Domingo, 21 Setembro de 2025

Le coq Maurice

El gallo Mauricio o cómo diríamos en nuestra tierra, ‘O Galo Mauricio’ se ha convertido en todo un símbolo en la Francia rural esa que, cómo ocurre en Galicia, intenta mantener su identidad. Esa, que lo mismo que la nuestra, se está despoblando, que se queda sin juventud. Esa de la que los de la ciudad se creen amos y señores cuando van los fines de semana o en vacaciones. Esa que no deberíamos dejar nunca que se muera, que deberíamos de dedicar recursos para que siga viva,  porque el día que nos quedemos sin el rural, mejor ni pensarlo.

En estos días, en los mentideros nacionales, o sea en los informativos, vi la noticia del gallo Maurice. Un caso muy parecido al que comentamos no hace demasiado tiempo que se había dado en tierras asturianas. Mauricio, al llegar los primeros rayos de sol le daba la bienvenida a su forma, que no es otra que cantar pero el pobre molestaba con sus cantos a una pareja de jubilados que tenían su segunda residencia en el lugar y que reclamaban el derecho a “descansar”. Me gustaría saber si cuando están en la ciudad habían demandado también a los que recogen la basura de madrugada por el ruido que hacen, a los que utilizan vehículos de motor, a los transeuntes de la calle, a los vecinos por hacer ruido, a la empresa de ascensores o a los constructores del edificio en el que viven por no estar bien aislado, y es que las ciudades, no es que sean precisamente silenciosas (creo que voy a demandar a los que recogen la basura, ya que todas las mañanas, antes de que cante el gallo, hacen ruidito con el camioncito de marras dando marcha atrás y su pitidito).

Pero los pobres jubilados en cuestión, que seguro que cobran una mejor pensión que los habitantes del pueblo, van para su segunda residencia para descansar y disfrutar de su jubilación dorada y tienen un vecino plumífero que los molesta con sus cantos matutinos.

Afortunadamente, el juez en cuestión que atendió la demanda, le dio la razón a Maurice y ganó el juicio debiendo pagar los demandantes la cifra de 1.000 euros, espero que Mauricio pueda seguir cantando tranquilo, aunque que no se descuide, no vaya a ser que cómo ha pasado en España, puede venir algún grupo de ecologistas y demandarlo por violador por si se ‘sube’ a alguna gallina.

Estamos llegando a un punto de tontería, que no nos va a llegar a ningún lugar bueno. Mucha gente de la ciudad se olvida de que la leche, los huevos, las legumbres, la carne,… no nacen ni crecen en los supermercados, sino que hay gente detrás de todo ello para que pueda llegar a ese lugar, bien es cierto, que hay explotaciones de todo tipo, algunas intensivas que mejor no saber que es lo que hacen, pero que hay muchos granjeros y campesinos que cuidan a sus animales y cultivan el campo de una forma racional y que el rural tiene algo muy especial y que poco a poco, entre todos, nos estamos encargando de destruir, pero de algo estoy seguro, que la ciudad, aunque no lo quieran reconocer, siempre va a necesitar del campo, porque sino, acabaremos comiendo asfalto, respirando esmog  y bebiendo quién sabe lo que, así que por favor, dejemos de tonterías y disfrutemos de nuestro maravilloso rural, con su verde, con sus animales y con sus gentes, que no hay nada más maravilloso.

Lo que también espero que sea maravilloso, es la selección musical que os proponemos para esta semana, aunque seguramente, no nos vayamos a encontrar a Maurice cantando, espero que la selección os haga disfrutar de éste fin de semana veraniego que parece que vamos a tener. Por un lado, os proponemos el nuevo trabajo de dos clásicos de la música celta,  Jeff Johnson y Brian Dunning, por otro lado, la relajación que nos propone el proyecto White Sun, seguro que les vendría bien a los que no le gustaba el canto de Mauricio. Espero que los disfrutéis.

Jeff Johnson & Brian Dunning

Eirlandia

2018

https://www.arkmusic.com/

Jeff Johnson y Brian Dunning son dos nombres clásicos de la música celta contemporánea, llevan ambos más de treinta años en la escena musical.

‘Eirlandia’ es su nuevo trabajo, un disco que está inspirado en la obra del escritor Stephen R. Lawhead.

Divido en ocho cortes, estamos ante un hermoso trabajo, un disco donde sale a relucir lo mejor de cada compositor, por una parte, la electrónica con los teclados de Jeff Johnson, por otra parte, la acústica con la flauta de de Brian Dunning, la combinación de ambos, da lugar a un precioso disco, que con su primer corte, el que le da precisamente títula al disco, nos deja enganchados con la idea de querer escuchar más para ver lo que nos pueden ofrecer.

Sonido celta contemporáneo, así se definen en su estilo, un disco con instrumentación moderna, con toques celtas, pero sobre todo, un disco para disfrutar de la música, eso es lo que nos encontramos en éste ‘Eirlandia’.


White Sun

White Sun III

2019

https://www.whitesun.com/

White Sun es un proyecto que ya conocemos por sus anteriores trabajos, fundado en el año 2015 por Gurujas Hkalsa (voz), Adam Berry (instrumentación) y Harijiwan Khalsa (percusionista), la combinación de los tres elementos dan lugar a unas composiciones, sin lugar a dudas, especiales.

‘White Sun III’ es el tercer trabajo de la formación, un doble cd con veintitrés temas en los que la voz de Gurujas, acompañada de todo el trabajo de instrumentación, con sus mantras nos va a adentrando en esos momentos de bienestar que tanto necesitamos.

Estamos ante un disco muy bello, un trabajo que se puede recomendar para la práctica de la meditación, yoga o simplemente, para degustar tranquilamente, ya que la voz y los preciosos instrumentos hacen que desaparezca todo lo que existe a nuestro alrededor, quedando únicamente lo que de verdad importa, nosotros mismos.

O goberno ponteareán sae ao paso da polémica sobre a contratación de vítimas da violencia de xénero

O goberno de Ponteareas saiu ao paso, na mañá de hoxe, das informacións aparecidas nun medio de comunicación sobre a contratación de vítimas de violencia de xénero e a orde de afastamento dun traballador municipal, noticia da que tamén se facía inmediatamente eco o PP asegurando que “pediría explicacións ao grupo de Goberno sobre esta situación”.

O Concello ponteareán sinala, en primeiro lugar que “o propio traballador e a traballadora puxeron en coñecemento do Concello a súa situación a fin de que se adoptaran as medidas necesarias para cumprir a orde de afastamento e poder exercer o dereito ao traballo de ambos os dous, unha vez que a traballadora se incorporou ao Concello este luns día 2.

Doutra banda, o exectuvi local quere deixar ben claro que “o traballador e a traballadora ocupan dependencias diferentes e a unha distancia de máis de 400 metros, o que asegura o cumprimento da orde de afastamento establecida en 200 metros”.

Doutra banda, o goberno que preside Xosé Represas cualifica de “falsas” as noticias aparecidas nun medio local que, sen citar fontes, “asegura que sobre o traballador pesa unha sentenza firme” o que, sinala o Concello de Ponteareas, non é certo xa que, explica, “segundo a información facilitada polas dúas partes ao Concello, existe un Auto do 22 de novembro de 2017 acordando a medida cautelar de afastamento mentres non se celebre un xuizo”. “Non existe, polo tanto –afirma o Goberno local– ningunha sentenza en firme”.

Considera ademáis o concello Ponteareán que ese medio (Atlántico Diario) “cita o lugar de traballo das mulleres vítimas de violencia de xénero o que supón unha grande irresponsabilidade”.

