21.5 C
Pontevedra
Venres, 27 de Maio de 2022
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación celebra a Rosalía convertendo o Pazo Provincial no "lar" particular...

    A Deputación celebra a Rosalía convertendo o Pazo Provincial no “lar” particular da autora

    O Pazo Provincial converteuse onte pola tarde na “casiña” e o “lar” de Rosalía de Castro, cheo do aroma da súa poesía, do seu “caldo de gloria” e da súa pegada que case dous séculos despois do seu nacemento segue a estar máis presente que nunca. A Deputación de Pontevedra quixo render homenaxe á muller símbolo de Galicia e da lingua galega no seu día grande cun emotivo acto que aglutinou moitos dos elementos que identifican a Rosalía, “unha referente que segue a guiarnos”, como destacou a presidenta, Carmela Silva. Nun salón de plenos ateigado de público, as persoas asistentes puideron escoitar o cuarteto belga de pandeireteiras Ialma, coñecer o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), degustar o “Caldo de gloria” de mans do alumnado do CIFP Carlos Oroza, e levaron un libro de poesía feita por mulleres e unha camelia Rosalía de Castro. No acto entregáronse tamén, coa presenza telemática das crianzas gañadoras, os premios da categoría ‘Campaniñas’ do concurso “A Nosa Rosalía” convocado pola institución provincial, que levaron centros escolares de Caldas, Pontecesures e Oia.

    A presidenta Carmela Silva, acompañada das deputadas de Cultura e Lingua, Victoria Alonso, e María Ortega, do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira e da autora Míriam Ferradáns, que deu lectura ao manifesto, destacou a vixencia do pensamento de Rosalía “que foi pioneira en rebelarse contra a desigualdade das mulleres” e fixo fincapé en que esta data, por primeira vez celebrada no 23 de febreiro como xornada real do seu nacemento fai 185 anos,  “é un dos días máis grandes de Galicia”. “Somos dos únicos pobos que teñen unha muller como gran referencia, e por iso a celebramos esta xornada e reivindicamos todo o ano a Rosalía con toda a potencia que merece”, indicou a presidenta, que puxo en valor a creatividade e a paixón pola escritora, así como a necesidade de seguir inculcando o seu legado ás novas xeracións, “para que a xente moza participe activamente da súa herdanza e poidamos seguir defendendo a importancia da figura desta muller universal na construción do noso pobo”.

    A programación deste Día de Rosalía foi promovida polas áreas de Lingua e Cultura da Deputación, cuxas responsables amosaron no acto a importancia de ter a autora presente durante todo o ano. A deputada de Lingua, María Ortega, chamou á cidadanía a apuntalar a lingua e a medrar como país da man de Rosalía, a quen definiu como “valente, moderna e rebelde”. Amosouse segura de que a autora de Padrón “está en cada unha das persoas que pon en valor a nosa cultura e a lingua propias máis alá das nosas fronteiras”, e destacou que na Galiza hai “moitas Rosalías, persoas fortes e comprometidas co galego ás que hai que coidar e alentar para que sigan un camiño cheo de éxitos e de divulgación e posta en valor do noso”. Por último, Ortega agradeceu a colaboración de entidades como a AELG e a Fundación Rosalía de Castro camiñando da man da Deputación para afondar no legado rosaliano e organizar e poñer en marcha actividades e iniciativas. Tamén agradeceu ao CIFP Carlos Oroza a degustación do caldo de gloria que Rosalía menciona en Follas Novas, unha receita humilde con moito significado social.

    Concurso escolar ”A Nosa Rosalía”

    Pola súa banda, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, sinalou a importancia de que a mensaxe da autora “semente principalmente nos pensamentos dos máis novos e novas, xa que neles e  nelas está o futuro da nosa cultura e da nosa Rosalía”. Subliñou por iso a aposta da Deputación polo concurso escolar ”A Nosa Rosalía”, este ano en formato musical con vídeos nos que o alumnado musicou poemas da escritora. As propostas, dixo a deputada, “amosaron que hai un enorme talento creativo e moitas ganas de cantar e bailar, polo que o maior premio recibímolo nós na Deputación conforme nos ían chegando estes vídeos fantásticos”. Trala súa intervención déronse a coñecer os centros e alumnado gañadores da categoría ‘Campaniñas’ dirixida a escolares de 1º a 3º de Educación Primaria. As crianzas dos colexios premiados seguiron a retransmisión do evento vía telemática, e despois da proxección dun vídeo resumo de todos os centros entregáronse estes galardóns, que recaeron no CEIP San Clemente de César de Caldas (primeiro premio), o CPI Pontecesures (segundo premio) e o CEIP Mestre Manuel García de Oia (terceiro premio).

