11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas'O teu Xacobeo' remata a segunda edición con máis de 550 participantes,...

    ‘O teu Xacobeo’ remata a segunda edición con máis de 550 participantes, das cales 40 do concello de Ponteareas

    Por segundo ano, Cruz Vermella e a Xunta de Galicia sacan adiante o proxecto “O teu Xacobeo”. Con esta iniciativa búscase fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a NG: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes…, potenciando o valor do Camiño de Santiago. A iniciativa está promovida e financiada pola
    Xunta de Galicia e conta cunha aportación de 15.500 euros.

    Os participantes percorreron diferentes variantes do Camiño, pasando polos concellos de Pontevedra, Tui, Catoira, Cambados e a Illa de Arousa, entre outros. Foron un total de 14 saídas repartidas entre o 15 de maio e o 25 de setembro de 2021. As últimas saídas fixéronse este venres e sábado, o sábado sairá un autobús dende Ponteareas rumbo a Santiago para xuntarse cos grupos de Vigo e Baixo Miño, e dar peche á edición.

    O proxecto tivo moita aceptación por parte dos participantes : “La salida fue estupenda. Repetiría, me gustaría seguir haciendo el camino, así, por etapas. Ir haciendo otros 5 o 6km, hasta terminar el camino”. Comentaba unha das participantes usuarias do programa de persoas maiores.

    Outra das participantes, neste caso do programa de inclusión, facía fincapé nas ganas que tiña de seguir coñecendo a zona, xa que por motivos da COVID-19 esta era a súa primeira saída turística: “A mí me ha parecido una experiencia realmente maravillosa, ya que yo llevo un año y medio acá, llegué cuando estaba iniciando la pandemia y esta es mi primera salida turística para conocer de las maravillas que tiene Vigo y sus alrededores. Estoy encantada y espero que me sigan invitando y avisando de las actividades que hay.”

    O obxectivo destas saídas é potenciar o valor do Camiño de Santiago como unha oportunidade de participación social que promova o valor cultural de Galicia, a través de hábitos de vida saudables, protexendo o entorno e promovendo espazos de ocio alternativos, así como a inclusión dos colectivos vulnerables e o seu acceso aos recursos de ocio, culturais e de patrimonio coma o resto de cidadáns.

    Dentro deste marco, e como actividade para finalizar a edición, dende a Xunta e Cruz Vermella organizaron un concurso de debuxo para todos os usuarios da ONG, co que pretenden dar a coñecer o rico patrimonio que ofrece o Camiño de Santiago.

    A temática é o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago a través do cal pretenden que os participantes dean a súa visión do Camiño. A técnica artística a empregar é de libre elección e as categorías para participar divídense por rangos de idade: infantil (6-12 anos), xuvenil (13-18 anos) e adultos (maiores de 18 años). Os gañadores recibirán un obsequio e as obras gañadoras serán publicadas no calendario de Cruz Vermella do próximo ano.

    Durante o ano 2019 desenvolveuse a primeira edición deste proxecto, no que participaron 434 persoas pertencentes aos distintos colectivos que atende a organización chegadas dende todas as asembleas comarcais de Cruz Vermella na provincia, igual que na segunda edición: Baixo Miño, O Condado, Vigo, Redondela, O Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, Lalín e Pontevedra. O proxecto tivo unha gran acollida, e realizouse seguindo as pautas e normativas pola Covid-19, gardando a distancia social necesaria para no poñer en perigo a ningún dos participantes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.