12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO río Tea acolle unha solta de alevíns de salmón ao abeiro...

    O río Tea acolle unha solta de alevíns de salmón ao abeiro do proxecto Migramiño

    A alcaldesa, Cristina Fernández, e as concelleiras de Medio Ambiente e Infraestruturas básicas, Rosa Covelo e Lola Covelo, acompañaron no acto á directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo

    Ponteareas continúa achegando o seu gran de area ao proxecto Migramiño, unha iniciativa que busca mellorar a protección e xestión sostible do espazo natural da fronteira que conforma a subconca internacional do Miño, incluíndo os seus afluentes. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila; a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo; e a edil de Infraestruturas básicas, Lola Covelo, acompañaron este luns á directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, na visita á área recreativa da Freixa, onde se procedeu a unha solta de alevíns de salmón.

    O concello de Ponteareas participou “de forma moi activa” neste proxecto que contou con fondos Feder e no que se traballou dende o ano 2017 con Portugal para protexer e conservar as poboacións de peixes migradores na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e que puxo en valor o papel clave que xogan os ecosistemas fluviais como corredores ecolóxicos. En total, ao longo de todo o proxecto liberáronse máis de 100.000 xuvenís de salmón e 1.600 quilos de anguías no tramo internacional do río Miño.

    Ao longo dos catro anos de duración do proxecto, Ponteareas colaborou “con moitas ganas e ilusión nesta iniciativa que procura mellorar a accesibilidade eliminando obstáculos, para inventariar especies, controlar invasoras ou realizar estudos sobre a diversidade piscícola, entre outras cousas”, salientou a edil ponteareá.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.