10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz acollerá o 'pump track' asfaltado máis grande de Galicia

    Mondariz acollerá o ‘pump track’ asfaltado máis grande de Galicia

    As obras de construción do circuíto no antigo campo da Minada, iniciadas a principios de marzo, forman parte do Centro de Ocio e Deporte Urbano que proxecta o goberno municipal

    O Concello de Mondariz está desenvolvendo un plan de recuperación do espazo lúdico e deportivo do campo da Minada coa construción dun Pump Trak ASFALTADO para practicar actividades con monopatín ou bicicleta en condicións de seguridade. Con 1.200 m² de superficie prevista, o pump track de Mondariz será o circuíto máis grande do seu tipo en Galicia.

    Esta innovadora actuación municipal, que ascende a 48.399,44 €, está financiada polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e forma parte dun ambicioso proxecto de Centro de Ocio e Deporte Urbano que convertirá a Minada nun lugar de referencia para a mocidade de Mondariz e outros concellos veciños, xa que hoxe en día non existen infraestruturas deste tipo nas comarcas do sur de Pontevedra.

    O circuíto, construído sobre o antigo campo de fútbol da Minada, está situado na Avda. Grupo Escolar, en pleno centro urbano, xunto ao CPI de Mondariz, a biblioteca pública municipal e a Casa do Concello. Ademais, non está lonxe doutras áreas recreativas como a praia fluvial do Val.

    Está concebido como unha pista de 180 metros de lonxitude, con ondulacións e curvas peraltadas á esquerda e á dereita que se adaptan ao regulamento de BMX da Real Federación Española de Ciclismo, polo que nun futuro podería acoller competicións deportivas profesionais. De feito, “unha vez rematadas as obras solicitarase a certificación de circuíto apto para probas federadas”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente e Deporte, Leopoldo Tato. O percorrido consta de varias rectas e curvas, cada unha delas cun deseño de obstáculos diferente para ofrecer varios niveis de dificultade ás persoas usuarias, de 12 anos en adiante.

    A Minada albergaba un campo de fútbol con céspede artificial e bancada de formigón que fora construído fai vinte anos sen cumprir as medidas regulamentarias para a competición deportiva. Durante dúas décadas estivo en desuso como área lúdica e deportiva, chegando a ser empregado como aparcadoiro informal polas veciñas e veciños. “Diante desta situación de abandono, marxinalidade e grave deterioro das instalacións, o goberno municipal buscou alternativas que permitisen recuperar este histórico espazo de interacción social e satisfacer as necesidades da mocidade local”, explica o alcalde, Xosé Emilio Barros. “A idea é crear un Centro de Ocio e Deporte Urbano para a mocidade. Este pump track é a primeira instalación, pero co tempo virán outras”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.