14.9 C
Pontevedra
Martes, 26 de Outubro de 2021
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Deputación leva a Redondela unha peza teatral sobre a infancia de...

    A Deputación leva a Redondela unha peza teatral sobre a infancia de Rosalía de Castro

    ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’ representarase este domingo no Multiusos da Xunqueira ás 18.30 horas

    O departamento de Lingua da Deputación vai levar este domingo ao Concello de Redondela unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro, ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.

    Con esta iniciativa de xirar pola provincia unha nova visión sobre a figura de Rosalía, a deputada María Ortega subliña que a Deputación pretende ampliar a programación institucional sobre a autora, á que considera “bandeira de Galiza” e “unha figura de rabiosa actualidade e contemporaneidade”. “Queremos poñer en valor a vixencia de Rosalía, a súa reivindicación da lingua propia non só celebrando cada 24 de febreiro, senón dándolle máis traxectoria e artellando máis actividades sobre a súa figura ao longo do ano”, explica a nacionalista. De feito, a Deputación vén de aprobar recentemente a súa incorporación como ‘mecenas’ da Casa de Rosalía, coa que se van poñer en marcha outros proxectos.

    A peza teatral ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’ trata de achegar ao público unha Rosalía aínda nena nun momento crucial da súa vida. “As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi unha nena alegre que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor”, explican dende a compañía teatral.

    Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.

    Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsable de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís, e forman o reparto as dúas actrices Rocío González e Cristina Collazo, dúas imprescindibles nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

    A xira pola provincia do teatro sobre a Rosalía ‘nena’  estará este domingo 3 de outubro no Concello de Redondela ás 18.30 horas no Multiusos da Xunqueira, cun aforo máximo de 100 persoas. Despois seguirá o 29 de outubro no Concello de Moaña; o 31  de outubro no Concello de O Rosal; o 20 de novembro no Concello Lalín; o 19 de decembro no Concello de O Grove; e o 29 de decembro no Concello de a Estrada, logo de pasar no mes de xullo polo Concello de Valga, a primeiros de agosto por A Cañiza e a finais por Cerdedo-Cotobade, así como tamén por Ponteareas a pasada semana.

    COLABORACIÓNS

    Desplazados en la sanidad

    La sanidad pública se mantiene como uno de esos pocos motivos de orgullo que le quedan al contribuyente. Nuestros impuestos mantienen un complejo entramado de centros sanitarios y profesionales que tejen una invisible red de seguridad a nuestro alrededor. Con independencia del motivo de consulta, el deseo de cualquier usuario es que la asistencia sea fluida, ágil y precisa. Necesitamos percibir que somos escuchados con atención y tratados con respeto, diligencia y empatía.

    Samuel Merino (Pompa e Boato), «Guantanamera (Poema nun só acto)»

    Primeiro poemario en galego de Samuel Merino, logo de dous textos en castelán («Enésima patada con amor» e «Trementina») que son dúas auténticas esgazaduras polas que esborrexe, pinga a pinga, a alma do autor. Naqueles primeiros versos, asinados baixo o pseudónimo de «Pompa e Boato», o poeta semella reconstruirse logo dun particular descenso aos seus propios infernos.

    Sentir común

    Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía "gallega" se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.

    Ácido y Caracola

    Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    13 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    5 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    47 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    35 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS