10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui súmase este 24 de febreiro á celebración do "Día de Rosalía"...

    Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do “Día de Rosalía” con diversas iniciativas en lembranza da nosa poeta máis universal

    Anímase ao veciños a realizar na casa o “Caldo de gloria”

    A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración o vindeiro 24 de febreiro do “Día de Rosalía” en que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia, Rosalía de Castro, pola súa defensa do pobo e da lingua. 

    O Concello de Tui acordou no ano 2013 a celebración anual deste evento e neste ano dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, se teñen preparado diversas lonas con varios dos poemas máis populares de Rosalía de Castro que se colocarán na fachada da Biblioteca para lembrar esta celebración e contribuír á difusión da súa obra poética.

    Dada a situación epidemiolóxica actual e as medidas sanitarias derivadas da pandemia da Covid-19, dende a Concellería de Cultura do Concello de Tui indican que as actividades están limitadas. Con todo, o concello súmase como en anos pasados á iniciativa impulsada dende a Fundación Rosalía de Castro, denominada o “Caldo de gloria”.

    Unha iniciativa que xorde a partir do poema “Miña casiña, meu lar” (Follas novas, 1880), no que unha muller pobre que chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote, quentarse ó pé do lume e ser feliz.

    Dende a concellería de cultura convídase aos tudenses a preparar no ambiente familiar este “Caldo de Gloria”. Un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular e subir logo ás redes sociais da Biblioteca Municipal de Tui (en Facebook, Instagran ou Twitter) as imaxes e comentarios sobre este “Caldo de Gloria”.

    O propio día 24 de febreiro a Radio Municipal de Tui emitirá diversos poemas de Rosalía de Castro lidos por persoas recoñecidas de Tui, de diversos ámbitos sociais, contribuíndo deste modo á divulgación da súa obra e da súa figura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.