20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizO PP de Mondariz considera "inadmisibles"as palabras do alcalde sobre o Centro...

    O PP de Mondariz considera “inadmisibles”as palabras do alcalde sobre o Centro de Día

    A portavoz do PP de Mondariz, Ana Corredoira, considera “inadmisibles” as declaracións realizadas polo alcalde do municipio, Xosé Emilio Barros, sobre o Centro de Día e esixe do rexedor local “un comunicado desmentindo a súa idea de pechar ese servizo”. Segundo Corredoira, Barros “amosou nunha reunión na parroquia de Riofrío a súa ala máis radical” ao botarlle á culpa de “ser a promotora” da débeda que o Concello polo Centro de Día “por ter un sistema perverso e malévolo”

    A voceira popular achaca a débeda de 157.000 euros “ás malas prácticas do anterior Goberno” e asegura que é o momento en que o Goberno local busque solucións que vaian máis aló de culpar á Xunta de Galicia.

    Segundo Ana Corredoira o alcade de Mondariz, na reunión de Riofrío, asegurou textualmente que “o convenio coa Xunta de Galicia polo Centro de Día é perverso e malévolo que nos manexa como marionestas con un sistema de fraude vendo como nos quitan os cargos mentres nos vemos o fútbol”.

    O Grupo Popular pide ao alcalde “que rectifique as súas verbas e que pague as débedas xeradas polo seu previsible socio de goberno nun futuro inmediato e anterior compañeiro de partido” ao mesmo tempo que sinalan se “será quen de resolver o problema ou ser recordado como o alcalde que pechou o Centro de Día”.

    Aseguran os populares que “non consentirán que se mesture o benestar e o diñeiro” xa que non se pode escatimar ningún medio “para garantir o benestar dos nosos maiores e dos nosos veciños”.

    Un convenio do PP

    Pola súa banda o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín, lembra que o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar “foi asinado polo goberno popular de Julio Alén”. Non obstante, engade, “a Xunta non reclamou ata o 2017 o pago da débeda”. Dende ese momento, Alternativa por Mondariz “tentou negociar coa Xunta as formas de pago e unha solución para o problema”.

    En todo caso, o voceiro de AporM é rotundo ao asegurar que a súa formación “baixo ningun concepto vai permitir que se peche o Centro de Día” e o que ten que facer o actual goberno “é negociar e sacar unha solución beneficiosa para o concello e a súa cidadanía”.

    “No 2020 que acaba o convenio, é unha grande oportunidade para facer esas negociacións”, conclúe Xoán Carlos Montes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.