Sábado, 15 Febreiro de 2025

Redondela celebra o Día de Rosalía

A Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela colaboran na posta en marcha dunha singular campaña co motivo da conmemoración do Día de Rosalía.

As accións previstas promoven a participación de librarías e hostaleiros.

No caso das librarías dáse continuidade a unha campaña de promoción das vendas dos libros en lingua galega, onde as compras de libros galegos realizadas o día 23 de febreiro terán non so un desconto, senón que tamén se agasallará cunha flor, para realzar o simbolismo de apoio a literatura e cultura galega.

A gran novidade neste ano 2023 vén da man do sector hostaleiro, a quén se propón sumarse a campaña “Día de Rosalía na Hostalaría”. Os hostaleiros que se sumen á campaña preparán as súas versións do singular CALDO DA GLORIA, que se recolle nos versos de Rosalía, para sorprender ao cliente con este tradicional sabor da terra galega. Os hostaleiros participantes beneficiaranse dun conxunto de accións de difusión entre as que destaca a gravación dun vídeo promocional en cada local.

Os establecementos que queiran participar pódense dirixir ao Concello de Redondela (SNL) ou enviar un correo a [email protected] ou a Asociación de Empresarios de Redondela (658592332).