25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: xosé emilio barros

    Mondariz aposta polo emprendemento local a través das III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural

    Este sábado, 12 de novembro, están programadas as III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural de Mondariz. Nesta edición, as iniciativas de recuperación de terras abandonadas que se visibilizan xiran arredor de experiencias emprendedoras no territorio galego que poidan servir de inspiración para persoas e colectivos sociais que estean buscando oportunidades de desenvolvemento socioeconómico no medio rural.

    Mondariz ultima a legalización do colector xeral de augas residuais

    O Concello de Mondariz continúa traballando para solucionar os problemas de conexión da rede municipal de saneamento coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) construída en Mondariz-Balneario. Ao tempo que insiste no cumprimento do convenio de colaboración que asinaron os dous concellos en 2005 para o sostemento conxunto da gardería infantil, o punto limpo e a depuración de augas residuais, está en proceso de legalización do colector xeral de augas residuais construído en 2015 na marxe esquerda do río Tea.

    Mondariz solicita a Mondariz Balneario “que aclare” os custos do tratamento de augas residuais

    O Concello de Mondariz envioulle ao Concello de Mondariz-Balneario este luns un terceiro requerimento de información sobre os importes relacionados co servizo de tratamento de augas residuais que se realiza na EDAR.

    Cortados cinco dos icónicos tileiros da praza de Mondariz polo seu deteriorado estado de conservación

    Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz tomou a decisión de cortar as cinco máis danadas para evitar riscos en materia de seguridade. Durante a xornada laboral do xoves, varios operarios municipais completaron a tarefa coa axuda de dous vehículos con guindastres. Unha vez derrubados, os pés das árbores amosaban un estado de podremia interna que xustificaba a medida.

    Mondariz facilita o emprendemento local a través dun viveiro de empresas

    O Concello de Mondariz, consciente de que a carencia de espazos para usos empresariais é unha das dificultades das novas emprendedoras locais, vén traballando desde hai meses non proxecto de viveiro de empresas en instalacións municipais que xa é unha realidade, despois de ser aprobado na última sesión plenaria da Corporación Municipal e ser anunciado no BOPPO para a súa exposición pública durante 30 días.

    Mondariz pon en marcha un servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas

    O Concello de Mondariz ten previsto pór en marcha en outubro un novo servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, despois da aprobación da ordenanza fiscal reguladora correspondente na última sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal.

    Mondariz goza do ‘Pump Track’ máis grande de Galicia grazas ao Plan Concellos da Deputación

    O Concello de Mondariz vén de gañar un novo e moderno espazo para o deporte no antigo campo de fútbol da Minada, que agora alberga o circuíto 'pump track' asfaltado máis grande de Galicia. A infraestrutura, que forma parte do Centro de Ocio e Deporte Urbano que proxecta o Goberno municipal, foi financiada cunha achega de 48.399 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

    Mondariz, referencia estival para o fútbol base

    As instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz, convertéronse este verán en epicentro da promoción do fútbol base na provincia, cun campus e cun torneo internacional organizado pola escola MS2, do exfutbolista galego Míchel Salgado. O Concello de Mondariz, interesado en fomentar a actividade turística e deportiva na localidade, apoiou o proxecto e colaborou activamente coa organización para atraer visitantes en condicións de seguridade.

    Mondariz levará a Pleno a mellora e ampliación dunha senda fluvial no río Xabriña

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña, que transcorre pola beira do río Xabriña, afluente do Tea e parte do espazo protexido pola Rede Natura 2000.

    Charla informativa sobre as traídas de augas veciñais en Mondariz

    O Concello de Mondariz convocou esta semana a representantes de traídas de augas veciñais das diferentes parroquias para participar este sábado nunha charla informativa sobre a situación actual e os retos de futuro da xestión comunitaria da auga. No evento, ademais do alcalde e concelleiro de Participación Veciñal, Xosé Emilio Barros, estará Rafael Carrera, directivo da Comunidade Xeral de Augas de Galicia (COXAPO).