Do mesmo xeito, desminte o Concello de Ponteareas as afirmacións formuladas polo Partido Popular nas que dicía que “o traballador ten ao seu cargo á súa exparella”. “É

absolutamente falso –di o goberno ponteareán– xa que “a exparella traballa desde o primeiro día noutro departamento e noutra concellaría allea á do traballador. E, polo tanto, o traballador non ten ao seu cargo á súa exparella”.

A orde de afastamento non afecta aos dereitos laborais do traballador, engade o executivo local, “aínda así, o alcalde solicitou á Asesoría Xurídica Municipal, á dirección do Centro de Información á Muller e departamento de Persoal do Concello, que emitan os seus informes indicando se o Concello debe adoptar algún outro tipo de medida ou acción”.

Por último o Concello “pide seriedade, rigor e que non se falte á verdade á hora de informar sobre unha cuestión que afecta á vida de dúas persoas e aos seus dereitos”.

“O Goberno Local está comprometido, con feitos, na loita contra a violencia de xénero e esa loita debe facerse respectando a legalidade, os dereitos de todos e todas e a presunción de inocencia das persoas non condeadas por sentenza xudicial”.

Finalmente, alcalde Xosé Represas, convocou a unha reunión esta tarde aos portavoces municipais para dar información detallada e pedir “responsabilidade” á oposición neste asunto.

A Guarda abre un proceso extraordinario para cubrir dúas prazas na Escola Infantil Municipal

0

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que o próximo día luns 9 de setembro 2019 a Escola Infantil Municipal abre un proceso extraordinario para cubrir 2 prazas vacante a media xornada de tarde na aula de 0-1 anos de idade.

Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 9 ao 13 de setembro.

Para maior información, poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9 h a 14 h.

O BNG de redondela lembra a “neglixente” xestión do PP nos terreos ocupados polo AVE

0

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González saiu hoxe ao paso das declaracións verquidas polo Partido Popular sobre á xestión de diversos proxectos, algún deles nos terreos afectados pola liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. As declaracións enmárcaas o BNG “no revanchismo político ao que xa nos tén acostumados o PP. Os e a súa responsábeis políticos non están á altura do que lle exisen os e as súas votantes”, afirma o edil nacionalista.

Recorda Xoán Carlos González, como o goberno de Javier Bas, evitou negociar con Fomento, “como compensación ás afeccións nos terreos do Val do Maceiras, convertendo este espazo singular, en referente de recuperación medioambiental”.

Segundo o BNG o PP “renunciou a converter o Val do Maceiras nun referente de recuperación medioambiental e de producción de mazá”.

Refírese o voceiro nacionalista ao anteproxecto, que no seu día se elaborou co fin de poñer en valor hectáreas ocupadas para a construcción do túnel que chega a Estación de Urzáiz. Na proposta, recollíase unha Senda Verde que enlazaba o Val co casco urbán de Redondela recuperando flora e fauna autóctona, ademáis de fomentar a produción de mazá na zoa de Negros.

Segundo o edil do BNG, “foi a neglixente xestión dos gobernos do PP, o que frustrou a posibilidade de converter o Val do Maceiras nun símbolo de recuperación medioambiental, referente para toda a nosa bisbarra. Pola contra, numerosas propiedades quedaron case improductivas, e a construción de parte da Senda Verde, financiouse con fondos outras administracións, cando debería ser Fomento e ADIF, quen compensaran a Redondela”.

En canto ás reclamacións na parroquia de Quintela, segundo o edil nacionalista “existen reclamacións pendentes dende o ano 2015, de afectad@s, aos que non se lles devolveu íntegramente as fincas ocupadas. Segundo relatan, deixaron de tramitar as denuncias a traverso do xulgado porque se fiaron da palabra do anterior alcalde de Redondela de que iban a ser compensados, cuestión que non sucedeu ata o de agora”.

Ponteareas convoca un concurso para escoller as fotos do ‘Calendario Galego de Ponteareas 2020’

A Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, informa que xa están publicadas as bases do “Concurso de Fotografía Calendario Galego de Ponteareas 2020” que este ano convoca o Concello de Ponteareas coa finalidade de seleccionar as fotografías que formarán parte do calendario municipal que o Concello de Ponteareas edita desde hai anos.

O concurso é de participación aberta e nel poderá participar calquera persoa nada antes de 2004 e o tema das fotografías debe estar relacionado co concello de Ponteareas: paisaxe, urbanismo, eventos, monumentos, festas e romarías.

O prazo para a presentación de fotografías abranguerá do 19 de setembro ao 8 de novembro de 2019.

O concurso é de participación aberta e o tema debe estar relacionado coa paisaxe, urbanismo, eventos, monumentos, festas e romarías

As bases completas da convocatoria poden consultarse na web municipal e para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas ou clikar no enlace https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

Segundo o concelleiro de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, Fernando Groba Bouza, a través deste concurso “preténdese que o calendario do vindeiro ano sexa unha mostra de Ponteareas a través dos ollos da cidadanía”.

O Porriño presenta unhas ‘Festas do Cristo’ coa cultura, música e deportes como “piares básicos”

A XXI ‘Feira de Oportunidades Merca na Rúa’, o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC que terán lugar durante este vindeiro fin de semana, marcan o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello de Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila.

O orzamento dos festexos que rematarán o domingo 29 co ‘Recristo’ e a XXVI Festa dos Callos como grande reclamo, será de aproximadamente 170.000 euros, “unha cantidade lixeiramente inferior, dez mil euros menos que no 2018”, segundo indicou David Alonso, concelleiro responsable da programación.

O edil ponderou que “os eventos culturais, os deportivos e os musicais son os tres pilares básicos da programación”, e subliñou “diversas novedades no ámbito deportivo que acumula 26 eventos como o ‘Porriño Street Festival’ ou Rally Mix Concello de Porriño que se estrean este ano mentres que se garante a continuidade doutros como a Nocturna, é dicir o Criterium Ciclista”.

Alonso valorou que “un dos pratos fortes será a programación musical” e resaltou “especialmente os concertos dos grupos ‘Dakídarría’ e ‘Crebinsky’ que será o 20 de setembro e o dos canarios ‘Efecto Pasillo’, previsto para o 21, ambos na avenida Domingo Bueno”.

O domingo do Cristo será a quenda das actuacións das orquestas ‘América’ na praza do Concello e ‘Charleston’ en avenida Domingo Bueno, ambas facendo dous pases. O responsable da Cultura do Porriño destacou tamén o concerto do luns 23 “que será a cargo do grupo ‘La Fórmula’ que van realizar unha actuación continuada durante cinco horas do que pensó non hai precedentes en ningún pobo de Galicia”.

Asimesmo reivindicou “a recuperación da animación por barrios que será durante o ‘Recristo’ con actuacións musicais por barrios da cidade, en sete barrios históricos como San Benito, San Sebastián, a Alameda da Avenida de Galicia ou a zona de Sol, entre outros” citou o concelleiro quen, por outra banda, anunciou para o sábado 28 outra novidade de música itinerante que “será a actuación da Banda da Cultural de Arcade que a bordo dun autobús descapotable de dous andares percorrerá toda a cidade e todas as parroquias para que a sensación de festa chegase a todos os rincóns do concello”. David Alonso lembrou que él como orixinario dunha parroquia pequena (Cans) “sempre botaba en falta que houbera esa conexión que agora pretendemos correxir”, engadiu.

