16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

    Ata o 30 de setembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre fotografía, Google Analytics e Pinterest

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a técnica e a composición na fotografía, sobre como dar os primeiros pasos con Google Analytics 4 e utilización de Pinterest para impulsar o negocio turístico.

    En concreto, este martes 28 impartirase o obradoiro “Técnica e composición en fotografia”. Estará a cargo de Lara Taboada, Titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, quen falará da utilidade de ter en contar multitude de factores no momento de facer unha foto e conseguir, deste xeito, unha toma interesante que chame a atención.

    O mércores 29 será a quenda de “Primeiros pasos con Google Analytics 4” a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen explicará as novidades desta ferramenta comparándoa coa versión anterior. Este obradoiro amosará a importancia do análise da información que nos facilitan os usuarios.

    Para finalizar, o xoves 30 pola tarde, Mariana Rosa falará de “Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico”, obradoiro que centrarase na boa utilización de contidos e estratexias para sacarlle o máximo partido.

    As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.