11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz programa un concerto de Tino Baz en homenaxe a Rosalía de...

    Mondariz programa un concerto de Tino Baz en homenaxe a Rosalía de Castro

    O 26 de febreiro, o cantor guardés presentará no auditorio municipal de Mondariz as cancións baseadas en poemas de Rosalía de Castro do seu disco "Se cantas es ti que cantas"

    A programación cultural do Concello de Mondariz segue centrada este mes de febreiro na memoria de autores da terra galega. Despois de lembrar a figura de Castelao o último fin de semana de xaneiro, con motivo do seu aniversario, este mes de febreiro prestarase atención á obra de Rosalía de Castro cun concerto do cantor guardés Tino Baz.

    “A celebración do Día de Rosalía está na nosa axenda cultural desde o comezo da lexislatura. Este ano rendemos homenaxe á poeta galega máis ilustre cantando as súas letras”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

    Tino Baz presentou o seu disco “Se cantas es ti que cantas” en outubro de 2019. Nel fai unha interpretación musical de oito poemas de “Follas Novas” e tres de “Cantares Gallegos”, algúns inéditos musicalmente. Actuará no auditorio municipal de Mondariz o último sábado de mes (26 de febreiro) ás 20:00 horas. A entrada ao concerto será libre e gratuíta até completar a cabida permitida.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.