Pola súa banda a alcaldesa Eva García de la Torre encomiou o programa de festexos coordinado por David Alonso. “Estou segura que vai ser un éxito porque están pensadas para todos; atenden as demandas de todos os sectores sociais” e abogou “porque milleiros de persoas de toda a área metropolitana veñan ata Porriño a disfrutar das nosas Festas”.

A Guarda, no Pacto dos Alcades para o Clima e a Enerxía

0

O pasado mércores o tenente de alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima.

O «Pacto de alcaldes para o Clima e a Enerxía» agrupa a milleiros de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía, de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40 % para 2030 e á adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático.

A Guarda comprométese a realizar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostenible (PACES) no que se recollerán as accións chave que se pretenden acometer, cun plan de Inventario de Emisións de Referencia para realizar un seguimento das accións de mitigación e unha avaliación dos riscos e vulnerabilidades climáticas. Todo este proceso será monitorizado cada dous anos para comprobar a implantación destes plans no municipio.

Anxo Baz, manifestou que, neste senso A Guarda xa leva anos traballando nesta liña, incrementando o horario de atención e mellorando as instalacións do Punto Limpo da vila, instalando contedores de recollida de textís e aceites usados, cambio de luminarias por tipo led, instalación de caldeiras de biomasa en edificios públicos, entre outras accións que se marcan dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.


A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico.

O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.

Mondariz organiza un taller de defensa persoal para mulleres

0

Este sábado, 23 mulleres aprenderán as ferramentas básicas da autodefensa en Mondariz. O taller, organizado polo Concello de Mondariz e dirixido exclusivamente a mulleres, será impartido por Felipe Meana, director técnico do club deportivo SKM, e Marietta Sacristán, instructora do mesmo centro.

Estes profesionais, con experiencia en violencia de xénero, tratarán de recrear de xeito realista situacións incómodas que poidan sufrir as mulleres, co obxectivo de axudar a identificar riscos e facer fronte a posibles agresións.

Este taller gratuíto, que terá lugar o sábado en horario de mañá na aula da Biblioteca Pública Municipal ‘Xoan Xosé Pérez Labaca’, espertou un enorme interese entre a poboación feminina tras ser anunciado na páxina oficial do Concello de Mondariz en Facebook.

As prazas, limitadas a 23, foron reservadas rápidamente. Das mulleres inscritas, 12 son de Mondariz, 5 de Vigo, 4 de Ponteareas e 2 de Salvaterra de Miño.

Nas próximas semanas está previsto que se informe doutro taller de defensa persoal dirixido á mocidade e co mesmo equipo profesional ao fronte. Estas actividades, segundo o Concello de Mondariz, “reflicten a liña de traballo da Concellería de Igualdade e Mocidade do Concello de Mondariz”, creada polo novo equipo de goberno (BNG-PSOE).

Ponteareas reafirmase na súa aposta pola igualdade

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa está na rúa o boletín do CIM de setembro, que leva un ano publicándose por iniciativa desta concellería e no que se poderán informar dos cursos, obradoiros, actividades, formación formal e un longo etc de accións en prol da igualdade e nas que as mulleres son as protagonistas. 

O Boletín recolle todas as iniciativas nas que poden participar tanto en Ponteareas como nos concellos da contorna. 

Todas e todos os que queiran recibir este boletín ou información de interese do CIM (Centro de Información á Muller) pode enviar un correo electrónico a [email protected] para subscribirse á lista de distribución. Tamén se pode solicitar ou enviar información sobre actos e actividades neste mesmo enderezo electrónico.

A concellería de Igualdade informa que todos as persoas que queiran recibir o boletín informativo do CIM en prol da igualdade poden solictalo

Verónica Carrera aproveita para recordar á cidadanía o horario de atención do CIM de luns a venres de 9 a 15 horas. Entre algúns dos servizos que ofrece o CIM está a atención psicolóxica, xurídica, axente de igualdade ou traballadora social. Calquera persoa interesada pode contactar co CIM no teléfono 986 644 653.

O boletín pode descargarse nesta ligazón

Mos abre expediente sancionador “por infracción moi grave” á empresa de recollida de lixo

0

O Concello de Mos vén de informar que, ante as deficiencias detectadas nas últimas semanas no servizo de recollida de lixo por mestura no mesmo camión dos residuos orgánicos procedentes dos colectores verdes, cos plásticos e envases lixeiros depositados nos amarelos, así como o papel e cartón dos azuis, a administración local abriulle á empresa concesionaria do servizo, Urbaser, un expediente sancionador por infracción moi grave.

Os informes periódicos que a enxeñeira municipal realiza para controlar a correcta prestación do servizo constatan as deficiencias.

Ademais a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, xa se reuniron con responsables da empresa para abordar este tema que os representantes municipais consideran “de máxima prioridade”.

Nas últimas semanas a recollida selectiva non se estaba a facer adecuadamente e mesturábanse residuos orgánicos, cos plásticos e envases lixeiros e papel e cartón

A postura do Concello é a de esixirlle a Urbaser a subsanación das deficiencias na recollida selectiva e a garantía de que non se volvan producir, so pena de ser obxecto de medidas máis drásticas chegando incluso a poder producirse a rescisión do contrato se a situación perseverase e fose necesario.

Ademais dende a administración local reclamóuselle á empresa un informe no que se especifique en detalle todo o lixo recollido e reciclado en Mos no último ano, con rexistros de depósito en Sogama que certifiquen a súa veracidade.

Segundo o Concello de Mos, Urbaser “aportou xa un informe e comunicoulle ao Concello de Mos que as deficiencias na recollida selectiva que se viñeron producindo nos últimos días foron producto dunha mala praxis por parte da plantilla que se considera unha falta moi grave e que, polo tanto, veñen de iniciar unha investigación para indentificar ao traballador ou traballadores responsables e abrirlle o pertinente expediente”.

Obradoiro de ‘cociña verde e superalimentos’ e xornada de micoloxía na Guarda

0

A Omix da Guarda organiza para os meses de outubro e novembro novas actividades nas que se inclúen un Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e unha Xornada de Micoloxía.

O Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos terá lugar os venres en horario de 18:00 h a 20:30 h dende o 18 de outubro ata o 15 de novembro, cun custe de 35 € por persoa.

As inscricións para estas dúas actividades están xa abertas na OMIX da Guarda no teléfono 986 610 000 ext. 7 ou no enderezo electrónico [email protected]

A Xornada de Micoloxía terá lugar un sábado do mes de novembro, aínda por decidir, con saída ao monte pola mañá e pola tarde.

Alberte Momán, «1[14]1»

Alberte Momán presentou meses atrás o seu novo proxecto, un poemario que responde ao enigmático título de «1[14]1». Trátase dun texto de ambientación distópica e contido case filosófico, que podería ter o desarraigamento do individuo como telón de fondo.

Máis ca poemario deberiamos cualificalo como prosa poética, tanto pola súa disposición como polo contido narrativo que se aprecia na súa lectura. Conta ademais cun prólogo a cargo de Henrique Dacosta que aporta algunhas claves máis ca interesantes para comprender mellor este libro, así como toda a poética de Momán.  

O texto está dividido en tres partes ou capítulos, sendo a primeira, «Exilio», a máis longa. Neste fragmento, o autor fálanos das vivencias e reflexións dun eu poético, protagonista de todo o relato, que vive afastado do grupo social ao que pertence e ao que critica con dureza por provocar ese afastamento. Non debemos entender estas palabras nun sentido puramente físico, pois o exilio do que falamos ten máis de aillamento psicolóxico, de falla dun sentimento de pertenza á colectividade e dunha relativa resignación fronte a tal situación, malia que ten relevancia no relato a carencia dun espazo fíxico ao que aferrarse e a habitabilidade imposta nun “non lugar” no que o protagonista se atopa. Falamos, entón, dun exilio non voluntario, senón provocado por ese grupo social ao considerar ao noso protagonista como algo alleo a eles. As razóns poden ser interpretadas de diversas maneiras durante a lectura, polo que o alicerce narrativo que domina todo o texto é tan diverso como se queira, o que lle dá a «1[14]1» unha profundidade moito maior. Unha longa viaxe introspectiva ao pasado do protagonista, tan habitual na poesía de Momán, complementa este capítulo.  

A segunda parte é a que dá título a todo o libro, «1[14]1», e está integrada só por catro poemas. Neste caso, o eu poético muda e a protagonista será unha muller que responde a ese nome en clave e que, dende o alto dun dos muros virtuais sobre os que se nos presentou o exilio do protagonista (que 1[14]1 comparte), reclama a integración no grupo de todos os membros que se sintan aillados ou, por explicalo mellor, arenga sobre a irmandade dos individuos e a necesidade de evitar que se produzan os exilios dos que se falou na primeira parte. Para iso, reivindica o amor como a ferramenta máis axeitada.  

O texto remata cunha terceira parte titulada «Poesía [Ficción]», na que os dous protagonistas dos fragmentos anteriores se atopan nunha sorte de viaxe interdimensional. Carentes ambos dun arraigamento físico, dun lugar ao que sentir que pertencen, procuran xuntos ese espazo que lles faga percibir un mínimo apego. E farano renunciando para sempre a calquera tipo de sometemento e de estigmatización, rebelándose contra un entorno inhóspito e exhibindo o seu propio exilio como ferramenta para reconstruirense nun novo eu poético.  

Un texto, como vemos, de contido que roza o metafísico, interpretado nunha prosa (poética) de grata lectura e de fácil absorción. E iso sempre é de agradecer neste tipo de textos nos que o autor se ispe completamente coa intención de exhibir para nós o máis fondo do seu ser.

Alberte Momán

1[14]1

Belagua

104 páxinas

Despois dos callos, volve o Pincho Folk a Salceda

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar en Salceda de Caselas a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.

Unha das claves do éxido do Pincho Folk de Salceda dende o seu nacemento, é o feito de engadir a música tradicional á propia ruta de pinchos. A música está aberta á participación de todas e todos os músicos que queiran participar como gaiteiros/as, pandeireteiros/as ou músicos/as en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada na compaña da mellor gastronomía.

A clientela que deguste os pinchos en diversos locais entrará no sorteo de interesantes premios como circuítos termais, lotes de productos ou cheques en efectivo.

Para elo non teñen máis que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hosteleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Tamén os/as hosteleiros/as optarán ao Pincho de Ouro elexido pola clientela e aportado por ACISA.

15 establecementos hosteleiros participarán no evento acompañados dos grupos de música tradicional de Salceda e arredores.

O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hosteleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hosteleiros e hosteleiras con Verónica Tourón, concelleira de Comercio, e Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura, encargados da coordinación que aproveitaron a ocasión para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento.

O certo é que as diferentes iniciativas levadas a cabo dende o Concello de Salceda de Caselas orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hosteleiros.

“Pensamos –explicou a rexedora local– en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostelería. A iniciativa do pincho folk foi prantexada dende o Concello fai xa sete anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

Amelia Tiganus ofrece na Guarda un relatorio sobre ‘Violencia Sexual Comercial’

0

O vindeiro venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM (Centro de Información á Muller) da Guarda. O acto, que terá lugar ás 20:00 h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas.

En tempos de globalización e neoliberalismo, a explotación da sexualidade feminina convertiuse nunha industria, unha das máis puxantes a nivel mundial. A cuarta onda do feminismo ten no centro da súa axenda a violencia sexual incluíndo dentro da mesma a prostitución e a pornografía.

Tendo ese marco presente, no relatorio, Amelia Tiganus combinará a teoría feminista e o marco legal, cunha análise crítica desde a experiencia vivida e sentida. Desgranará os intereses xeopolíticos que hai ao redor de legalizar a “trata con fins de explotación sexual en España”, deixando ao descuberto todos os actores do sistema prostitucional, e analizará o papel da demanda no mantemento da explotación sexual de mulleres e nenas

Os obxectivos deste relatorio son (re)pensar sobre a implicación e tolerancia social que existe ao redor da mercantilización do corpo das mulleres e nenas e as graves consecuencias que supoñen sobre a saúde física e psicolóxica das mesmas, así como identificar e incluír nos debates aos demais actores que inflúen e pechan o círculo desta realidade.

Como parte adxacente a isto, analizarase a importancia da coeducación e dos valores transmitidos a través da ensinanza e dos modelos familiares, culturais, sociais e políticos.

Para iso, na Guarda contarase co relato de quen convertiu a loita feminista no sentido da súa vida despois de ter sido vítima de trata e explotada sexualmente durante cinco años nos prostíbulos españoles. Coraxe, empoderamento, resiliencia e militancia feminista: claves para converterse en suxeito político.

“Son unha privilexiada por moitas razóns pero principalmente por poder pensar. Pensar paréceme un acto de rebeldía”, explica Amelia Tiganus.

“Algo tan humano como iso foime arrebatado –como a moitas mulleres– a través da violencia simbólica, a violencia psicolóxica, a violencia física, a violencia económica, a violencia sexual, a violencia institucional, a violencia sociocultural… As putas somos atravesadas por todas as violencias. Puiden despertar de aquela sensación de estar morta en vida o día que descubrín que a miña historia non era algo persoal senon a historia de moitas mulleres; a historia de mulleres que o patriarcado pon a disposición dos homes de maneira pública. E empecei a pensar, a indagar, a encontrar respostas, a perder o medo e a vergonza e a sentirme na obriga ética de actuar. Porque eu puiden saír dese campo de concentración que é a prostitución pero millóns de mulleres siguen alí, sufrindo a pérda de identidade, a tortura física e psicolóxica, o medo, o descoñecemento, o silencio, a indiferencia, o esquecemento e o desamparo do Estado proxeneta e da sociedade cómplice.”

Sobre Amelia

Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español. Publicou varios artigos, de entre os que destaca ‘La revuelta de las putas’,e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Foi coordinadora en feminicidio.net durante tres anos e recibiu varios premios e recoñecementos ao seu labor en pro dos dereitos humanos das mulleres e as nenas. Nos últimos tres anos impartiu máis de 150 relatorios, charlas e obradoiros por todo o territorio español e tamén en Arxentina e Alemaña.

Das súas varias aparicións en televisión, destaca Salvados –Las invisibles, un programa de máxima audiencia da Sexta- onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole. Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».

Protección Civil do Val Miñor presenta o seu informe do verán 2019

0

“Dende o concello de Nigrán queremos facer público e trasmitir o agradecemento de toda a cidadanía á Asociación de Voluntarios de Protección Civil que fan posible que o verán sexa máis seguro”, declarou hoxe o alcalde de Nigrán na presentación do informe do verán de Protección Civil.

O rexedor local subliñou a a instalación dun novo posto en Panxón “con servizo específico para persoas con mobilidade reducida, os dous vehículos de atención inmediata e unha zódiac e moto de auga dotadas de patrón e socorrista”.

As incidencias máis salientables, segundo o informe de Protección Civil, foron 579 pequenas feridas ou cortes, 23 luxaciones ou fracturas, 116 picaduras de insectos ou 637 picaduras de fanecas.

