19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz pon en marcha un servizo municipal de baleirado de pozos negros...

    Mondariz pon en marcha un servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas

    A recente adquisición dunha cisterna permitirá que os operarios municipais realicen estes traballos a partir de outubro nas parroquias e barrios que non están cubertos pola rede de sumidoiros

    O Concello de Mondariz ten previsto pór en marcha en outubro un novo servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, despois da aprobación da ordenanza fiscal reguladora correspondente na última sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal.

    “Á vista de que a situación da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais, situada en Mondariz-Balneario) impide desenvolver a rede municipal de saneamento con garantías, optamos por facilitar o baleirado de pozos negros e fosas sépticas naquelas parroquias que non dispoñen de rede de sumidoiros para fomentar a equidade entre a veciñanza e asegurar que as augas residuais non acaban en lugares inadecuados, como o río”, comenta Leopoldo Tato, concelleiro de Medio Ambiente.

    As persoas titulares de pozos negros e fosas sépticas do Concello de Mondariz que desexen facer uso deste novo servizo municipal deberán presentar unha solicitude diante desta administración local. As augas vertidas ao pozo negro ou á fosa séptica deberán ser de natureza doméstica ou de centros socioculturais, casas de turismo rural ou establecementos de hostalaría situados en parroquias ou barrios sen saneamento. A tarifa do servizo será de 65 euros por baleirado, unha cantidade similar á que deben aboar os veciños e as veciñas que si están cubertos pola rede municipal de saneamento.

    Para prestar este novo servizo de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, o Concello de Mondariz contará coa plantilla municipal de operarios e cun tractor-cisterna adquirido recentemente a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra. “Investimos nunha cisterna para estes traballos de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, pero tamén para realizar limpezas das vías públicas mediante baldeados e para dar apoio á extinción de incendios, en caso necesario”, comenta o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS