10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Castelo de Soutomaior, escenario da Gala do Deporte da Deputación de...

    O Castelo de Soutomaior, escenario da Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra

    No evento do próximo xoves farase entrega das bolsas da marca provincial de alto nivel DepoDan e DepoPromesa para 181 deportistas

    Os xardíns do Castelo de Soutomaior serán o escenario o próximo xoves, ás 19.00 horas, da Gala do Deporte provincial, organizada pola Deputación de Pontevedra, na que se entregarán as bolsas DepoDan e DepoPromesa a 181 deportistas que teñen a marca provincial. No evento, que será conducido polo xornalista Terio Carrera e a capitana do Atlético Guardés de balonmán feminino, Lorena Pérez, se fará un recoñecemento especial ás olímpicas, olímpicos, paralímpicas e paralímpicos que deixaron tan alto o nome da provincia nos Xogos de Tokio, así como a todas as e os deportistas de alto nivel e “promesas” que tantos éxitos acadan ano tras ano convertendo á provincia en todo un referente no mundo do deporte. A Gala arrancará cunha homenaxe a Fran Teixera, histórico adestrador de balonmán e traballador da Deputación, falecido recentemente, e contará coa actuación de Carlota Crey, música que forma parte do directorio de “Descubreas”, a iniciativa provincial coa que se reivindica o papel das mulleres no sector.

    A presidenta da Deputación amosou o seu orgullo “polo nivelazo do noso deporte e lembrou que é o terceiro ano que a Deputación de concede as bolsas DepoDan e DepoPromesa “que permite ás e aos deportistas adestrar e preparar os seus obxectivos e tamén que poidan participar en competicións nacionais e internacionais”. Do total das bolsas concedidas 137 serán para deportistas de alto nivel, que recibirán 174.300 euros, e as 44 restantes para deportistas promesa, que contarán con 24.700 euros.

    Carmela Silva lembrou que o proxecto estaba dotado con 250.000 euros e como “moitas e moitos deportistas non puideron solicitar as súas bolsas porque estaban en grupos burbulla antes das olimpíadas ou mesmo xa en Tokio, imos a sacar unha segunda convocatoria para cubrir todo o orzamento e que ninguén se quede sen bolsas”

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.