11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación rende homenaxe ao sector do turismo cun showcooking "histórico"

    A Deputación rende homenaxe ao sector do turismo cun showcooking “histórico”

    Os restauradores reinterpretaron no acto do Día Internacional do Turismo pratos do caderno de receitas das irmás Mendoza, que conserva o Museo de Pontevedra

    Pasado e presente da gastronomía da provincia uníronse esta mañá no acto especial da Deputación de Pontevedra para celebrar o Día Internacional do Turismo. Cinco grandes chefs reinterpretaron no Pazo Provincial receitas das irmás Mendoza, mulleres adiantadas ao seu tempo e moi comprometidas coa vida cultural e a sociedade pontevedresa de finais do século XIX e principios do XX. A degustación tivo como obxectivo facer un recoñecemento a todo o sector turístico da provincia. “Somos o destino turístico máis potente de toda Galicia e un dos máis potentes do Estado. Temos un sector privado comprometido, serio, que arrisca, que traballa pola calidade e que non se rendeu durante a pandemia”, enxalzou a presidenta  Carmela Silva, , acompañada pola deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

    Marcos Cerqueiro e Iago Pazos, de Loxe Mareiro (Carril, Vilagarcía), deron a súa propia sinatura ao “Cup Condesa” das irmás Mendoza, mentres que Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, Vila de Cruces) reinterpretou a “Sopa de hortalizas”. Pola súa banda Iñaki Bretal (Eirado da Leña, Pontevedra) fixo o propio coa “Merluza en salsa”, Elisa (Mamá Lela) actualizou o “Lomo con Pementos” e José Bértolo de Casa Solla pechou o menú cun “Biscoito de chocolate palacio”. Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas acompañaron a degustación, que contou cunha gran representación do sector. Responsables do Clúster de Turismo, Feprohos, Aviturga, Festivais Rías Baixas, os CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio, Ruta da Sidra, produtoras e produtores participaron no acto, conducido pola sumiller Carlota Iglesias (Cabanas, Lalín).

    A presidenta da Deputación destacou os recoñecementos dos e das chefs dos restaurantes participantes no showcooking,  dous deles con Estrela Michelín e varios con soles Repsol e distintivos SICTED, e púxoos como exemplo da excelencia gastronómica da provincia, ademais de agradecer o traballo de todas as entidades representadas no acto e do director do Museo de Pontevedra. A entidade cultural dependente da institución provincial, “lugar de atracción cultural que irradia a toda a provincia” – subliñou Silva-, garda cinco cadernos de receitas das irmás Mendoza, antigas propietarias do Palacete que leva o seu nome en Pontevedra e que hoxe é a sede de Turismo Rías Baixas.

    Ademais, a presidenta estendeu a súa homenaxe a todo o sector no Día Internacional do Turismo, que este ano leva como lema “Turismo para un crecemento inclusivo”. “Queremos que este acto sexa un recoñecemento non só as persoas que elaboran os pratos da nosa gastronomía, senón tamén ás produtoras e produtores e a todo o sector, un sector que é fundamental para a nosa economía, que nos convirte nunha referencia internacional, que é resiliente e que ten un enorme presente e futuro”, resaltou Carmela Silva.

    A máxima responsable da Deputación lembrou que “se houbo un sector que padeceu o impacto da pandemia foi o turístico”, e salientou que “con intelixencia, talento e creatividade” as empresas da provincia conseguiron “ser a envexa de todas e todos”. Silva indicou que Pontevedra Provincia ten “o mellor produto do mundo” e un sector “moi variado e comprometido”, citando como exemplo que é o territorio con máis selos SICTED de toda España . Ademais fixo unha mención especial ao Carlos Oroza e o Manuel Antonio por formar “as persoas que atenden a quen nos visitan”, e cualificounos como “os mellores centros de todo o Estado” na súa especialidade. Igualmente agradeceu aos festivais que contribúan a promocionar na súa oferta cultural o turismo e a gastronomía da provincia.

    “Gocemos do privilexio de vivir nunha provincia máxica que permite que acontezan cousas marabillosas, e fagámolo neste edificio histórico que tamén forma parte do noso patrimonio”, proclamou a presidenta antes do inicio da degustación, na que cada chef explicou como reinterpretou as históricas receitas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.