11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA gaita de Susana Seivane sorará no Porriño en homenaxe a Rosalía

    A gaita de Susana Seivane sorará no Porriño en homenaxe a Rosalía

    O Concello do Porriño celebra con música e poesía o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

    O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia,  preparou unha programación específica para celebrar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

    Co fin de homenaxear a esta figura clave das letras e cultura galegas, recordar a súa labor e facer que siga presente para as novas xeracións,  propón un programa de actos o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Arrancará ás 19 h no Círculo Recreativo Cultural co concerto da reputada pianista, Andrea García.

    Susana Seivane será o prato forte da programación. A célebre gaiteira ofrecerá un concerto  na Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 20:30 h (no caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan trasladarase ao CRC). 

    Versos de Rosalía

    Rosalía de Castro ensinou á sociedade da época, e á de hoxe en día, que as mulleres teñen voz e moito que dicir. Unha muller do século XIX que foi quen de marcar un punto de inflexión para o auxe do Rexurdimento, momento clave no eido literario e sobre todo, no político e no social.

    Por iso dende o Concello do Porriño decidiuse que foran mulleres as que puxeran voz aos versos da autora, en representación do tecido social da vila. Juana Pérez, presidenta de ACIPOR, Chus Barros do Club Ciclista SPOL, Chus Lemos e Beatriz Correa do Centro Cultural de Pontellas, Eva González do Club de Lectura do Porriño, Alicia Campos do Club Balonmán Porriño, Candela Carballas de Atrezo Teatro e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde, farán unha lectura conxunta dun poema da autora.

    Será en dúas quendas, unha en cada un dos concertos que conforman a programación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.