma racional e equitativa o espazo existente, aténdese mellor a demanda das persoas que precisan acudir en coche e evítase que vehículos alleos ás instalacións acaparen durante moitas horas os aparcamentos”. Mera animou á veciñanza do centro urbano de Ponteareas a acudir ás instalacións a pé ou en bicicleta. “Calquera punto da vila atópase, camiñando, a menos de 10 minutos do Complexo Deportivo e agora temos unha contorna nestas instalacións amábel, segura e agradábel que convida a achegármonos de forma saudábel e sustentábel”, explica o edil.

Tendo en conta que as prazas existentes son 42 e que a ocupación máxima é de dúas horas, as prazas dispoñíbeis nas 16 horas de funcionamento do Complexo Deportivo multiplícanse polo menos por 8, converténdose en 336. Mera salientou o éxito doutra medida semellante posta en marcha recentemente na rúa Real, ao pé dunha farmacia, na que se crearon varias prazas de 10 minutos “que permiten que centos de vehículos paren a diario polo tempo imprescindíbel neste servizo esencial nun lugar onde antes permanecían os mesmos vehículos horas ocupando ese espazo. Ademais, aseguramos o tránsito peonil seguro nese mesmo lugar que antes non era posíbel pola ocupación permanente de vehículos”.

Ábrese o prazo de licitación para a ampliación do mercado do Rosal

0

O Concello do Rosal anuncia que o prazo de licitación para a mellora e ampliación do Mercado de Abastos xa está aberto. As entidades interesadas poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 14 de outubro a través do Portal de Contratación do Estado (PLACE). A intervención, que conta cun orzamento de case 380.000 euros, mellorará as infraestruturas actuais e creará un espazo de degustación e de restauración que dotará doutro enfoque ao espazo.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, explica que esta ampliación súmase á recente renovación do Mercado que se realizou durante a primeira metade do ano, e destaca que responde “á aposta do Concello polo comercio de proximidade, polo produto local e de calidade”, como medio para “activar e reforzar a nosa economía”.

As melloras consistirán na creación dunha maior zona de degustación con novas mesas, cadeiras e taburetes, e na construción de dúas xardineiras, unha na terraza da planta superior, e outra no patio da planta inferior. As obras deben ter unha duración de 10 meses e farán do espazo un lugar “cómodo, sostible, e eficaz para degustar os produtos locais incorporando toda a vertente culinaria asociada”, destaca a rexedora.

A ampliación camiña na liña dos mercados de excelencia marcados pola propia Xunta de Galicia pola que se aposta por dotar aos mercados de proximidade dun valor engadido converténdoos en epicentro culinario, de degustación e restauración. Deste xeito xérase un espazo de lecer e convivencia para a toda a veciñanza coa posibilidade de realizar actividades de diversa índole no seu interior.  Con estas melloras o Concello rematará o seu proxecto para dotar o mercado, construído en 1954, dunha imaxe totalmente renovada e moderna, facéndoo máis confortable e atractivo para os e as comerciantes, e os rosaleiros e rosaleiras que busquen un espazo para mercar e desfrutar do produto local.

Gondomar completa o Camiño de Santiago

0

Con moitas risas e momentos inesquecibles ás súas costas este grupo de veciños do concello de Gondomar poñen punto e final á peregrinación por etapas que arrincaba de Gondomar o pasado día 5 de setembro, xornada na que cubriron a distancia que separa a vila de Vigo, percorrendo un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse posteriormente ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que manterían nas seguintes etapas.

Sen que fraqueasen as forzas e compartindo momentos e anécdotas durante todo o camiño completaron cada sábado do mes un tramo diferente. Desta forma fixeron un total de 100 quilómetros tras cubrir o resto de etapas: Vigo-Pontevedra, Pontevedra- Valga e, finalmente, este sábado os últimos pasos que os separaban de Santiago de Compostela.

Acompañados pola Concelleira de Turismo, Rocío Goberna, os e as participantes mostraron a súa satisfacción por lograr o seu obxectivo e agradeceron ao alcalde Paco Ferreira e o Concello de Gondomar, responsable da organización e financiamento da actividade, a súa implicación en todo momento para facilitarlle o percorrido, así como o poder peregrinar a Santiago coincidindo coa celebración do Ano Santo.

A Xunta acomete a mellora viaria de Laxes de Arriba, no concello de Oia

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de acometer a mellora viaria do lugar de Laxes de Arriba, no Concello de Oia, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) cun investimento de case 40.000 euros.

Por este motivo, o delegado territorial, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, achegáronse ata a zona para supervisar esta actuación, que foi concedida o pasado mes de febreiro e que permitiu renovar de xeito integral a capa de rodadura de trama viaria interna desta aldea da parroquia de Santa María de Oia.

Esta obra enmárcase nos 17 proxectos financiados no marco deste programa da Consellería do Medio Rural e que foron realizados na provincia de Pontevedra ao longo deste exercicio cunha partida global de 668.182 euros.

“O Concello de Oia ten unha importante dispersión e unha configuración principal de residencias unifamiliares que fan necesario que as vías estean en boas condicións para favorecer a mobilidade da veciñanza e por elo conta e seguirá contando coa colaboración da Xunta”, explicou o representante autonómico, que destacou a solución técnica aportada polo Concello “para acometer axeitadamente esta obra, con formigón desactivado, co obxectivo de realizar unha actuación respectuosa coa contorna”.

Ademais, Luis López lembrou que a Consellería do Medio Rural vén de investir máis de 215.000 euros en melloras de camiños no Concello de Oia nos tres últimos anos co Plan Marco para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e co Plan de Infraestruturas Rurais, que permitiron actuar en lugares como Piniño, A Granxa, Gandarelas, As Amadas e esta derradeira en Laxes de Arriba.

Finalmente, o delegado territorial anunciou que esta contía para pistas municipais do medio rural vaise incrementar outra vez este mesmo ano, xa que veñen de concederse 40.109,88 euros máis ao abeiro do Plan Marco a falla de que se resolvan outras convocatorias e ordes de axudas similares.

Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe das categorías benxamín, alevín e infantil

O pasado sábado 25 de setembro, o municipio de Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe, no que participaban deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil e ao que acudiu o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

Na categoría de alevíns, o primeiro posto foi para Marta Fraga, do CPA Maxia de A Coruña, a segunda posición a obtivo Carla Gilsanz, do CPA Gondomar, e por último, a terceira posición foi para a patinadora do CPA Condado, María Miranda.

Podio alevín feminino

As tres patinadoras clasificáronse así para o Campionado de España, que este ano celebrarase en Figueres (Gerona) o próximo 21 e 22 de outubro.

Respecto aos resultados da categoría infantil, a primeira praza obtívoa Olivia Rey, do CPA Maxia, a segunda praza Xiana Fernández, do CPA Gondomar e a terceira praza foi para Lola Álvarez, tamén do CPA Gondomar.

