Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe das categorías benxamín, alevín e infantil

O pasado sábado 25 de setembro, o municipio de Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe, no que participaban deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil e ao que acudiu o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

Na categoría de alevíns, o primeiro posto foi para Marta Fraga, do CPA Maxia de A Coruña, a segunda posición a obtivo Carla Gilsanz, do CPA Gondomar, e por último, a terceira posición foi para a patinadora do CPA Condado, María Miranda.

Podio alevín feminino

As tres patinadoras clasificáronse así para o Campionado de España, que este ano celebrarase en Figueres (Gerona) o próximo 21 e 22 de outubro.

Respecto aos resultados da categoría infantil, a primeira praza obtívoa Olivia Rey, do CPA Maxia, a segunda praza Xiana Fernández, do CPA Gondomar e a terceira praza foi para Lola Álvarez, tamén do CPA Gondomar.

Podio infantil feminino

Por parte do CPA Condado a patinadora Noa Movilla obtivo una meritoria oitava praza nunha competición de gran nivel. Nesta caso, tan só as dúas primeiras prazas participarán no Campionato de España.

En canto á categoría masculina alevín, o ouro foi para Pablo Mendoza, do CARPA de Vigo, e en infantil masculino primeira praza foi para Rodrigo Costas, do CPA Gondomar, a segunda praza obtívoa Raúl Sánchez, do Berenguela, e a terceira praza foi para Lois Rivas, do CPA Maxia. 

Todos os patinadores masculinos clasificáronse para o Campionato de España. 

Podio infantil masculino