“A labor e o esforzo de socorristas e protección civil converten os nosos lugares en espazos seguros e protexidos –sinala o alcalde de Nigrán Juan González– e nese sentido seguiremos a traballar e apostar nos próximos anos intentando conseguir máis efectivos e ampliar as datas de traballo dende o 20 de xuño ata o 13 de setembro”.

Atopado o corpo do triatleta desaparecido en augas do Miño

0

A federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno «Pedal’Arte», a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, veñen de facer un comunicado conxunto tralo achádego do corpo sen vida do triatleta desaparecido en augas do Miño.

COMUNICADO CONXUNTO

O corpo do mozo triatleta desaparecido, desde o domingo, no río Miño, foi encontrado esta mañá, sobre as 08h00, flotando na auga na marxe portuguesa, na zona situada fronte á Piscina Municipal. No transcurso das operacións de vixilancia no terreo, un membro da corporación dos Bombeiros Voluntarios de Cerveira deu o sinal de avistamento do cadáver, sendo inmediatamente accionado un bote do NRP Río Miño, para concretar o rescate do corpo e, posteriormente, encamiñalo cara ao Instituto de Mediciña Legal de Viana do Castelo.

Por ter o suceso acontecido durante a proba de natación do XII Triatlo da Amizade, con organización conxunta, a Federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, a Pedal’Arte, o Concello de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, manifestan publicamente o profundo pesar pola perda do mozo de 23 anos, enviando as máis sentidas condolencias á familia e amizades.

Tras catro días de operacións de busca intensivas, as dúas federacións, a asociación e ambos gobernos locais, agradecen públicamente todo o dispositivo efectuado, destacando que, baixo coordinación da Capitania do Porto de Camiña e da Comandancia Naval do Miño, realizaron un traballo incansabel ao longo de toda a operación.

Neste momento, solicítase o respecto necesario para que familia e amizades poidan realizar as cerimonias fúnebres coa maior privacidade posibel.

O Ministerio Público xa procedeu á abertura dunha investigación, polo que se agarda á maior brevidade posíbel dispoñer dunha clarificación dos feitos relativos ao suceso.

Prado Surf Escola, 12 anos de dominio no surf galego

0

O pasado domingo 1 de setembro Prado Surf Escola proclamábase, por duodécima vez consecutiva, Campión Galego por Equipos no Campionato Galego de Surf que se disputou nas augas coruñesas da praia de Caión.

Durante a fin de semana case 200 deportistas dábanse cita no areal coruñés para competir no Campionato Galego, tanto individual coma por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf e Bodyboard. Unha proba que conta co apoio da Xunta de Galicia e Abanca, e que ademais é clasificatoria para o circuíto nacional.

Mara e Derick no campionato de Caión

Os integrantes do Prado Surf Club, fixeron o que nos teñen acostumados: dende as categorías sub 12 ata Open e Master, os e as de Nigrán fixéronse ata con 14 postos gañadores. Entre as vitorias máis relevantes cabe destacar o primeiro posto de Erika Lago en Sub 16 feminino, Manuel Fernández en Sub 16 masculino e Derick Rey que conseguiu o primeiro posto na categoría Master.

Ademais, Prado Surf Escola volveu proclamar Campión Galego por equipos por duodécima vez consecutiva, unha vitoria que, como sinala o propio club “recompensa todo o traballo realizado polo equipo que hai detrás da Escola e especialmente dos adestradores Derick Rey, Pablo Occy, Pedro Aceval, Pablo Romero, Pedro manso, José Dominguez e Antón San Ildefonso.

Hai anos xa que a escola aposta por manter a un equipo forte e sólido para competir tanto nos circuítos galegos como nacionais, ademais dos adestramentos semanais en varias praias das costa galega e portugesa, Prado Surf Club organiza viaxes de perfeccionamento todo o ano ás mellores praias de Francia ou Maldivas.

Os colexios de Ponteareas contarán, por primeira vez, co servizo de Aula Matinal

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, anunciou hoxe a apertura do prazo de inscrición para a aula matinal dos centros educativos públicos tanto no ámbito urbano como no rural. Será a primeira vez que os centros educativos ponteareáns conten con este servizo que contribúe a mellora da conciliación da vida laboral e familiar.

As familias con nenos e nenas no CEIP Feliciano Barrera, CEIP Santiago de Oliveira e CRA A Picaraña (Areas, Moreira, Pías, Ribadetea, Parada e  Portela) poderán realizar xa a inscrición.

Potenciar o desenvolvemento integral do alumnado tanto no aspecto lúdico como educativo e fomentar valores sociais tales como o compañeirismo, traballo en equipo, coidado do material, actitudes de respecto e tolerancia e dinamizar a través de actividades socioeducativas para incentivar a participación activa e o desenvolvemento de habilidades socias, actitudes cooperativas, democráticas e cívicas, son algúns dos obxectivos da aula matinal.

As familias interesadas poderán acceder ao formulario de inscrición, tanto para o rural como para o ámbito urbano a través da seguinte ligazón da páxina web do concello https://ponteareas.gal/servizos/ensino/aula-matinal/

Tamén poderán obter o formulario de inscrición no departamento de Ensino do concello ou nos centros escolares.

Unha vez cuberta a solicitude deberán entregala ou no rexistro do concello de Ponteareas ou a través da sede electrónica (trámites destacados/instancia xeral).

Con esta iniciativa o goberno de Ponteareas amplía os servizos ofrecidos á cidadanía e da un paso máis na equiparación de servizos ofrecidos á veciñanza das parroquias e do centro urbano.

Cristina Fernández insiste na importancia de apoiar ás parroquias “xa que son a identidade dun xeito de vida propio de Galicia e moi representativo en Ponteareas”.

Afaga e Concello de Redondela poñen en marcha un programa de estimulación para persoas con Alzhéimer

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, presentaron esta mañá un Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia do que se beneficiarán os veciños de Redondela e Chapela.

O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presentaba un programa que, como sinalaba, “ten como obxectivo traballar coas persoas no proceso leve da enfermidade para ralentizar o proceso de deterioro”.

O programa, tal e como se explicou no encontro coa prensa, traballará tanto coas capacidades cognitivas coma coas capacidades funcionais. “É un programa que nos lugares no que o temos desenvolvido o funciona moi ben”, aseguraba o presidente de Afaga que explicaba a “outra vertente” da iniciativa “que é a de respiro familiar que unida á de estimulación terapéutica, permite acadar un dobre obxectivo” xa que, recalcou “é preciso ter presente que cando fálase de demencias, sempre se fala do binomio enfermo-coidador/a”.

Pola súa banda, Digna Rivas, amosaba a súa satisfacción polo programa que se estaba a presentar porque, subliñou “Redondela como cuarto concello da provincia, precisa no só destas actividades, senón dunha Unidade Terapéutica de Demencias, que é un dos obxectivos a poñer en marcha”.

Nese sentido, Rivas chamaba a atención sobre o feito de que “outros concellos de menos poboación xa levan anos con este programa de estimulación terapéutica e outros como Mos, O Porriño, Vilaboa, que levan anos con Unidades Terapéuticas de Demencias, unidade da que Redondela carece”.

Digna Rivas aseguraba que apresentación deste Programa de Estimulación Terapéutica “é un primeiro paso, todos os camiños comezan cun primeiro paso, para no vindeiro ano ponernos a traballar na creación desa Unidade imprescindible para Redondela e desenvolver todas as accións precisas que supoñan un beneficio non só para as persoas doentes senón tamén para as súas familias”.

O Programa de Estimulación Terapéutica

O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acollerá este Programa de Estimulación Terapéutica os luns e mércores de 10:30 horas a 13:30 horas, mentres que o Multiúsos Piñeiral do Crego, de Chapela, impartirá as actividades os martes e xoves no mesmo horario.