Podio infantil feminino

Por parte do CPA Condado a patinadora Noa Movilla obtivo una meritoria oitava praza nunha competición de gran nivel. Nesta caso, tan só as dúas primeiras prazas participarán no Campionato de España.

En canto á categoría masculina alevín, o ouro foi para Pablo Mendoza, do CARPA de Vigo, e en infantil masculino primeira praza foi para Rodrigo Costas, do CPA Gondomar, a segunda praza obtívoa Raúl Sánchez, do Berenguela, e a terceira praza foi para Lois Rivas, do CPA Maxia. 

Todos os patinadores masculinos clasificáronse para o Campionato de España. 

Podio infantil masculino

A Deputación recolleu, no que va de ano, 53 vehículos abandoandos na provincia

Imaxe de arquivo de coches abandonados en Redondela

No marco da súa aposta medioambiental e de apoio aos concellos, a Deputación de Pontevedra presta desde o ano 2015 o servizo de retirada de vehículos abandonados ou fóra de uso aos municipios de menos de 50.000 habitantes, ao que neste momento están adheridos 45 concellos. Esta prestación, que é de competencia municipal, ofrécese de xeito gratuíto aos concellos, “porque é fundamental loitar contra a contaminación ambiental e tamén contra a visual”, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva.

No que vai deste ano 2021, xa se retiraron 53 vehículos a través deste servizo, que consiste na recollida ao final da súa vida útil ou fóra de uso _para o que previamente os concellos deben tramitar a súa declaración como residuo sólido urbano_ así como o posterior tratamento de descontaminación.

Neste senso, Carmela Silva lembrou que precisamente estes  vehículos “xeran millóns de toneladas de residuos, pero cando son recollidos, estes restos poden ser reutilizados e reciclados ata o 95% dos seus elementos”. “Iso é o que facemos –subliñou-, estamos a apostar pola economía circular”.

Preto de 400 quilos de basura retirados no río Tea

Defendendo o Tea vén de participar, por decimotercer ano consecutivo, na limpeza do río Tea, que enmárcase dentro do programa ‘Móllate polos ríos’ de Adega.

Este año contouse coa participación de un total de 15 voluntarios, 12 adultos e 3 nenos, entre os cales un voluntario era de Cangas do Morrazo, outro de Nigrán e unha de Vigo. Na xornada de onte notouse o gran esforzo e as ganas de mimar ao río Tea.

Na retirada, extraeronse preto de 400 quilos de basura e, como cada año, retiráronse un montón de neumáticos, un contenedor de lixo do cauce do río, moitísimas toallitas, un televisor e gran cantidade de plásticos e latas.

Tralo análise da basura retirada, constátase a importancia de seguir con estas limpezas e esperar que a xente cuide do Tea. Ademais, atópasedentro da Rede Natura 2000, polo que hai que cuidalo para poder disfrutalo.

Por último, Defendendo o Tea quere agraecer a todos os voluntarios por mollarse polo Tea, e darlle tamén as grazas ao Cconcello de Ponteareas, por seguir colaborando con Adega, e á concelleira de Medioambiente, Rosi Covelo, por colaborar na limpeza como cada ano.

Nigrán destinará fondos propios para o plan de rescate destinado ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo

0

O goberno de Nigrán aprobará no pleno ordinario de hoxe luns 27 de setembro un cuarto plan de rescate municipal por importe de 50.000 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos. Esta partida orzamentaria fora plantexada dentro da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra co obxectivo de paliar os efectos económicos do Covid-19 naqueles sectores que determinase cada localidade, pero o ente provincial comunicou a inicios de mes (06.09.21) que o sector pesqueiro non pode ser incluído nestas axudas, polo que o Concello o asumirá con fondos propios e plantexará nas vindeiras semanas outra alternativa á Deputación. Deste xeito, este novo plan contempla aos mariñeiros (patróns e tripulantes), hospedaxe (hostais, pensións, hoteis, campings…) e deportivo (ximnasios, centros deportivos ou empresas de deportes).

O Concello de Nigrán suma xa anterioremente 240.000 € en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre si para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi e agora engade estes 50.000 € para estes novos sectores.

“Anteriormente centrámonos na hostalaría e no taxi por ser estes sectores especialmente prexudicados cos sucesivos peches e limitacións sanitarias, agora queremos chegar a estes outros porque tamén se viron moi afectados, gustaríanos ter resolto antes estas bases pero este tipo de trámites administrativos resultaron máis complexos do previsto” , recoñece o alcalde, Juan González, quen destaca ao sector do mar “como o máis tradicional no municipio e moi dependente da hostalaría”. “Non se entende a nosa localidade sen a súa Historia e a súa cultura mariñeira, por iso queremos protexelo especialmente con este plan que previamente consultamos coa Confraría”, destaca. Igualmente, o Concello traballa xa nun quinto plan de rescate que si teña encaixe dentro da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Mariñeiros de Panxón. Ani Pérez ©

Nesta convocatoria contémplanse axudas de 1.200 € para empresarios destes tres sectores empadroados no municipio ou simplemente con negocio no municipio (inclúe patróns nigraneses de barcos con base en Nigrán ou Baiona, autónomo principal e colaborador ou empresarios integrantes dunha mesma empresa) e 750 € para tripulantes de embarcacións con base en Nigrán ou Baiona e empadroados en Nigrán (estes últimos sempre e cando non reciban axudas ou prestacións doutra administración, nos demáis casos son compatibles).

Como nos demais plans de rescate municipais, son axudas con concorrencia non competitiva, é dicir, concéndense sucesivamente ata esgotarse os fondos, puidendo o Concello amplialos en caso de non chegar a todas as solicitudes.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a técnica e a composición na fotografía, sobre como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4 e utilización de Pinterest para impulsar o negocio turístico.

En concreto, este martes 28 impartirase o obradoiro “Técnica e composición en fotografia”. Estará a cargo de Lara Taboada, Titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, quen falará da utilidade de ter en contar multitude de factores no momento de facer unha foto e conseguir, deste xeito, unha toma interesante que chame a atención.

O mércores 29 será a quenda de “Primeiros pasos con Google Analytics 4” a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen explicará as novidades desta ferramenta comparándoa coa versión anterior. Este obradoiro amosará a importancia do análise da información que nos facilitan os usuarios.

