Tag: rosalía de castro
Entrega de premios III edición do Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro
O xurado do III concurso de poemas ilustrados “Día Rosalía de Castro” reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, para escoller os mellores traballos.
O concurso, que pretende ser unha das actividades principais para homenaxear figura e obra da nosa escritora nacional máis importante, recolleu, nesta edición, case medio cento de traballos realizados por alumnos de 5º e 6º de primaria.
A Guarda organiza diversas actividades para conmemorar o Día de Rosalía
O Concello da Guarda, que nos últimos anos ven celebrando o aniversario de Rosalía de Castro con diferentes actividades e eventos, quere convidar este ano a toda a cidadanía a unirse aos diferentes actos que foron convocados dende a Casa de Rosalía e sobretodo a recordar entre todos a súa obra e figura e compartilo nas Redes Sociais.
Tomiño arranca a súa programación cultural de 2021 conmemorando o Día de Rosalía
Tomiño arranca a vindeira semana a súa programación cultural para este 2021 coa conmemoración dunha data sinalada, o Día de Rosalía de Castro. O vindeiro 24 de febreiro a Concellería de Cultura súmase á da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para celebrar o aniversario do nacemento da autora galega.
Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do “Día de Rosalía” con diversas iniciativas en lembranza da nosa poeta máis universal
A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración o vindeiro 24 de febreiro do “Día de Rosalía” en que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia, Rosalía de Castro, pola súa defensa do pobo e da lingua.
Concello de Nigrán e IES Escolas Proval organizan o venres unha homenaxe a Rosalía de Castro
O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, este venres 28 de febreiro ás 20:30 horas un acto de homenaxe á figura de Rosalía de Castro aberto á participación de toda a veciñanza. A iniciativa busca conmemorar o día de Rosalía (celebrado o pasado 24 de febreiro) que coincide co nacemento da escritora fai ahora 183 anos en Padrón.
O Goberno da Deputación reivindica a Rosalía como “guía” do futuro de Galicia e do pobo galego
O Goberno da Deputación, a través da presidenta Carmela Silva e da deputada de Lingua e Patrimonio María Ortega, reivindicou hoxe a Rosalía de Castro como “guía” do futuro de Galiza e do pobo galego. Así o fixeron no acto institucional organizado co gallo do Día de Rosalía –que se celebra o vindeiro luns– e coincidindo co Día da Lingua Nai que cada ano se conmemora de maneira internacional o 21 de febreiro.
Ponteareas incorpórase á ‘VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza’
Ponteareas foi un dos poucos concellos seleccionados para participar na 'VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza' que homenaxeará a Rosalía de Castro e a Zeca Afonso do 23 de febreiro ao 1 de marzo cun amplo programa de actividades culturais que se desenvolverán en Santiago, Padrón, Ponteareas e Braga e que fornecerá os vínculos culturais dos dous lados da raia.
A Guarda percorre a vida de Rosalía de Castro a través das fotografías de Xurxo Lobato
A Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición 'Airiños aires, Rosalía' unha mostra na que a través das fotografías e Xurxo Lobato, faise un percorrido pola vida e obra da poetisa. No acto inaugural contouse coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.
As fotografías de Xurxo Lobato, percorren, na Guarda, a vida de Rosalía de Castro
O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición “Airiños aires, Rosalía”, unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.
A Guarda volve a apostar pola posta en valor da figura de Rosalía de Castro
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020). A primeira actividade será a inauguración da exposición 'Airiños Aires Rosalía' do fotógrafo Xurxo Lobato