É, destacaba Juan Carlos Rodríguez, un “programa intenso” moi enfodo ás capacidades cognitivas de cada quen e por iso “son grupos de dez persoas máximo para facer unha intervención adecuada”. Traballase, polo tanto, en exercicios para evitar a pérdida de destrezas nas actividades cotiás, exercicios de memoria e axilidade mental, ximnasia para maiores, talleres de cociña e xogos tradicionais, manualidades e musicoterapia.

Un proceso “retardable”

“O alzhéimer non se pode previr, non hai unha vacuna” recalcaba o presidente de Afaga que, porén, sinalaba que o que hai “e a posibilidade de desenvolver actividades que permitan ao paciente ter unha actividade cognitiva suficiente para que o proceso de demencia chegue máis tarde”.

A demencia é a consecuencia dunha enfermidade, puntualizaba Juan Carlos Rodríguez, “e o Alzhémier ten a característica de comezar moito antes de que se manifesten os síntomas, en torno a quince ou 20 anos antes”.

A elevada “elasticidade” do cerebro fai que cando unha área “deixa de funcionar, este busque outras alternativas, pero para buscar esas alternativas alternativas, o cerebro ten que estar activo. Entón cando máis activo estea, maior capacidade de alternativas terá e por iso se pode retardar o proceso” explicaba o presidente de Afaga.

O Goberno porriñés “garante o pagamento a provedores fronte a política de atrancos do PP”

O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García de la Torre, alcaldesa da vila.

De xeito que a maioría da Corporación coa suma de votos de concelleiros do PSOE, EU Son, BNG e grupo mixto (Manuel Carrera) derrotou as propostas do Partido Popular durante a sesión celebrada este mediodía.

Segundo o Goberno de Eva García, o PP pretendía con este pleno extraordinario convocado pola súa iniciativa, “frear os pagos a proveedores e empresas oponiéndose ás mdoficacións de crédito prantexadas”. Asimesmo o PP demandaba ”unha revisión de oficio de toda a facturación dos exercicios 2016, 2017 e 2018 para depurar as irregularidades que se tiveran cometido”, segundo expusou o voceiro Alejandro Lorenzo.

“Iso suporía atrancar o funcionamento do Concello de Porriño durante anos e terminar pagando con xuros o que se debe” respostou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda que lembrou o voceiro da oposición “cando vostede estivo no goberno municipal con Nelson Santos aprobaron pagos de facturas por 18 millóns de euros mediante modificións de créditos e recoñecementos extraxudiciais”, sinalou a voceira socialista.

“Unha revisión xeral de oficio da facturación pendente sería unha temeridade” segundo Manuel Carrera mentres que Pedro Pereira e Pedro Ocampo tamén coincidiron en manifestar durante o pleno o seu rexeitamento a unha revisión de oficio “que sería unha temeridade” apostillou o voceiro do BNG. Pola súa banda Ocampo fixo a observación de que na conta 413 “sí se revisarán algunhas das facturas segundo acordamos na comisión informativa”, extremo co que estiveron dacordo BNG e PSOE.

Os concelleiros do PP presentaron votos particulares contra as modificacións de crédito propostas polo goberno municipal. Os votos particulares foron derrotados e as propostas do goberno municipal sairon con 9 votos a favor (PSOE, EU Son, BNG e Carrera) e 8 abstencións (PP).

Unha desas modificacións de crédito, polo tanto aprobada hoxe, por importe de 473.000 euros é para pagar facturas con recoñecemento extraxudicial a dez empresas por servizos e obras. A aprobación da operación garante o pagamento en breve.

A outra modificación é por importe de 1.700.000 euros. O acordo adoptado hoxe pola maioría da Corporación determina a xeneración do crédito para o pagamento a 238 proveedores e empresarios do Concello de Porriño. Agás aquelas facturas que deban ser revisadas segundo o acordó de PSOE, EU Son e BNG. Para as restantes ainda que estará a súa ratiticación no seguinte pleno que será o ordinario de setembro.

Outro punto da sesión era a ratificación do contrato coa empresa “Ascan” para a limpeza viaria conforme decidiu hai meses a mesa de contratación. O PP pretendía derogar esa adxudicación alegando supostas deficiencias na prestación e tamén prantexou un voto particular que foi derrotado pola maioría da corporación. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente do goberno municipal defendeu a adxudicación que” foi decidida nunha mesa de contratación con catro técnicos sen intervención de políticos”.

A adxudicación a ‘Ascan’ foi ratificada con 7 votos a favor (PSOE, EU Son e Carrera) e 10 abstencións (PP e BNG).

Por último, nesta sesión plenaria quedaron finalmente aprobadas as retribucións da alcaldesa e concelleiros que forman o goberno municipal en réxime de adicación exclusiva, asunto que quedou pendente no pleno municipal do pasado 12 de xullo.

Arbitrariedade no recoñecemento das obrigas de exercicios pechados

Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular do Porriño, Alejandro Loreenzo asegurou que “a proposta de Crédito Extraordinario por importe de 1.781.923,54 euros, respaldada hoxe por PSOE, EU SON, BNG e Manuel Carrera, pon de manifesto a arbitrariedade á hora de intentar recoñecer as obrigas procedentes de exercicios pechados que arrastra o Concello do Porriño, que en realidade superan os 5 millóns de euros”.

E é que sendo responsables e sabedores dos incumprimentos constantes da estabilidade orzamentaria, regra do gasto, periodo medio de pago, plan económico financieiro e da imposición da non dispoñibilidade de crédito por valor de 4.870.747,47 euros, o Goberno Municipal continúa omitindo a totalidade da facturación pendente de pago e nula de pleno dereito.

Por este motivo, os populares solicitaban hoxe que a Corporación Municipal recoñecera a obriga de pagar a totalidade do que se debe ás empresas, primeiro realizando a revisión de oficio da facturación irregular para poder elaborar a correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para determinar que se pague a todos os provedores o que se lles debe dende hai anos.

“A rexedora pretende seguir poñendo parches e levando a cabo postas en escena, como a de hoxe no pleno, que non fan máis que acrecentar o problema e dilatar o pago a provedores, para impedir dar conta do que en realidade está a acontecer no Concello”, apuntou Lorenzo, “Agora o fai respaldada por quen hai uns meses, antes das eleccións municipais, denunciaban estas prácticas e as tildaban de inadmisibles”.

O voceiro dos populares lamenta “a manipulación” que a rexedora está a facer dende as redes sociais e gabinete de comunicación do Concello do Porriño. “Está poñendo ao servizo do seu propio interés os medios institucionais , usándoos para engañar á xente”, explica Lorenzo, “Os plenos non se colgan na mediateca para que a veciñanza non poida comprobar o que realmente aconteceu”.

A proposta dos populares, tumbada a pasada sesión polos grupos que apoian á Alcaldesa, incluía a modificación da base 18 que permitiría ao pleno ter competencia para o levantamento de reparo e poder permitir o pago sendo, “esta competencia agora mesmo é da Alcaldesa e está a facer uso arbitrario da mesma e negándose a que o pleno teña capacidade de decisión”.

A revisión de oficio da facturación proposta polos populares ten como fin o pago a provedores coa garantía de que se fai conforme ao prezo de mercado e, entre outras cuestións, que se paga por traballos que se realizaron. “Lonxe de pretender impedir o pago, o que estamos intentando é que se pague a todas as empresas que traballaron para este concello e non só ás que a Alcaldesa decida, como está a facer e como pretende seguir facendo. Existen centos de decretos da Alcaldía ordenando o pago a empresas dunha forma totalmente arbitraria mentres outras continúan e continuarán sen cobrar. É inadmisible”, conclúe Lorenzo.

Nova cata de viños na Casa Cultural de Arcos

A Casa Cultural de Arcos, como xa ven sendo habitual cada trimestres, acollerá este venres 6 de setembro, ás 21:30 horas, unha nova cata de viños da man de Templum Sensibus Viñoteca. Desta proponse facer un percorrido polos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.

A cata inclúe unha cea a base de petiscos variados cun prezo de 18 euros para as socias e socios da Casa Cultural de Arcos e de 20 euros para as persoas que non estean asociadas.

As inscricións poden realizarse na Cafetería da Casa Cultural, en [email protected] ou no 667 816 814. As prazas son limitadas.

Ponteareas promociona as razas autóctonas na Feira Tradicional dos Remedios

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, adianta que nesta décimo terceira edición da Feira dos Remedios contarase con colaboracións especiais como a da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) e a do Club Can de Palleiro.

Cun renovado enfoque, a Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas quere poñer en valor as razas autóctonas desde un punto de vista funcional. Con tal propósito, contactou coas diferentes asociacións de criadores de razas autóctonas de Galiza e dúas delas amosarán os seus animais no parque da Feira Vella a partir das once da mañá e tamén en horario de tarde co obxectivo de dar a coñecer as nosas razas e destacar a súa valía e características que os diferencian do resto das razas.

Degustación de carne de poldro

A Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) patrocina, por unha banda, un posto de degustación gratuíta de hamburguesas e chourizos elaborados con carne ecolóxica de poldro.

En segundo lugar, realizará unha descrición morfolóxica dun exemplar de Pura Raza Galega para coñecer, da man dunha das técnicas da asociación, cales son as características que ten que presentar un bo exemplar desta raza equina.

E, en terceiro termo, realizará unha exhibición-demostración do ancestral (Plinio xa falaba del na súa literatura ao falar dos Callaici) e tradicional (foron os animais preferidos para viaxar até a chegada dos vehículos de tracción mecánica) paso de andadura.

Pola súa banda, o Club Can de Palleiro brindaralles aos ponteareáns e ás ponteareás un Monográfico completo sobre este cánido (un concurso morfolóxico) que terá unha duración de dúas horas.

Estes animais, para alén de seren fantásticos compañeiros na vida diaria de calquera persoa, son formidábeis tanto como cans pastores para axudar nas tarefas gandeiras con gando menor (ovellas ou cabras) e maior (vacas ou cabalos) como cans guía para persoas invidentes ou con necesidades especiais.

A Concellería de Cultura agradece a colaboración da Federación de razas autóctonas de Galicia, BOAGA, e a Asociación de Criadores de Gando Celta, ASOPORCEL.

Entre as razas que atoparemos na Feira Vella estarán tamén a vaca rubia galega, frieiresa, caldelá e cachena, a cabra galega, a ovella galega e a galiña de Mos.

A Aula CeMIT da Guarda da a coñecer os cursos para nenos e adultos ata fin de ano

0

A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, os cursos serán en horario de mañá e de tarde.

As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico [email protected].

Destacan na programación de cursos os de Informática para nen@s, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica, follas de cálculo ou o de informática para adultos.

Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.

Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.

O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

O goberno de Nigrán reafírma o seu compromiso co tecido asociativo do municipio

0

O Concello de Nigrán ven de conceder 45.000 € as entidades deportivas, culturais e veciñais. O Concello de Nigrán realizou un ano máis a convocatoria co obxecto de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades das entidades e que complementan a programación dos servicios municipais e que se realizan con carácter público en Nigrán durante o ano 2019.

Para as actividades de fomento da práctica deportiva concedéronse 22.000 € a 15 entidades e 5.200 euros a outras 11 no apartado de fomento do deporte; destínanse 7.300 euros a cinco entidades culturáis e 10.000 euros a 8 entidades polo fomento do Asociacionismo.

“Para o goberno de Nigrán é un compromiso e unha convicción apoiar ás entidades que co seu traballo fan posible un municipio onde o deporte, a cultura e o asociacionismo sexan unha prioridade”

Coa mesma intención de facilitar o traballo ás asociacións veciñáis vense de asinar hoxe 2 de setembro un convenio para que a Asociación de Veciños ‘A Irmandade’ de Priegue use a a antigua escola unitaria, pechada dende hai anos.

“Fomentar as actividades culturais, deportivas e veciñáis é un obxectivo fundamental deste goberno, dotar de espazos dignos ás asociacións que defenden os intereses dos cidadáns, unha prioridade”, declara Juan González

Á rehabilitación da escola redistribuíu o seu espazo para facer dúas novas estancias, una para oficina e outra para aseo adaptado, ademáis de manter unha zona para espacios comúns. Dotouse tamén de nova instalación eléctrica e de fontanería, novos solados e alicatados e completo pintado. Finalmente, a cuesta de acceso conta cunha baranda de aceiro inoxidable e rectificouse a súa pendiente para que resulte accesible.

A remodelación integral da vella escola unitaria complentouse coa creación una zona de parque infantil e mobiliario urbano e a imnstalación dunha pista multideportes e unha cancha de petanca de 3×14 metros.

“Con este proxecto damos respuesta a unha antigua demanda coa que queremos respaldar e facilitar o traballo da Asociación de veciños ‘A Irmandade’ e por outra bandqa por en valor este lugar para que sexa un verdadeiro punto de encontro da parroquia no que nenos e maiores se sintan a gusto e nun espazo seguro e de convivencia”, sinala o alcalde, Juan González.

‘Camiños Converxentes’, exposición de fotografía de Pily Reñones en Tomiño

0

O Concello de Tomiño organiza, para as Festas do Alivio 2019, unha interesante exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, mostra que leva por título ‘Camiños Converxentes’ e que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no primeiro andar do Mercado Municipal. ‘Camiños Converxentes’ será inaugurada, oficialmente, o sábado ás 12 horas.

Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía ‘Holanda’, na que a autora retrata a unha anciana da localidade ourensá de Riós.

Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcadesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.

Comandancia Naval do Miño e Capitanía de Porto de Caminha continuan coa procura do mozo desaparecido en augas do Miño

0

Continúan os labores de procura do mozo portugués de 23 anos que desapareceu a tarde do domingo pasado durante a proba de natación do Tríatlon dá Amizade, que se desenvolvía entre a Parroquia de Goian, no municipio de Tomiño, e Vilanova de Cerveira, na marxe portuguesa do Río Miño.

A Armada Española, a través da Comandancia Naval do Miño e a Marina Portuguesa a través da Capitanía de Porto de Caminha, lideran o dispositivo de procura e están a coordinar os medios na zona.

No día de onte, empregáronse nunha ampla zona os equipos de detección subacuática e realizáronse inmersións nun período de 4 horas, mentres a corrente permitíao. Investigáronse visualmente ata 15 obxectos mergullados descartándose todos eles.

Ata o momento a procura foi infrutuosa. Ao obxecto de prolongar no tempo as tarefas e ampliar a zona de procura, axustouse a diversidade de medios dispoñibles.

Redondela aposta pola difusión da cultura galega

0

O Concello de Redondela, logo de distribuír entre a veciñanza e bibliotecas municipais exemplares do libro Estirpe, de Xosé L. Méndez Ferrín (reeditado este ano por iniciativa municipal), vén de remitir esta obra, tan importante para a literatura contemporánea, a varias bibliotecas de Galicia que carecían dela.

