9.6 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasCorenta persoas desempregadas participarán nos dous obradoiros duais que ofrecen Ponteareas e...

    Corenta persoas desempregadas participarán nos dous obradoiros duais que ofrecen Ponteareas e As Neves

    Comezarán a súa actividade en outubro, durarán nove meses e incluirán a posibilidade de realizar prácticas en empresas ao remate da formación

    40 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves poderán acceder a dous obradoiros de emprego dual que comezan en outubro na vila do Tea, un centrado na atención sociosanitaria de persoas dependentes e outro que formará ao alumnado na realización de actuacións forestais que se porán en práctica no parque da Picaraña de Ponteareas e no Chan de Vide das Neves. Estas accións formativas contarán cun orzamento de 347.000 euros que financia a Xunta de Galicia.

    Estes obradoiros son a continuación de dúas formacións similares que ambos concellos impartiron durante os últimos meses. A alcaldesa, Cristina Fernández, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mostráronse “moi contentos de poder ofrecer esta oportunidade laboral á veciñanza”, nunha visita ao alumnado dos obradoiros duais que rematan este mes en Ponteareas e As Neves. Ademais, destacan que as accións formativas inclúen a posibilidade de prácticas en empresas ao remate da formación, o que supón “unha grande oportunidade de incorporarse ao mercado laboral”.

    A formación no ámbito sociasanitario preparará ao alumnado para atender a persoas dependentes no domicilio, aprenderán un conxunto de ferramentas de atención dende unha perspectiva integral e normalizadora para atender a persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou sufran casos de desintegración familiar. A formación será tamén para o traballo en institucións sociais, os/as alumnos/as durante o servizo deberán aplicar os coñecementos adquiridos na súa estancia na residencia de maiores Santa Ana e no complexo residencial de atención a persoas dependentes de Vigo.

    A formación en actuacións forestais consistirá en realizar as operacións auxiliares necesarias para a conservación e mellora do monte, para a repoboación forestal, para a corrección hidrolóxico-forestal e a execución de tratamentos silvícolas no Parque Forestal da Picaraña (Ponteareas) e no Chan de Vide (As Neves).

    A concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, explica que as persoas interesadas para realizar a inscrición e pedir máis información deberán solicitar unha cita previa na oficina de emprego de Ponteareas. A edil anima á veciñanza a asistir a esta formación porque pode ser “unha grande oportunidade para traballar en dous sectores con moito retorno positivo na nosa contorna”, conclúe.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.