10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán fai historia ao coronar en Patos aos vencedores do Campionato de...

    Nigrán fai historia ao coronar en Patos aos vencedores do Campionato de España de Surf Adaptado

    Ibon Gurrutxaga, Xabier Ayestarán, Audrey Pascual, Marcos Tapia, Sarah Almagro, María Martín Granizo, Carlos Dopico, Aitor Francesena, Ander Goenaga, Carmen López e Celia Gramse conquistan o cetro nacional nas súas respectivas modalidades

    A praia de Patos, no concello galego de Nigrán, converteuse este pasado sábado 25 de setembro na festa da inclusión, deportividade e competición ao albergar a súa primeira edición do Campionato de España de Surf Adaptado (o internacional, previsto para o domingo, trasladouse a Portugal ante a falta de ondas). O evento, cunha das participacións máis altas da súa historia, deixou como novos campións nas súas respectivas categorías a: Ibon Gurrutxaga, Xabier Ayestarán, Audrey Pascual, Marcos Tapia, Sarah Almagro, María Martín Saraiba, Carlos Dopico, Aitor Francesena, Ander Goenaga, Carmen López e Celia Gramse.

    “Foi unha fin de semana emocionante, con decenas de deportistas entusiasmados e que nos deron a todos unha lección de vida e de superación”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González, quen avanza que propuxo xa á Federación Española e Galega de Surf que Patos volva ser sede en 2022 do campionato galego, nacional e internacional. “Somos un concello coñecido en Galicia polo surf e en toda España polas nosas políticas de inclusión levadas a cabo grazas ao equipo interdisciplinar ‘Un Nigrán para todos’, por iso non pode haber maior orgullo para esta localidade que acoller este campionato e que sexamos un referente tamén de deporte e inclusión e, en concreto, de surf adaptado”.

    “Estamos moi contentos co campionato, acompañounos o sol, víronse unha chea de caras novas na auga, un gran nivel dos competidores e unha numerosa afluencia de público. A verdade, mellor imposible!”, resumía Román Díez, presidente da Federación Galega de Surf, evento que promoveron xunto a Quenlla Surf Clube, Federación Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’.

    Como mostra un botón, o surf adaptado en España non para de crecer en número e en repercusión. Hai un ano o equipo español proclamábase campión do mundo e en escasos dous meses volverá a California a tratar de revalidar o título.

    Dentro deste evento, o Concello ofreceu senllas charlas no IES Val Miñor e no Auditorio Municipal de Aitor Francesena ‘Gallo’, surfeiro invidente que revalió o título nacional en Patos (é tamén campión mundial). “As sensacións de surfear con vista e cego son completamente diferentes, estando cego é brutal, multiplícanse e énchenche, son satisfaccións diferentes porque agora tes que estar totalmente atento ao mar, ao que che está dicindo cada onda, é case a túa única referencia”, explica. “Deime conta de que non me mareaba, e a partir de aí empecei a practicar con táboas máis grandes e adaptadas á miña realidade, hoxe surfeo como calquera persoa sen discapacidade”. Aitor ‘Gallo’ ( Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por abrir a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando aínda conservaba a vista nun dos seus ollos, e despois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por alcanzar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.