11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPasarrúas, animación, lanzamento de globos e moita música en Ponteareas no arranque...

    Pasarrúas, animación, lanzamento de globos e moita música en Ponteareas no arranque das festas de San Miguel

    Grande acollida dos concertos do grupo América e de Tanxugueiras, que esgotaron rapidamente todas as entradas

    Ponteareas celebra as festas de San Miguel con actividades para todos os gustos e toda a familia con animación e moita música na vila durante toda a semana. A primeira cita será o mércores 29 de setembro cos xigantes e cabezudos, que percorrerán as rúas do centro urbano acompañados do Grupo Folclórico Naiama a partir das 11.30 horas. Tras eles, e como xa é tradición nas festas, os globos de San Miguel encherán o ceo ponteareán ás 13.30 horas. O Concello agradece o intenso traballo que cada ano realizan todas as persoas implicadas na confección destes delicados globos lanzados cada ano coa colaboración de Enrique González, veciño de Covas, e tan cheos de simbolismo.   

    A programación festiva continuará pola tarde con animación de rúa ás 17.00 horas e co concerto da Banda de Música A Unión de Guláns na Praza Fernández Vega ás 19.00 h. A interpretación de clásicos do rock, pop e heavy metal de todos os tempos a mans do grupo América a partir das 21.00 h no aparcadoiro da Avenida Castelao porá o broche de ouro á xornada.

    O xoves 30 de setembro o grande protagonista será Tanxugueiras, un grupo de folk galego que se perfila como favorito dos fans de Eurovisión para representar a España na vindeira edición do certame. A súa canción, ‘Figa’, foi a máis votada entre unha listaxe de 100 propostas feita por Eurovisión-Spain e composta por todo tipo de artistas consagrados e emerxentes. Un potencial escénico e unha autenticidade que abren a posibilidade de levar unha canción nunha das linguas oficiais do estado por primeira vez na historia.

    Dende o Concello agradécese a grande acollida da programación das festas de San Miguel deste ano, coas entradas das actuacións de América e Tanxugueiras esgotadas en apenas unhas horas. Saliéntase ademais a gran calidade dos espectáculos, de balde e pensados para todos os públicos, e anímase a todas as persoas a gozar das diferentes actividades previstas para estes días.  A programación das festas continuará o venres 1 de outubro, sábado 2 e domingo 3 con diferentes actividades para todas as idades.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.