    Trala entrega dos galardóns, a autora Míriam Ferradáns foi a encargada de dar lectura ao manifesto da AELG, escrito este ano por Beatriz Maceda baixo o título ‘Pensar [te] libre’, que segue o lema da AELG para 2022 de #SementadePensamentos. O manifesto subliña que a forza que atopamos en Rosalía é “recoñecérmonos como pobo forte, unido pola lingua” e lembra “o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para ‘eu tamén navegar’, para facernos parte dunha nosa historia propia e libre”. “Cosamos –concluíu– cos fíos da lingua na que entendemos, debatemos, amamos e enliñemos as nosas ideas e os nosos pensamentos”. Pola súa banda o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, sinalou que “hoxe é un día moi importante para Galicia porque celebramos unha figura que nos une, que nos representa e que nos move. E iso todo porque ela traballou pola dignidade da nosa lingua, do noso pobo e da nosa terra, e sempre desde principios que respetasen a igualdade e a liberdade. Rosalía é unha figura fundamental na defensa da igualdade das mulleres e hoxe é tamén un día feliz porque con ela celebramos unha esperanza e unha ilusión para Galicia”.

    O acto contou coa actuación estrela do cuarteto belga de pandeireteiras Ialma, formado por Marisol Palomo, Verónica e Natalia Codesal e Eva Fernández, netas de migrantes refuxiadas e refuxiados en Bélxica, que se identifican con Rosalía e foron recibindo o relato das súas familias sobre o amor á súa terra. As artistas interpretaron xunto aos músicos Didier Laloy e Maarten Decombel catro temas, “Novo alén/baila bela fada”, “Sen Niño”,  “Liberdade” e “Rumuxíaba”, e ao ritmo das pandeiretas nesta última canción as persoas asistentes desprazáronse ata os vestíbulos laterais do primeiro andar do Pazo, onde o alumnado do CIFP Carlos Oroza as esperaba con outra delicia, o “Caldo de Gloria”, servido nunha cunca de barro de olaría artesanal que o público puido levar á casa. Sobre este caldo escribiu Rosalía no poema de Follas Novas ‘Miña casiña, meu Lar’, que tamén aparece nos milleiros de manteisque estes días se repartiron entre os concellos e a hostalaría da provincia, seguindo a proposta da Fundación Rosalía de Castro.

    O público tamén recibiu como obsequios exemplares da camelia ‘Rosalía de Castro’ queforma parte do Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior –igualmente levaron plantas desta camelia os centros gañadores do concurso infantil para plantalos nos recintos escolares–, así como o libro “Violetas no asfalto”, de Lucía Novas,  que estrea a Colección Medal de Poesía feita por mulleres do servizo editorial do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación.

    COLABORACIÓNS

    Diego Giráldez, «O meu sangue»

    Diego Giráldez regresa cunha novela bastante peculiar, que ben poderiamos considerar unha parodia do xénero negro levada a tal extremo que a piques está de se converter en si mesma nunha novela negra.

    ¡El mago de la electrónica, ha muerto!

    El personaje de la portada, es probable que a muchos lectores no le suene, quizás algunos al ver los cachibaches que está utilizando, se puedan hacer una pequeña idea, pero los seguidores de la música electrónica clásica y el Krautrock, seguro que si lo conocen perfectamente. Estamos hablando del mago de la electrónica, uno de esos pioneros que elevaron este estilo musical y la forma de hacer música al grado de celestial. Esta semana nos ha dejado el gran e inigualable, Klaus Schulze.

    Ledicia Costas, «O neno de lume»

    Ledicia Costas ten unha imaxinación poderosa e unha rara habilidade para a construción do que poderiamos chamar «relato marabilloso», ese que mistura realidade e fantasía, no que conviven persoas do común con seres sobrenaturais dotados de habilidades especiais.

    Mamá

    Cuatro letras de una de las palabras que primero aprendemos, que más pronunciamos a lo largo de nuestra vida y que más seguridad nos transmite.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    19 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    12 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    64 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS