12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránConcello de Nigrán e IES Escolas Proval organizan o venres unha homenaxe...

    Concello de Nigrán e IES Escolas Proval organizan o venres unha homenaxe a Rosalía de Castro

    O acto estará presentado polo alumnado do 'IES Escolas Proval' que tamén serán os encargados de recitar varios dos poemas da escritora galega homenaxeada

    O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, este venres 28 de febreiro ás 20:30 horas un acto de homenaxe á figura de Rosalía de Castro aberto á participación de toda a veciñanza. A iniciativa busca conmemorar o día de Rosalía (celebrado o pasado 24 de febreiro) que coincide co nacemento da escritora fai ahora 183 anos en Padrón.

    Rosalía de Castro está considerada como unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX e representa, xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez, unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego.

    O certo é que para Galicia Rosalía de Castro é algo máis que unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. “Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra”, sinalan os organizadores da iniciativa. Ela xerou innumerables páxinas, imaxes, cancións… Sen dúbida, una das máis representativas visións da nosa autora foi a dada por Curros en célebre poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.

    O debuxo dos seus perfís foi variando ao longo da historia, como variaron e evolucionaron as revisións estéticas, literarias e sociais do proxecto que ela mesma encabezou. “A inicial canonización elevouna como santa e nai, nai sufridora das penas propias e das alleas, mater protectora, santiña dos altares do pobo. Toda canonización literaria ten o perigo de converterse ás veces en santificación. Posteriormente, arredor da poeta intimista, da poeta da sombra, da soidade, da dor e da angustia, escúlpese unha nova Rosalía, desvinculada do folclore e do mundo popular. É a Rosalía profunda, metafísica, filosófica, existencial: a Rosalía da saudade”.

    “Que Galicia teña como pai da patria unha muller xa é ben significativo da orixinalidade do proceso iniciado no Rexurdimento. No fondo, son a súa rebeldía e ese estar sempre á beira dos humildes as ideas xerais que manexa o pobo galego cando escolle Rosalía de Castro para darlle nome a unha escola, a unha rúa, a un grupo folclórico, a unha sociedade de emigrantes, a unha publicación… Que Rosalía seguirá sendo bandeira de Galicia, non merece ningunha dúbida. A súa imaxe está destinada a acompañar e iluminar para sempre, cos perfís que foren pero coa luz daquela estrela, o proxecto que ela mesma axudou decisivamente a pór en marcha: o da dignidade e o da liberdade”.

    O acto do venres estará presentado polo alumnado do IES Escolas Proval que tamén serán os encargados de recitar varios dos poemas da escritora galega homenaxeada. Pola súa banda, a coral novos Aires e o Coro Ecos do Castelo cantarán varias pezas baseadas nos poemas de Rosalía de Castro.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS