15.2 C
Pontevedra
Xoves, 30 de Novembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece este sábado actividades de concienciación e sensibilización medioambiental na praia...

    Nigrán ofrece este sábado actividades de concienciación e sensibilización medioambiental na praia de Patos e Cansadoura

    Este pasado domingo unha quincena de persoas coordinadas desde o Concello retirou 150 kg de lixo do río Muíños como parte da iniciativa de Adega 'Móllate polos ríos'

    O Concello de Nigrán ofrece  este sábado 2 de outubro  diversas actividades na praia de Patos e Cansadoura abertas ao público e dirixidas a promover a concienciación e sensibilización medioambiental. Con este mesmo fin, o pasado domingo unha quincena de persoas coordinadas desde o Concello retirou 150 kg de lixo do río Muíños como parte da iniciativa de Adega ‘Móllate polos ríos’, cita á que cada ano se suma Nigrán.

    Así, coa colaboración do festival Vive Nigrán e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, o Concello organiza este sábado 2 de outubro a derradeira xornada ‘Vive Sostible’ adicada esta vez a retirar lixo mariño da Praia da Cansadoura, ao carón de Patos e onde nunca antes se intervira. Os interesados teñen como límite este venres 1 de outubro ás 13:00 horas para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es (o punto de encontro é ás 10:00 horas ao final do mercado de Patos, na rampla que baixa a este areal). Recoméndase levar luvas, auga e calzado e roupa axeitados. A continuación, ás 12:00 horas, Alfredo López, membro da xunta directiva do GALP e coordinador do CEMMA, organizará un simulacro de rescate dun golfiño vivo dirixido a todos os participantes e a todo aquel que se queira sumar.

    Xa pola tarde e na praia de Patos ás 17:00 horas, Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra, impartirá un obradoiro técnico dirixido a todo tipo de público e destinado a analizar os microplásticos que se atopan na area, para o que levará un microscopio e lupas de aumento. Para esta actividade non é preciso inscrición previa, simplemente hai que presentarse á hora sinalada no paseo (á altura da caseta de Protección Civil).

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.