Para finalizar, o xoves 30 pola tarde, Mariana Rosa falará de “Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico”, obradoiro que centrarase na boa utilización de contidos e estratexias para sacarlle o máximo partido.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 1 e sábado 2 de outubro

0

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 1 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 2 de 10:00h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

O Castelo de Soutomaior, escenario da Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra

Os xardíns do Castelo de Soutomaior serán o escenario o próximo xoves, ás 19.00 horas, da Gala do Deporte provincial, organizada pola Deputación de Pontevedra, na que se entregarán as bolsas DepoDan e DepoPromesa a 181 deportistas que teñen a marca provincial. No evento, que será conducido polo xornalista Terio Carrera e a capitana do Atlético Guardés de balonmán feminino, Lorena Pérez, se fará un recoñecemento especial ás olímpicas, olímpicos, paralímpicas e paralímpicos que deixaron tan alto o nome da provincia nos Xogos de Tokio, así como a todas as e os deportistas de alto nivel e “promesas” que tantos éxitos acadan ano tras ano convertendo á provincia en todo un referente no mundo do deporte. A Gala arrancará cunha homenaxe a Fran Teixera, histórico adestrador de balonmán e traballador da Deputación, falecido recentemente, e contará coa actuación de Carlota Crey, música que forma parte do directorio de “Descubreas”, a iniciativa provincial coa que se reivindica o papel das mulleres no sector.

A presidenta da Deputación amosou o seu orgullo “polo nivelazo do noso deporte e lembrou que é o terceiro ano que a Deputación de concede as bolsas DepoDan e DepoPromesa “que permite ás e aos deportistas adestrar e preparar os seus obxectivos e tamén que poidan participar en competicións nacionais e internacionais”. Do total das bolsas concedidas 137 serán para deportistas de alto nivel, que recibirán 174.300 euros, e as 44 restantes para deportistas promesa, que contarán con 24.700 euros.

Carmela Silva lembrou que o proxecto estaba dotado con 250.000 euros e como “moitas e moitos deportistas non puideron solicitar as súas bolsas porque estaban en grupos burbulla antes das olimpíadas ou mesmo xa en Tokio, imos a sacar unha segunda convocatoria para cubrir todo o orzamento e que ninguén se quede sen bolsas”

Corenta persoas desempregadas participarán nos dous obradoiros duais que ofrecen Ponteareas e As Neves

40 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves poderán acceder a dous obradoiros de emprego dual que comezan en outubro na vila do Tea, un centrado na atención sociosanitaria de persoas dependentes e outro que formará ao alumnado na realización de actuacións forestais que se porán en práctica no parque da Picaraña de Ponteareas e no Chan de Vide das Neves. Estas accións formativas contarán cun orzamento de 347.000 euros que financia a Xunta de Galicia.

Estes obradoiros son a continuación de dúas formacións similares que ambos concellos impartiron durante os últimos meses. A alcaldesa, Cristina Fernández, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mostráronse “moi contentos de poder ofrecer esta oportunidade laboral á veciñanza”, nunha visita ao alumnado dos obradoiros duais que rematan este mes en Ponteareas e As Neves. Ademais, destacan que as accións formativas inclúen a posibilidade de prácticas en empresas ao remate da formación, o que supón “unha grande oportunidade de incorporarse ao mercado laboral”.

A formación no ámbito sociasanitario preparará ao alumnado para atender a persoas dependentes no domicilio, aprenderán un conxunto de ferramentas de atención dende unha perspectiva integral e normalizadora para atender a persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou sufran casos de desintegración familiar. A formación será tamén para o traballo en institucións sociais, os/as alumnos/as durante o servizo deberán aplicar os coñecementos adquiridos na súa estancia na residencia de maiores Santa Ana e no complexo residencial de atención a persoas dependentes de Vigo.

A formación en actuacións forestais consistirá en realizar as operacións auxiliares necesarias para a conservación e mellora do monte, para a repoboación forestal, para a corrección hidrolóxico-forestal e a execución de tratamentos silvícolas no Parque Forestal da Picaraña (Ponteareas) e no Chan de Vide (As Neves).

A concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, explica que as persoas interesadas para realizar a inscrición e pedir máis información deberán solicitar unha cita previa na oficina de emprego de Ponteareas. A edil anima á veciñanza a asistir a esta formación porque pode ser “unha grande oportunidade para traballar en dous sectores con moito retorno positivo na nosa contorna”, conclúe.

A vendima da finca do Castelo de Soutomaior péchase coa recollida de case que 17.000 quilos de uva

A vendima que vén de finalizar na finca do Castelo de Soutomaior desbordou as previsións iniciais e, deste xeito, a adega Enoturismo Acha SL puido recoller en dúas xornadas un total de 16.827 quilos de uva, fronte aos 15.000 estimados previamente. Da citada cantidade, 15.417 corresponden a uva albariña e os restantes 1.410 á variedade de godello,

A finca do Castelo conta con catro hectáreas de viñedos e a citada adega de Baión, foi a adxudicataria da poxa pública realizada pola Deputación para realizar estes traballos, cunha oferta de 1,36 euros por quilo de uva albariña recollida e de 1,1 euros para as outras variedades brancas (godello e torrontés). Na vendima participaron 25 persoas traballadoras.

[su_image_carousel source=”media: 45593,45590,45591″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Os viñedos do Castelo de Soutomaior foron plantados nos anos 80, cando a Deputación de Pontevedra se fixo cargo da fortaleza e os seus xardíns. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

A Xunta colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso

0

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Oia, cun investimento autonómico de 375.000 euros.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Oia para executar a 2ª fase das obras de mellora do comportamento hidráulico do río, que está cualificado como área de risco potencial significativo de asolagamento no Plan de xestión de riscos de inundacións da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, na zona da ponte da Serra Seca.

Trátase de incrementar a sección hidráulica da zona da ponte da Serra Seca e da protección do leito do río fronte á erosión, sobre todo nos tramos curvos.

No cumprimento do obxecto do convenio autorizado hoxe polo Goberno galego, a administración hidráulica da Xunta asume integramente o financiamento das actuacións destinadas a reducir os efectos negativos dos asolagamentos nesta área. As obras estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Augas de Galicia levará a cabo a contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, mediante este acordo, o Concello de Oia asume a posta á disposición e xestión dos terreos necesarios, tal e como establecen os convenios de colaboración destas características en todas as confederacións hidrográficas e de acordo coa instrución do propio Ministerio para a Transición Ecolóxica. Tamén asume a obriga de conseguir as autorizacións necesarias para a execución dos traballos, de recibir as obras, así como o seu mantemento e conservación, empregando as instalacións executadas de acordo coa finalidade prevista.

Intervencións proxectadas

As intervencións obxecto do convenio autorizado hoxe polo Executivo autonómico reforzan os traballos executados por Augas de Galicia de mellora da capacidade hidráulica do río Viladesuso, na zona do Sobral, e incídese nas actuacións realizadas para paliar os efectos dos incendios acaecidos na bacía do río Viladesuso no 2006.

O orzamento da primeira fase roldou os 152.000 € e, sumado ao desta segunda fase, suporá un investimento autonómico global de máis de 525.000 €.