    O Goberno de Mondariz reclama “unidade política” para desbloquear o acceso á EDAR de Mondariz-Balneario

    O Goberno de Mondariz, que leva meses buscando un diálogo construtivo co Concello de Mondariz-Balneario para poder conectar un colector xeral á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que comparten ambos concellos, aproveitará a sesión plenaria prevista para o último venres deste mes (28 de maio, ás 20h) para propoñer un acordo da Corporación Municipal sobre esta e outras demandas relacionadas coa EDAR.

    Afectados de Mondariz pola restrición ao tráfico pesado na PO-254 demandan unha reunión urxente coas autoridades da Xunta

    Veciños e veciñas afectados pola recente restrición ao tráfico pesado que impuxo unilateralmente a Xunta de Galicia na estrada autonómica PO-254 ao seu paso por Mondariz-Balneario reuníronse este luns, 3 de maio, tras ser convocados polo Concello de Mondariz para analizar a situación e buscar vías de solución aos prexuízos causados por esta medida.

    A Xunta inviste en melloras de sanemento, limpeza e eficiencia enerxética nas Neves co fondo de compensación ambiental

    A Vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia vén de investir en diversas melloras de saneamento, limpeza, acondicionamento do medio natural e eficiencia enerxética no Concello das Neves ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2020, que reportou máis de 52.000 € para estas actuacións.

    Mondariz estrea un parque infantil cuberto e recupera o local social de Tourón cunha achega de 70.000 euros da Deputación

    Mondariz vén de transformar dous espazos moi relevantes a súa veciñanza ao abeiro do Plan Concellos. Cun investimento total de 70.774 euros, a institución provincial deu un impulso aos servizos que ofrece o concello do Condado coa construción dun parque infantil cuberto e a instalación do tellado no local social de Toutón.

    Mondariz contará cun centro de trituración para a xestión da biomasa

    O Concello de Mondariz está completando a segunda fase do Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra coa construción dun centro de trituración de residuos forestais no recinto do antigo CEIP Riofrío-Vilar, localizado na parroquia de Riofrío (Pé do Muíño s/n), que permitirá controlar a acumulación de biomasa nos puntos verdes das parroquias.

    Mondariz acollerá o ‘pump track’ asfaltado máis grande de Galicia

    O Concello de Mondariz está desenvolvendo un plan de recuperación do espazo lúdico e deportivo do campo da Minada coa construción dun Pump Trak ASFALTADO para practicar actividades con monopatín ou bicicleta en condicións de seguridade. Con 1.200 m² de superficie prevista, o pump track de Mondariz será o...

    O BNG presenta iniciativas en Mondariz e Covelo en defensa da Serra do Suído e o Alto Tea

    O BNG vén de presentar nos concellos de Covelo e Mondariz unha moción en defensa da Serra do Suído e o Alto Tea. O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, que acompañou na presentación desta iniciativa ao alcalde en Mondariz, Xosé Emilio Barros, e ás concelleiras en Covelo, Laura Santiso e Belén Carballo, considerouna unha iniciativa “en defensa do territorio, da poboación e do seu futuro”, e informou de que foi rexistrada tamén en forma de proposición non de lei no Parlamento Galego.

    Mondariz e Covelo inauguran o obradoiro dual ‘Medrando entre todos/as’

    O obradoiro dual "Medrando entre todos/as", organizado conxuntamente polos concellos de Mondariz e Covelo, xa está en marcha. Este mércores, 30 de decembro de 2020, foi inaugurado oficialmente na sede da Escola Municipal de Música de Mondariz (antigo C.E.I.P. Riofrío-Vilar) coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

    Mondariz debate unha cuestión de confianza vinculada á aprobación orzamentaria

    O Pleno da Corporación Municipal de Mondariz debate este mércores, 9 de decembro, sobre unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos Orzamentos Xerais para 2021, na que o alcalde, Xosé Emilio Barros, pon en xogo a súa continuidade no cargo, xunto ao seu equipo de Goberno.

