11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación celebra o luns o Día Internacional do Turismo cun showcooking

    A Deputación celebra o luns o Día Internacional do Turismo cun showcooking

    O acto concentrará aos chefs de Eirado da Leña, Casa Solla, Loxe Mareiro, O Refuxio de Merza e Mamá Lela para reinterpretar os históricos receitarios das irmás Mendoza

    A Deputación celebrará o Día Internacional do Turismo, este próximo luns 27 de setembro, co “acto máis potente que se vai organizar en Galicia”. Terá lugar ás 12.30 h e consistirá, tal e como detallou a presidenta Carmela Silva, “nun innovador formato de showcooking que incidirá na historia e cultura da provincia e no que  imos poñer en valor a tradición local, o produto autóctono, a nosa excelente gastronomía e ás e aos profesionais que fan posible que aquí se vivan experiencias únicas”.

    O acto, que estaba previsto no Palacete das Mendoza pero que ante a previsión de chuvia trasladarase ao salón de plenos do Pazo da Deputación, concentrará a chefs embaixadores da provincia de Pontevedra, así como a restaurantes e sumillers distinguidos co selo de calidade do SICTED. A gran novidade é que o showcooking tomará como referencia os receitarios das irmás Mendoza, Concepción e María (antigas propietarias do Palacete), para “actualizalos ao século XXI”. Neste proceso a Deputación de Pontevedra contará con chefs embaixadores das Rías Baixas como Iñaki Bretal (Eirado da Leña, en Pontevedra, estrela Michelin) que preparará “merluza en salsa” e Casa Solla (Poio, estrela Michelin) que elaborará “biscoito de chocolate palacio”. Tamén con Marcos Cerqueiro e Iago  Pazos (Loxe Mareiro, en Vilagarcía, distintivo SICTED) que farán “cup condesa”, con Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, en Vila de Cruces, distintivo SICTED) que se encargará da “sopa de hortalizas”, con Elisa (Mamá Lela, en Cerdedo-Cotobade, distintivo SICTED) que preparará “lomo con pementos” e con Carlota Iglesias (Cabanas, Lalín, co distintivo SICTED) que seleccionará viños da DO Rías Baixas.

    Está previsto que se dean cita no showcooking representantes de asociacións de hostalería, aloxamento, guías e viaxes, así como profesionais do turismo e bloggers turísticos. Amais, todas as receitas que reinterpretarán as e os chefs que van participar no showcooking formarán parte dunha páxina web específica que terá tamén información sobre a historia do Palacete das Mendoza e das irmás Mendoza, María e Concepción.

    O lema que escolleu a Organización Mundial do Turismo para celebrar o Día Internacional do Turismo neste 2021 céntrase en “Turismo para un crecemento inclusivo”, para apelar na importancia de fomentar un “turismo inclusivo, sustentable, que aporte beneficios alongo prazo e contribúa ao desenvolvemento económico e social”, remarcou Carmela Silva. “Coincide –engadiu- coas liñas clave do noso Plan Estratéxico de Turismo 21-23”.

    “Rías Baixas volve ser o centro turístico de Galicia”

    A presidenta da Deputación aproveitou a publicación dos datos do INE deste verán para remarcar o “rotundo éxito” do destino a nivel turístico. “Rías Baixas – asegurou Carmela Silva- volve ser o centro turístico de Galicia”, con 408.984 persoas viaxeiras e 1.135.161 pernoctacións rexistradas no verán.

    “En xullo e agosto tivemos ata un 54% de persoas viaxeiras máis que durante o 2020 e se falamos de noites facturadas a porcentaxe incrementouse un 55% con respecto ao verán do pasado ano”, informou a presidenta. Neste último caso, Carmela Silva destacou que “a provincia de Pontevedra é, das catro galegas, a que tivo o maior número de pernoctacións, representando o 44% das rexistradas fronte ao 40% da Coruña, o 13% de Lugo ou o 3% de Ourense”. Os datos foron “tamén espectaculares” nos puntos turísticos que analizou o INE como Vigo, Sanxenxo ou O Grove. Neste caso a presidenta recordou que Vigo recibiu este verán un 66% máis de turistas que no 2020, O Grove un 40% máis e Sanxenxo un 31% máis.

    No que respecta á ocupación hoteleira de agosto o INE anotou “cifras de récord para a provincia”, asegurou a presidenta. Así, “se a media galega foi do 70%, na provincia de Pontevedra chegou ao 75% o que nos sitúa como a provincia líder, por riba da Coruña, cun 71%, Lugo cun 65% e Ourense cun 51%”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.