Augas de Galicia proxecta seis novas actuacións para aumentar a capacidade hidráulica ao longo do río Viladesuso.

Entre os traballos que se executarán inclúense a protección do leito na marxe esquerda do río, mediante a construción dun noiro de protección de dique; así como o aumento da sección hidráulica da ponte mediante a construción dun marco prefabricado de formigón de 4 metros e unha pendente constante do 5 % como o leito do río. Augas arriba das estruturas, entre o estribo da ponte e o novo marco, construirase unha pequena cuña triangular de formigón para facilitar o comportamento  hidrodinámico do fluxo de auga en época de avenidas e reforzarase a cimentación dos  estribos da ponte mediante dique.

Tamén se recuará o leito na marxe esquerda do río e construirase un novo muro, coa finalidade de dar continuidade hidráulica ao caixón construído na ponte. Derrubarase o actual muro existente na marxe dereita do río e executarase un novo recuamento, con noiro no leito do río, reforzándose a marxe dereita do río.

Para a realización das obras está previsto reutilizar o material depositado no leito: as rochas de maior tamaño serán seleccionadas e reutilizadas para a construción do manto principal de dique, e o resto de material do río, previamente clasificado, poderá ser reutilizado como manto secundario.

O Goberno galego mantén a aposta pola colaboración entre as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte aos efectos do cambio climático e ao risco de inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.

‘O teu Xacobeo’ remata a segunda edición con máis de 550 participantes, das cales 40 do concello de Ponteareas

Por segundo ano, Cruz Vermella e a Xunta de Galicia sacan adiante o proxecto “O teu Xacobeo”. Con esta iniciativa búscase fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a NG: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes…, potenciando o valor do Camiño de Santiago. A iniciativa está promovida e financiada pola
Xunta de Galicia e conta cunha aportación de 15.500 euros.

Os participantes percorreron diferentes variantes do Camiño, pasando polos concellos de Pontevedra, Tui, Catoira, Cambados e a Illa de Arousa, entre outros. Foron un total de 14 saídas repartidas entre o 15 de maio e o 25 de setembro de 2021. As últimas saídas fixéronse este venres e sábado, o sábado sairá un autobús dende Ponteareas rumbo a Santiago para xuntarse cos grupos de Vigo e Baixo Miño, e dar peche á edición.

O proxecto tivo moita aceptación por parte dos participantes : “La salida fue estupenda. Repetiría, me gustaría seguir haciendo el camino, así, por etapas. Ir haciendo otros 5 o 6km, hasta terminar el camino”. Comentaba unha das participantes usuarias do programa de persoas maiores.

Outra das participantes, neste caso do programa de inclusión, facía fincapé nas ganas que tiña de seguir coñecendo a zona, xa que por motivos da COVID-19 esta era a súa primeira saída turística: “A mí me ha parecido una experiencia realmente maravillosa, ya que yo llevo un año y medio acá, llegué cuando estaba iniciando la pandemia y esta es mi primera salida turística para conocer de las maravillas que tiene Vigo y sus alrededores. Estoy encantada y espero que me sigan invitando y avisando de las actividades que hay.”

O obxectivo destas saídas é potenciar o valor do Camiño de Santiago como unha oportunidade de participación social que promova o valor cultural de Galicia, a través de hábitos de vida saudables, protexendo o entorno e promovendo espazos de ocio alternativos, así como a inclusión dos colectivos vulnerables e o seu acceso aos recursos de ocio, culturais e de patrimonio coma o resto de cidadáns.

Dentro deste marco, e como actividade para finalizar a edición, dende a Xunta e Cruz Vermella organizaron un concurso de debuxo para todos os usuarios da ONG, co que pretenden dar a coñecer o rico patrimonio que ofrece o Camiño de Santiago.

A temática é o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago a través do cal pretenden que os participantes dean a súa visión do Camiño. A técnica artística a empregar é de libre elección e as categorías para participar divídense por rangos de idade: infantil (6-12 anos), xuvenil (13-18 anos) e adultos (maiores de 18 años). Os gañadores recibirán un obsequio e as obras gañadoras serán publicadas no calendario de Cruz Vermella do próximo ano.

Durante o ano 2019 desenvolveuse a primeira edición deste proxecto, no que participaron 434 persoas pertencentes aos distintos colectivos que atende a organización chegadas dende todas as asembleas comarcais de Cruz Vermella na provincia, igual que na segunda edición: Baixo Miño, O Condado, Vigo, Redondela, O Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, Lalín e Pontevedra. O proxecto tivo unha gran acollida, e realizouse seguindo as pautas e normativas pola Covid-19, gardando a distancia social necesaria para no poñer en perigo a ningún dos participantes.

Tomiño resolve 9 de cada 10 incidencias rexistradas a través da súa app móbil ‘Línea Verde’

0

Imaxe de arquivo dunha incidencia solucionada a través da app móbil

Fai xa ano e medio que o Concello de Tomiño puxo en marcha a súa app móbil ‘Línea Verde’, unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras.

Desde a súa posta en marcha en marzo do 2020 foron rexistradas máis de 4.500, das cales xa foron pechadas máis de 4.000, 9 de cada 10 (o 88,64%). Algunhas delas adoitan resolverse en menos de tres días laborables, como por exemplo as de alumeado público, que representan case un terzo das incidencias totais. Cada mes o sistema rexistra unha media de entre 200 e 250 notificacións, unha cifra que aumenta especialmente nos meses de inverno debido ás tormentas e as avarías que estas causan no tendido eléctrico, chegando case ás 300 durante este período. Do mesmo xeito, durante o presente ano tamén houbo unha tendencia ascendente debido ao maior coñecemento da aplicación por parte da veciñanza, que a emprega cada vez máis debido á súa utilidade e sinxeleza.

Comezar a empregala é moi sinxelo para o usuario. Tan só é necesario descargar a app ‘Línea Verde’ de xeito gratuíto a través de Google Play ou da App Store e seleccionar o municipio de Tomiño. Para comunicar unha nova incidencia soamente hai que premer no botón ‘Nova incidencia’, escoller a súa tipoloxía, enviar a ubicación da mesma e achegar algunha foto e explicación breve sobre o problema.

Este proceso de dixitalización tamén foi asumido polo persoal do Concello: unha vez que o cidadán envía unha notificación, esta chega á tablet de cada equipo de traballo en función da tipoloxía indicada, que inicia os trámites para proceder ao seu arranxo. “Este sistema facilita moito o traballo do persoal municipal, xa que permite organizar a resolución das tarefas dun xeito moito máis eficiente, ademais de proporcionarnos moitos datos e estatísticas a tempo real”, comenta o concelleiro de Obras e Organización Interna, Alexandre Pérez Souto. Unha vez completado o proceso, o cidadán recibe outra notificación no seu móbil informándoo de que a incidencia rexistrada xa foi solucionada.