    Mondariz continúa sen orzamentos municipais actualizados

    O goberno de Mondariz levou este venres ao Pleno da Corporación Municipal a súa proposta de Orzamento Xeral para o exercicio 2020, despois de varios meses de conversas cos diferentes grupos políticos. A proposta, que era austera pero incluía partidas para facer fronte a obrigas financieiras do Concello tan importantes como a débeda acumulada desde 2017 coa Xunta de Galicia pola xestión do Centro de Día, non foi aprobada polos votos en contra de Alternativa por Mondariz e Partido Popular, que superaron aos votos a favor de BNG, PSOE e Ciudadanos.

    Mondariz pechará a piscina municipal en verán para destinar máis recursos a servizos básicos

    Considerando os requerimentos extraordinarios en materia de hixiene, desinfección e distanciamento social que figuran no protocolo de Sanidade para a reapertura de piscinas e as características das instalacións municipais, o Concello de Mondariz manterá pechada a piscina municipal durante os meses de verán para preservar a seguridade e priorizar recursos.

    Garda Civil e Policía Local de Ponteareas coordínanse para velar pola protección da veciñanza

    O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, mantiveron esta mañá no salón de plenos, e dacordo coas medidas de seguridade e prevención establecidas, un encontro co tenente da Garda Civil de Ponteareas, o xefe da Policía Local da localidade, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros e o axente de policía deste concello.

    Xosé Emilio Barros, “Mondariz tivo, durante moito tempo, Gobernos cun pensamento que non ía máis aló da seguinte cita electoral”

    Por primeira vez na historia de Mondariz, o concello ten ao seu fronte a un alcalde nacionalista. Xosé Emilio Barros chega á alcaldía co apoio, non pactado dito sexa de paso, dun PP quen –máis por enfrontamento persoal co cabeza de lista de AporM que por táctica política– optaba por apoiar ao BNG. Logo, o pacto co PSdeG-PSOE, contribuía a darlle algo máis de estabilidade a un Goberno que, en minoría, terá que recorrer ao consenso e diálogo para sacar os temas importantes para Mondariz e a súa veciñanza.

    O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais

    O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.

    Mondariz xa ten «luz verde» para rematar as obras do centro urbano

    A empresa adxudicataria das obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz, paralizadas dende xuño de 2019, retomou a súa actividade o xoves, horas despois de que o Concello de Mondariz recibise unha resolución do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra dando conformidade ao proxecto técnico modificado.

    Mondariz mecaniza o servizo de limpeza viaria

    O Goberno de Mondariz vén de incorporar unha máquina varredora-aspiradora para ser empregada na limpeza viaria da área urbana "unha tarefa que se viña facendo manualmente e de xeito rudimentario", di o alcalde Xosé Emilio Barros. O executivo local trata de "optimizar os escasos recursos humanos dispoñibles coa mecanización destas tarefas"

    Mondariz debatirá en Pleno a situación do Centro de Día

    Mondariz afronta unha débeda de 156.875 euros co Consorcio Galego de Benestar Social polo Centro de Día que, a día de hoxe, non está recollida en ningunha partida orzamentaria porque o Concello funciona cun orzamento pensado para 2017.

    O PP de Mondariz considera “inadmisibles”as palabras do alcalde sobre o Centro de Día

    A portavoz do PP de Mondariz, Ana Corredoira, considera "inadmisibles" as declaracións realizadas polo alcalde do municipio, Xosé Emilio Barros, sobre o Centro de Día e esixe do rexedor local "un comunicado desmentindo a súa idea de pechar ese servizo".

    «Xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural» en Mondariz

    O Concello de Mondariz, a través da concellería de Desenvolvemento Económico e Turismo e da axente de Emprego e Desenvolvemento Local, está a organizar unha xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural arredor da fruticultura e, en particular, da produción de mazá e derivados.

    A Xunta rexeita o Plan Económico Financeiro aprobado en Mondariz

    A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia notificou ao Concello de Mondariz que o Plan Económico Financieiro aprobado o pasado 27 de setembro, no último Pleno da Corporación Municipal, "non inclúe as tendencias cuantificadas de ingresos e gastos dos exercicios 2019 e 2020, o cálculo de estabilidade orzamentaria e do gasto computable de ambos exercicios".

    Mondariz agarda a luz verde da Deputación para rematar a humanización do centro urbano

    "As obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz levan paradas dende xuño de 2019 pola necesidade de notificar os múltiples cambios efectuados sobre o proxecto autorizado inicialmente pola Deputación de Pontevedra, que financiou as obras por importe total de 232.735 euros", explicou hoxe o Goberno local de Mondariz que preside Xosé Emilio Barros.

    Mondariz busca estudar as potencialidades do territorio para o desenvolvemento rural

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o tenente de alcalde, Leopoldo Tato, Mantiveron unha xuntanza en Santiago co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. A reunión responde á liña estratéxica do Goberno local "de promover un desenvolvemento rural atractivo para a veciñanza que poña freo á constante despoboación que vén sufrindo o concello nos últimos anos".

    Mondariz prepárase para unha nova edición de «Outono en Son»

    O festival de música coral «Outono en Son» regresa este primeiro fin de semana de outubro a Mondariz para mostrar, por terceiro ano consecutivo, o rexuvenecemento e a orixinalidade deste xénero. A terceira edición do evento, promovido polo coro galego Mistura Vocal, conta coa colaboración do Concello de Mondariz.

    Mondariz organiza unha charla coloquio sobre os danos do xabarín nos cultivos

    O Concello de Mondariz, a través da Concellería de Desenvolvemento Económico e Turismo que xestiona o alcalde Xosé Emilio Barros, orzaniza este sábado, 21 de setembro, unha conferencia coloquio sobre os danos do xabarín nos cultivos que terá lugar ás 21 horas na Biblioteca Pública Municipal 'Xoan Xosé Pérez Labaca'.

    Mondariz dá os primeiros pasos para acadar un orzamento municipal “de consenso”

    O goberno de Mondariz, BNG-PSOE, rematou esta semana os primeiros contactos políticos para establecer unha folla de ruta no proceso de elaboración do novo plan orzamentario municipal. O concelleiro de Facenda, José Luis Fernández, recibiu do alcalde, Xosé Emilio Barros, a encarga de iniciar esta importante labor e así llo fixo saber a todos os partidos políticos representados no Pleno da Corporación Municipal "a través dunha convidación formal a manter unhas primeiras reunións por separado".

    A presión veciñal consegue que se cubra “con carácter permanente” a praza de pediatría en Mondariz

    Nun comunicado de prensa remitido aos medios de comuncación, a Plataforma en Defensa do Pediatra Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo quere poñer en coñecemento de "tódolos veciños, partidos políticos, asociacións e colectivos que apoiaron dende o primeiro momento a xusta reivindicación para que se cubrira con carácter permanente e horario completo a praza de pediatría en Mondariz, M.Balneario e Covelo, que por fin e dende esta semana, xa temos pediatra en Mondariz".

    O Goberno municipal mellora as instalacións do CPI de Mondariz

    As semanas previas ao inicio do curso escolar, o Concello de Mondariz concentrou os seus esforzos en mellorar as instalacións do CPI, un centro de educación infantil, primaria e secundaria no que estudian máis de 300 rapaces e rapazas de Mondariz e concellos veciños.

    Mondariz recibe a un grupo de scouts cataláns

    O equipo de goberno do Concello de Mondariz, encabezado polo alcalde Xosé Emilio Barros, recibirá este martes, 3 de setembro, a un grupo de scouts da asociación 'Escoltes catalans'. En total, son 15 persoas (doce rapaces e rapazas de entre 15 e 16 anos e tres monitoras) chegadas de Alcarràs, un pequeno concello da provincia de Lleida.

    Santos Héctor supervisa en Mondariz as obras de mellora dos campos municipais da Lagoa

    As obras para a dotación e mellora de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, en Mondariz, entran no tramo final de execución, estando previsto que estean rematadas a finais do mes de setembro. O proxecto está financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra con 529.962,31 euros ao abeiro do Plan de Reequilibrio e do Plan Concellos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.