“Desde o Concello animamos á veciñanza a empregar esta aplicación, unha ferramenta útil xa que permite ao cidadán comunicarse co Concello dun xeito cómodo e rápido, o que facilita a resolución das incidencias”, comenta a alcaldesa Sandra González.

Balneario de Mondariz, destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove o IFEMA

O Balneario de Mondariz foi destacado como destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove IFEMA Madrid. Un portal dixital construído coma un espazo de encontro físico–dixital para todas as persoas, institucións e empresas para o desenvolvemento desta nova xeración, a dos maiores de 50, que controla o 70% da riqueza e decide a metade do gasto en gran consumo, e ao redor da cal se articula a silver economy, considerada, se fose unha nación, como a 3ª potencia económica mundial.

A calidade das augas mineromedicinales da vila termal recomendadas para acougar os síntomas de fatiga, a tensión, as lesións musculares ou reumatolóxicas son un dos alicientes deste destino galego que leva máis de tres séculos defendendo a medicina natural que destaca este dixital. Augas termais que son saúde e relaxación, axuda aa hidratarnos e a botar o freo ao noso axitado ritmo diario cando a gozamos en postura horizontal, ben a través de baños en termas, de inhalación de auga con propiedades, de masaxes relaxantes, de lodos termais, de duchas de auga quente e fría… H2Ou que emana da terra quente e con propiedades curativas e que converte ao Balneario de Mondariz como un destino para desconectar do mundanal ruído e a opción máis a man de quen está a piques de terminar o Camiño de Santiago para descansar ao grande. De feito, o Camiño portugués (bastante menos masificado que o francés) fai parada no Balneario de Mondariz. Fundado a finais do século XIX sobre o asentamento romano que deu fama ás súas augas mineromedicinales, declaradas de utilidade pública polo goberno español en 1873.

Encontro Silver

Esta plataforma dixital, que congrega á poboación silver para compartir coñecemento, inquietudes e intereses a través de información actualizada, noticias, entrevistas e reportaxes, así como unha coidada axenda de lecer e eventos socioeconómicos de interese, conta, ademais, cunha comunidade participativa que conecta ás persoas que compoñen esta xeración. Desde o xoves 25 ata o sábado 27 de novembro de 2021 terá lugar en IFEMA Madrid o primeiro gran evento da xeración silver. Durante tres días, os asistentes poderán asistir a encontros, debates profesionais, propostas culturais e de lecer que recollerán as demandas e os intereses desta nova xeración. Un amplo programa de actividades onde se presentarán aqueles produtos e servizos que serán claves para o benestar, o desenvolvemento social e o progreso económico deste colectivo durante as próximas décadas. Un encontro multidisciplinar pioneiro pensado para cubrir as necesidades, as inquietudes e as preocupacións da xeración silver.

Receta saludable de veroño

Primer domingo de otoño y último del mes de septiembre; con este día gris damos por terminada la temporada estival. Confío en que estéis preparados, y sobre todo mentalizados, para iniciar el año escolar con ganas (soy de las que siente que cuando llega septiembre comienza un “nuevo curso”, aunque ya hayan pasado años desde que terminé la universidad).

Este mes no os voy a proponer un plan genial, sino una receta deliciosa y saludable apta para intolerantes a la lactosa y también para celíacos. Seguro que muchos ya la conocéis o habéis probado versiones similares, pero yo igualmente os dejo la mía (como dice La Vecina Rubia: “Compartir es de guapas”).

Respecto al título, soy muy fan del concepto veroño (periodo de transición entre el verano y el invierno en el que, cuando sales a la calle, la gente puede ir en bikini y sandalias o con abrigo y botas). Así que esta receta es perfecta para recuperar la línea y dejar atrás todos los excesos cometidos durante la época estival y empezar el otoño con la conciencia un poco más tranquila.

Seguro que muchas veces os entra antojo de comer pizza o algún tipo de comida nada saludable y a la vez os asalta un sentimiento de culpa en el que piensas: “Hoy apenas me he movido y he sido un hongo ¿Y mi cuerpo me pide hidratos?”. Me pasa, y mucho. Por ello hoy vengo a rescataros con esta receta de “Pizza con base de calabacín”.

Amantes de la pizza que os encontréis en la sala… aquí aplico un “para gustos, colores”, puesto que existen miles de combinaciones de ingredientes para añadirle. Por lo tanto, os voy a dejar el “preparado base” y luego lo que yo le añado por encima, aunque la montéis a vuestro gusto.

¿Qué necesitaréis?

  • Horno (en el microondas no queda igual)
  • Fuente apta para horneado (yo utilizo la de la lasaña que es de cristal y es muy cómoda)

Ingredientes preparado base

  • Calabacín
  • AOVE
  • Sal
  • Pimienta

Ingredientes extra (ejemplos de lo que suelo echarle)

  • Salsa de tomate (si es casera mejor)
  • Queso
  • Pavo en lonchas
  • Maíz
  • Aceitunas
  • Si os gusta la trufa, en Mercadona venden una salsa de trufas deliciosa.
  • Champiñones laminados
  • Huevo cocido

Preparación

Precalentamos el horno a 200 grados, mientras este coge temperatura lavamos el calabacín y lo cortamos en rodajas finas cubriendo la base de la fuente que utilicemos para hornear. Aproximadamente la capa la hago de 2-3 cm de grosor, pero va un poco según vuestros gustos. Una vez tenga el calabacín listo, lo salpimento y le echo el AOVE. Lo introduzco en el horno y dejo que se haga hasta que el calabacín empiece a coger color, aproximadamente 25 minutos, pero depende del horno.

Lo que viene ahora es muy sencillo, una vez esté el calabacín a mi gusto, simplemente añado los ingredientes que me gustan en la pizza, vuelvo a meterlo todo en el horno y cuando esté todo cocinado sirvo.

Como veis, es una receta facilísima, que me saca de muchos apuros y mata ese antojo cuando me apetece algo poco o nada saludable.

¡Feliz domingo!

Andreia Costas, «Corazón de vaca e outras vísceras»

«Corazón de vaca e outras vísceras» é a primeira achega individual de Andreia Costas ao mundo da narrativa, logo de participar con éxito en varios certames de relato e de poesía e nalgúns libros colectivos. A súa proposta é unha colección de textos breves que se sitúan entre o relato tradicional e o microrrelato, que semellan non gardar relación entre si, malia que podemos atopar varios elementos comúns entre eles.

No limiar, asinado por María Xosé Porteiro, a xornalista e escritora define a prosa de Andreia Costas como «exótica, misteriosa e, por veces, implacable» e dende este curruncho, obviamente, non lle imos quitar a razón, pois estamos de acordo con tales calificativos. Mais engadiríamos que se trata dunha escrita sorprendente por fresca e espontánea, algo que é moi de agradecer en autores (case) noveis, e tremendamente persoal. E subliño isto porque considero que no xogo que Andreia desprega coa linguaxe é onde atopamos o elemento máis común e máis identificativo dos relatos. Falamos, xa que logo, dunha narrativa de estilo, desas nas que non importa tanto o que se conta como a maneira de expresalo.

Andreia Costas escribe con forza arrebatadora e cunha contundencia que noquea ao lector. A base de frases curtas, nas que a palabra xusta encaixa no lugar preciso coa certeza dun bisturí, a autora amosa a súa alma de poeta a pesar de deixar o verso temporalmente de lado. Xa temos falado nalgunha outra ocasión de que os e as poetas que un día deciden escribir prosa, a miúdo delátanse por esa precisión na palabra que só en contadas ocasións atopamos nos narradores máis tradicionais. Pois ben: este caso non é unha excepción. E faino, a maiores, cunha fluidez que aparenta, e só aparenta, unha escrita case improvisada pero que agocha moito máis traballo de corrección e puído do que a primeira vista pode parecer.

As tramas son diversas e están cheas de personaxes afoutos e arriscados (principalmente mulleres) que a autora coloca en situacións límite. Dende esa posición, destilan forza, ás veces raiba, en ocasións lirismo, a miúdo desesperanza, pero sempre loitan contra uns medos que son quen de encapsulalos no seu día a día. E ao rachar esas cápsulas fan tanto ruído que o lector non pode menos que sorprenderse da maioría dos desenlaces destes textos. A mar de fondo dos relatos acostuman a ser cuestións de tipo social, referencias á igualdade e sempre a procura da liberdade e dun pouco de aire para respirar no medio de tanto abafo.

Por todo isto, pola súa creatividade, pola escrita delicada, por sacar vendas de diante dos ollos e por rabuñarnos o entendemento coas súas palabras, damos a benvida a esta autora e agardamos as súas novas entregas.

Andreia Costas

Corazón de vaca e outras vísceras

Urutau

A Deputación celebra o luns o Día Internacional do Turismo cun showcooking

A Deputación celebrará o Día Internacional do Turismo, este próximo luns 27 de setembro, co “acto máis potente que se vai organizar en Galicia”. Terá lugar ás 12.30 h e consistirá, tal e como detallou a presidenta Carmela Silva, “nun innovador formato de showcooking que incidirá na historia e cultura da provincia e no que  imos poñer en valor a tradición local, o produto autóctono, a nosa excelente gastronomía e ás e aos profesionais que fan posible que aquí se vivan experiencias únicas”.

O acto, que estaba previsto no Palacete das Mendoza pero que ante a previsión de chuvia trasladarase ao salón de plenos do Pazo da Deputación, concentrará a chefs embaixadores da provincia de Pontevedra, así como a restaurantes e sumillers distinguidos co selo de calidade do SICTED. A gran novidade é que o showcooking tomará como referencia os receitarios das irmás Mendoza, Concepción e María (antigas propietarias do Palacete), para “actualizalos ao século XXI”. Neste proceso a Deputación de Pontevedra contará con chefs embaixadores das Rías Baixas como Iñaki Bretal (Eirado da Leña, en Pontevedra, estrela Michelin) que preparará “merluza en salsa” e Casa Solla (Poio, estrela Michelin) que elaborará “biscoito de chocolate palacio”. Tamén con Marcos Cerqueiro e Iago  Pazos (Loxe Mareiro, en Vilagarcía, distintivo SICTED) que farán “cup condesa”, con Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, en Vila de Cruces, distintivo SICTED) que se encargará da “sopa de hortalizas”, con Elisa (Mamá Lela, en Cerdedo-Cotobade, distintivo SICTED) que preparará “lomo con pementos” e con Carlota Iglesias (Cabanas, Lalín, co distintivo SICTED) que seleccionará viños da DO Rías Baixas.

Está previsto que se dean cita no showcooking representantes de asociacións de hostalería, aloxamento, guías e viaxes, así como profesionais do turismo e bloggers turísticos. Amais, todas as receitas que reinterpretarán as e os chefs que van participar no showcooking formarán parte dunha páxina web específica que terá tamén información sobre a historia do Palacete das Mendoza e das irmás Mendoza, María e Concepción.

O lema que escolleu a Organización Mundial do Turismo para celebrar o Día Internacional do Turismo neste 2021 céntrase en “Turismo para un crecemento inclusivo”, para apelar na importancia de fomentar un “turismo inclusivo, sustentable, que aporte beneficios alongo prazo e contribúa ao desenvolvemento económico e social”, remarcou Carmela Silva. “Coincide –engadiu- coas liñas clave do noso Plan Estratéxico de Turismo 21-23”.

“Rías Baixas volve ser o centro turístico de Galicia”

A presidenta da Deputación aproveitou a publicación dos datos do INE deste verán para remarcar o “rotundo éxito” do destino a nivel turístico. “Rías Baixas – asegurou Carmela Silva- volve ser o centro turístico de Galicia”, con 408.984 persoas viaxeiras e 1.135.161 pernoctacións rexistradas no verán.

“En xullo e agosto tivemos ata un 54% de persoas viaxeiras máis que durante o 2020 e se falamos de noites facturadas a porcentaxe incrementouse un 55% con respecto ao verán do pasado ano”, informou a presidenta. Neste último caso, Carmela Silva destacou que “a provincia de Pontevedra é, das catro galegas, a que tivo o maior número de pernoctacións, representando o 44% das rexistradas fronte ao 40% da Coruña, o 13% de Lugo ou o 3% de Ourense”. Os datos foron “tamén espectaculares” nos puntos turísticos que analizou o INE como Vigo, Sanxenxo ou O Grove. Neste caso a presidenta recordou que Vigo recibiu este verán un 66% máis de turistas que no 2020, O Grove un 40% máis e Sanxenxo un 31% máis.

No que respecta á ocupación hoteleira de agosto o INE anotou “cifras de récord para a provincia”, asegurou a presidenta. Así, “se a media galega foi do 70%, na provincia de Pontevedra chegou ao 75% o que nos sitúa como a provincia líder, por riba da Coruña, cun 71%, Lugo cun 65% e Ourense cun 51%”.

A Xunta inviste máis de 410.000 € na renovación da cuberta do instituto de Mos

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o instituto de Mos para comprobar o avance das obras de renovación de cubertas que a Xunta de Galicia está a acometer neste centro e que supoñen un investimento de máis de 410.000€. O obxectivo da intervención, tal e como sinalou, é continuar avanzando na mellora das instalacións dos centros escolares galegos, unha tarefa á que se lle está a dar un novo pulo a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño do novo modelo de centros postcovid.

“Non en balde –explicou Román Rodríguez– este verán realizamos ou iniciamos un total de 557 actuacións de mellora en toda Galicia, por importe de case 30M€, nas que se inclúe esta do IES de Mos”. “Entre as obras deste verán, as que culminamos este ano e as que estamos licitando para executar en 2022, o orzamento na área de Vigo en obras elévase a máis de 12,5M€, cun total de 82 actuacións”, engadiu.

Así mesmo, o titular do departamento educativo da Xunta destacou un investimento de máis de 1,6M€ desde 2009 nos centros educativos do concello de Mos, atendendo ás súas necesidades.

Mellora do illamento

O programa da intervención no instituto de Mos consiste na renovación da cuberta do centro dado o actual estado de deterioro e falta de funcionalidade. Entre as accións que se está acometendo figuran a retirada da cuberta existente e dos sistemas de impermeabilización dos encontros da cuberta, a disposición de illamento térmico sobre forxado de teito da última planta e a colocación dun novo taboleiro de cuberta en panel sándwich de chapa de aceiro.

Os traballos están neste momento en execución, aínda que se desenvolven baixo todas as medidas de seguridade e sen interferir na actividade lectiva.

Mos anuncia a andaina solidaria ‘En marcha por un futuro sen cancro’

0

Onte, venres 24 de setembro, coincidindo coas efemérides do Día Mundial da Investigación Contra o Ccancro e o Día Mundial do Cancro de Tiroides, desde o Concello de Mos anúnciase a andaina prevista para o vindeiro 3 de outubro, organizada conxuntamente entre AECC Mos e a administración local mosense, baixo o lema ‘En marcha por un futuro sen cancro’.

Trátase da II Andaina Solidaria AECC que percorrerá a Senda Petelos-Tameiga, cunha lonxitude de 5 quilómetros. O nivel de iniciación desta andaina faina apta para todas as idades, e unha opción ideal para pasar unha mañá de domingo en familia.

Requírese de inscrición previa para poder participar e as persoas interesadas poden inscribirse desde xa telefónicamente na Piscina Municipal, o Multiusos das Pozas, na sede de AECC Xunta Local de Mos, ou no enderezo de correo electrónico [email protected]

O prezo de inscición é de 5 euros por persoa e inclúe entrega de dorsal, bolsa con avituallamento, e participación en sorteos. A salida da andaina producirase ás 10.00 horas da mañá do domingo 3 de outubro desde o Multiusos das Pozas.

Efemérides

Cada 24 de setembro, tal data como a de hoxe, conmemórase o Día Mundial de Investigación contra o Cancro, e do Cancro de Tiroides.

O Día Mundial de Investigación contra o Cancro é unha data que ten por obxectivo seguir impulsando os proxectos e investigacións que buscan axudar na loita contra o cancro, logrando mellor calidade de vida nos pacientes ou a cura definitiva de certos tipos de tumores. O propósito deste día é seguir incentivando á sociedade médica a que xeren novos descubrimentos que poidan axudar a frear ou eliminar os tumores do cancro nas persoas. Entender o porqué da súa orixe e buscar maneiras de evitalos. Cada ano durante esta data en España entrégase o premio “V de Vida” que busca dar financiamento e recoñecemento aos médicos oncólogos que descobren novas formas de alongar ou mellorar a vida dos pacientes con cancro.

Por outra banda o Día Mundial do Cancro de Tiroides celébrase tamén o 24 de setembro de cada ano. O principal motivo desta data é dar a coñecer un pouco máis desta enfermidade, que representa unha das doenzas máis recorrentes nas mulleres e que require un diagnóstico oportuno para así evitar maiores complicacións.

En outubro iníciase unha nova temporada do programa “Cultiva a Mente” en Tui

0

O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro. O obxectivo desta iniciativa é promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos  a través de diversas actividades que se desenvolverán até o mes de xuño de 2022 nos centros culturais de 6 parroquias tudenses.

A Casa do Concello de Tui acolleu unha reunión de traballo, previo ao inicio deste proxecto, na que participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, o concelleiro de Servicios Sociais, Ismael Diz, a traballadora social do Concello de Tui, Carmen González, e a psicóloga de Afaga, Beatriz Rodríguez.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientaba que “o Concello de Tui sempre foi pioneiro na posta en marcha de programas de atención a dependentes e servicios sociais no ámbito rural”. Sobre o programa “Cultiva a Mente” destacaba a extensión do servizo a seis parroquias coa incorporación de Randufe. Cualificaba o rexedor moi positivamente que este curso se inclúa un programa para os coidadores xa que “vimos de atravesar unha pandemia que nos afectou a todos pero especialmente aos colectivos máis vulnerables”.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, indicaba que na reunión desta mañá planificaron como vai estruturarse este ano o programa que “proximamente calquera persoa da cidade que cumpra os requisitos poderá solicitar algunha das prazas aínda  dispoñibles no programa”.

O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, indicaba que “con esta reunión damos o pistoletazo de saída a recuperación do proxecto “Cultiva a Mente” que volve a presencialidade tras a pandemia na que conseguiu adaptarse para seguir atendendo aos usuarios”. Tamén sinalaba que “se volve a poñer a disposición dos coidadores un programa de soporte porque entendemos que con esta pandemia foron as persoas que se viron máis sobrepasadas e angustiadas, un bo momento para recuperar este proxecto que se fixo hai 3 anos e tan bo resultado deu”.

O programa “Cultiva a Mente” terá este ano coma novidade a incorporación de  Randufe á listaxe de parroquias nas que se desenvolvía o curso pasado: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns. Os participantes coñecerán, por exemplo, como funciona o noso cerebro ou técnicas de aprendizaxe de mellora e estimulación de distintas funcións cognitivas como a memoria, a atención ou a linguaxe. Ademais, “Cultiva a Mente” tamén fomenta a sociabilidade, ao ser unha actividade grupal.

As persoas interesadas en inscribirse no programa “Cultiva a Mente” deben contactar dos Servizos Sociais na casa do concello no 986 60 36 25.

Este ao recuperarase tamén o programa Coidadores II, do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

O Grupo Socialista solicita á Xunta a construción dun novo centro de primaria en Salceda

Imaxe de arquivo de Paloma Castro (á esquerda) e a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, na entrada do CDL O Torrón

A vicevoceira do PSdeG, Paloma Castro, vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para solicitarlle á Xunta que dea resposta ás necesidades educativas na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas. Con este obxectivo, a deputada socialista reclámalle ao goberno galego que se comprometa coa creación dun novo centro de educación primaria que permita absorber a demanda de alumnado existente no municipio.

A maiores, e para concretar ese compromiso, o Grupo Socialista esíxelle ao goberno galego que, en consenso co Concello, inicie os trámites para a redacción do proxecto e a construción das novas instalacións. De maneira complementaria, tamén demanda que nos orzamentos 2022 se inclúa unha partida específica para iniciar o proxecto de creación dese novo CEP en Salceda de Caselas.

Paloma Castro explica que Salceda de Caselas é un dos municipios galegos que experimentou un maior índice de crecemento demográfico nos últimos anos, o que motiva que na actualidade haxa preto de 2.000 menores, dos cales arredor de 1.200 teñen idades comprendidas entre 3 e 12 anos.

Neste contexto, Castro alerta de que “o único colexio de educación primaria, o CEP Altamira, é claramente insuficiente para absorber esta demanda e escaso tanto as zonas comúns coma as aulas”. Esta circunstancia provoca que non poida ofertar “unha educación de calidade para o crecente alumnado”. Ademais, lamenta que “esta masificación fai que moitos pais e nais estean a matricular aos nenos e nenas en centros noutros concellos, cos prexuízos para a conciliación que isto supón”.

Paloma Castro recorda que “dende o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia levamos anos solicitando a creación dun novo CEP” e que “algunhas destas demandas foron aprobadas por unanimidade no Pleno de Salceda de Caselas e trasladadas á Xunta”.

FBAC promove ações de formação digitais de curta duração

A iniciativa destina-se a profissionais do setor da cultura e educação, mas alarga-se ao público em geral. O objetivo consiste em capacitar os participantes de conhecimentos técnicos e ferramentas orientadas em estratégias de mediação e comunicação com os públicos.

Segundo o presidente da FBAC, Nuno Correia, “esta iniciativa vem colmatar alguma carência a nível da oferta formativa, especialmente no setor cultural, e promover a qualificação e valorização do trabalho dos artistas, profissionais e educadores”.

O ciclo de formações arranca no próximo dia 16 de outubro (sábado), sobre a temática “Marketing Digital – ferramentas aplicadas ao setor cultural” e é orientado por Vasco Marques.  Já a 23 de outubro, Isabel Freitas (Universidade Portucalense), promove a formação “Turismo, património e arte – uma visão além-fronteiras”. A última sessão de 2021 será ministrada por Filipe Serra, no dia 13 de novembro e versará sobre “Os Direitos de Autor nas organizações culturais”.

Em 2022, as temáticas serão acessibilidade na cultura, mediação cultural e transmedia e storytelling.

As sessões terão a duração de 6 horas (10h00-13h00, 14h00-17h00) e a certificação será outorgada pela Fundação Bienal de Arte de Cerveira e, no caso dos docentes, pelo Centro de Formação do Vale do Minho. A participação é gratuita e limitada, mas encontra-se sujeita a inscrição.

De referir que a iniciativa é promovida no âmbito da candidatura “Fundação Bienal de Arte de Cerveira: a Arte Contemporânea integrada na sociedade e no mundo” (2020 – 2021 – Apoio Sustentado – Artes Visuais), que conta com o apoio da República Portuguesa – Cultura / DG-ARTES Direção-Geral das Artes.

Calendário das ações de formação de curta duração:

  • 16 de outubro 2021 | “Marketing Digital – ferramentas aplicadas ao setor cultural”

Vasco Marques

Docentes: Grupo de recrutamento 600, 240

  • 23 de outubro 2021 | “Turismo, património e arte – uma visão além-fronteiras”

Isabel Freitas

Docentes: Grupo de recrutamento 200, 240, 400, 420, 600

  • 13 de novembro 2021 | “Os Direitos de Autor nas organizações culturais”

Filipe Serra

Docentes: Grupo de recrutamento 600

Ponteareas organiza unha visita guiada para coñecer a obra dos mestres Cerviño no municipio

A visita guiada sairá do cemiterio municipal de Ponteareas, un dos epicentros da obra do “Mestre Cerviño”

Ignacio e José, ambos de apelido Cerviño, coevos e procedentes de Aguasantas, en Cotobade, son dous escultores cunha gran pegada no patrimonio artístico de Ponteareas e da súa bisbarra. Existe certa polémica entre os investigadores na atribución da autoría das distintas obras do chamado “Mestre Cerviño”, dada a súa coincidencia en tempo e nome, e ambos autores de obras na vila de Ponteareas de gran valor. Para coñecer o seu legado, o Concello organiza unha visita guiada o vindeiro domingo, 3 de outubro, ás 11.00 horas con saída no cemiterio municipal, un dos epicentros da obra do “Mestre Cerviño” en Ponteareas.

A actividade é de balde e as persoas interesadas poden apuntarse na Biblioteca Municipal, en [email protected] e no 986 660 765. Esta visita forma parte do programa “Coñece Ponteareas”, que organiza a Concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, para pór en valor o patrimonio cultural e natural da vila do Tea.

A través da visita ao legado dos mestres Cerviño, e da polémica da súa autoría, coñeceremos tamén moitos aspectos da historia da vila. Visitaranse obras destacadas destes autores, como a Fonte da Fama ou do Anxo, o Desencravo do barrio das Cachadas e outras, especialmente os traballos dos Cerviño no cemiterio municipal, un verdadeiro museo no que se atopan varios panteóns asociados aos artistas.

Aberto o prazo de presentación de fotografías do certame do Obradoiro Fernando Monroy

0

O Obradoiro Fernando Monroy continúa coa súa actividade habitual e procedeu á apertura do prazo de presentación de fotografías para o seu certame anual, que nesta edición repartirá un total de 650 euros en premios. A directiva mantén os principios básicos desta actividade e volverá a presentar varios premios. Deste xeito, haberá unha instantánea gañadora que levará 200 euros. Despois hai dúas categorías: a de adultos con tres premios (150, 100 e 75 euros) e a de xuvenís con dous (75 e 50 euros). Recordamos que están considerados xuvenís os menores de 16 anos.

A temática é libre pero é preciso indicar onde se realizou cada unha das fotos. Deberán ser presentadas en formato impreso como se recolle nas bases (dispoñibles do Facebook @ObradoiroFernandoMonroy) e tamén enviadas en formato dixital ó correo do colectivo ([email protected]). O lugar físico para presentar a obra é o Círculo Cultural de Cesantes. Pode levarse en persoa ou enviarse por correo ordinario.

O prazo límite é o vindeiro mércores 3 de novembro e o longo dese mes o xurado dará a coñecer ós gañadores do certame. É preciso recordar que, ademais de optar ós premios, as fotografías presentadas serán despois expostas en diversos centros culturais de Redondela. A colección correspondente ó concurso de 2020 xa pasou polo Círculo Cultural de Cesantes, o Multiusos de Redondela, o de Chapela, o Centro Cultural de Cedera e a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda. Desde xeito, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy fai un importante traballo para divulgar a obra de todos os participantes para poñer en valor o seu esforzo.