Foron arredor de vinte bibliotecas municipais, de toda Galicia, as que recibiron este agasallo: Lalín, Rianxo, Ribadeo, Monforte de Lemos, Riveira, Celanova…

Con esta iniciativa, o Concello de Redondela reafírmase no seu compromiso coa cultura e lingua galegas como un sinal de identidade da vila.

Ademais, reiteran dende o Servizo de Normalización Lingüística, é necesario que dende a Administración local foméntese un circuíto de distribución de libros promovidos polos concellos e que están, en ocasións, en caixas sen saída nin mellor sorte.

A nova dirección do CEIP ‘Nosa Señora dos Remedios’ fomentará a autonomía do alumnado

A tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, reuníuse na mañá de hoxe co novo director do CEIP Nosa Señora dos Remedios, José Ángel Penas Tallón, para estudar as necesidades e apoios que o centro escolar precisará neste curso que comeza 2019/2020.

Cristina Fernández aproveitou para darlle a benvida ao novo director que asume por vez primeira a dirección dun centro educativo logo de levar xa oito anos consecutivos asumindo a ensinanza de mestre de educación física neste centro escolar.

Nativo de Lugo pero xa afincado en Ponteareas, José Ángel Penas toma o relevo do anterior director Regino Garrido Figueiras que nos últimos doce anos asumíu a dirección do centro deixando, segundo Penas “un listón alto que tentaremos manter”.

O director do ‘nº 1’ asume o seu novo cargo, que compatibilizará co de profesor de educación física nos curso 5º e 6º de primaria, con ilusións e propostas enriba da mesa xa encamiñadas. No mes de xullo, Penas Tallón xa se reuníu co concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, para comezar a traballar na creación de rutas seguras de acceso en bicicleta ao centro escolar.

“Queremos fomentar entre o alumnado e entre a comunidade educativa en xeral, os desprazamentos sostibles e seguros así como os hábitos de vida saudables por iso estamos a poñer en marcha o proxecto de tramos urbanos nos que se conte cun espazo seguro para o desprazamento do alumnado en bicicleta. Un feito que ademais promove a autonomía dos cativos e cativas”, explica o director.

Ademais, trasladou á concelleira de Ensino a súa intención de promover os desprazamentos a pé coa sinalización e demarcación de tramos específicos para o tránsito de escolares.

Director e concelleira percorreron as instalacións para avaliar os traballos realizados e os que están pendentes.

Ao igual que nos anteriores comezos de curso, Cristina Fernández manterá distintas reunións con todas as directivas dos centros escolares, dando tamén a benvida nos vindeiros días á nova directora do CEIP Feliciano Barrera de Guláns.

‘Mercadiyo’ de Sabarís, “o que a ti che sobra, outros o necesitan”

A avenida Julián Valverde de Sabarís acolleu na mañá de hoxe a presentación da segunda edición do rastro familiar ‘Mercadiyo’, festa da reciclaxe, que o pasado ano, na súa estrea, acadaou un notable éxito tanto de participantes como de público.

Baixo o lema “o que a ti che sobra, outros o necesitan” ao redor de 60 participantes expoñerán nos seus postos todo aquilo que se adoita gardar nos desváns. Entre os ‘tesouros’ que se poderán descubrir este domingo, 8 de setembro, na Avenida Julián Valverde de Sabarís, están pezas de roupa, accesorios, aveños domésticos, obxectos persoais… en resumo, todos aqueles elementos que, habitualmente, se teñen nas casas e xa non se utilizan, “pero poden ter unha segunda vida en mans doutra persoa”, sinalan dende a organización.

Esta segunda edición do ‘Mercadiyo’ conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Baiona, que acolleron con gran entusiasmo o evento organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA).

Desde as 11 h ata as 21 horas unha infinidade de actividades paralelas, para todos os públicos, encherán a rúa. Instalaranse catro escenarios ao longo da avenida e cada un deles acollerá unha actividade.

Os materiais reciclados, a repostería e a música serán os tres alicerces sobre os que se sustentarán as actividades. Poderase gozar de talleres con materiais reciclados, talleres de repostería, música, concertos…

Este ano o Mercadiyo vira contorna a diferentes culturas, ‘4 escenarios …. 4 culturas’. Con isto, a organización busca mostrar a gran diversidade cultural que nos rodea, polo que animan “a quen desexe participar neste encontro intercultural, a poñerse en contacto con OVALMI”.

“O vindeiro domingo poderase gozar dunha bonita xornada de ambiente familiar e educativo na que os máis pequenos e os mozos poderanse concienciar da prolongación da vida útil das cousas, unha práctica que un tempo pasado era bastante común e que cada vez está máis en desuso”, conclúen os organizadores deste ‘II Mercadiyo’.

A Xunta colabora con Mos no ‘Festival Demostra’ de cultura urbana

0

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do Festival Demostra de cultura urbana. A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto coa alcaldesa Nidia Arévalo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na presentación deste evento que terá lugar o vindeiro sábado.

Fabiola García salientou o firme compromiso que ten a Xunta de Galicia coa mocidade, por iso colabora con eventos como este que contará con obradoiros de grafitti, beatbox ou skate, exhibicións de baloncesto ou BMX e un concerto de rap. O Goberno galego destina 8000 euros á celebración desta cita que acada a súa segunda edición.

[su_image_carousel source=”media: 5708,5707,5706″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

Así mesmo, a conselleira de Política Social anunciou que tamén se instalará, en colaboración con Abanca, unha carpa informativa sobre as vantaxes do Carné Xove. Esta tarxeta, dirixida a persoas de entre 12 e 30 anos de idade, ofrece descontos e ofertas especiais en máis de 3000 establecementos adheridos ao programa en Galicia, e tamén noutras zonas de España e en 40 países de Europa.

Por último, Fabiola García salientou do Festival Demostra a capacidade de fomentar entre as mozas e mozos a vocación artística, deportiva e saudable, por iso felicitou ao Concello de Mos por poñer en marcha iniciativas como esta.

Xunta e Concello do Porriño acordan axilizar a ampliación do Centro de Saúde

Concello do Porriño e Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acadaron hoxe un acordo polo que ámbalas dúas administracións poñerán o “máximo empeño” en axilizar prazos e execución das obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño. En virdude do convenio asinado, en dous meses licitarase a redacción do proxecto.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre asinaron convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprometese a “prestar os servizos e subministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde”. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal.

Conselleiro e alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en Santiago. No encontro estiveron presentes os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ao seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria.

Vázquez Almuiña, pola súa banda, estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa, xerente do Sergas.

A Deputación destina 300.000 euros á mellora das instalacións do CAAN

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato para a posta en marcha de actuacións de mellora no Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros.

Tal e como explicou a presidenta provincial, a empresa Prace encargarase de executar durante cinco meses o proxecto que abrangue a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da zona de corentena e hospitalización e a mellora do espazo de clínica para adecuar o CAAN á Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

En liñas xerais, Carmela Silva explicou que se entregan en adopción unha media de dous cans diarios que precisan dez días de media para recuperarse. “Neste eido é preciso adaptar o espazo actual que permite atender a 12 animais para dar cabida a 20 cans”, asegurou a presidenta.

Crearase unha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, remodelarase a zona de corentena e a de hospitalización e mellorarase o espazo de clínica

Ademais, en canto á zona de corentena e recepción de animais, tal e como informou Silva, “crearase unha nova, formada por cubículos individuais confortables que permitirán aos animais recollidos pasar un período de corentena maior, garantindo a sanidade do centro e o benestar animal”.

No que respecta á zona de atención e mantemento de cachorros, a través das melloras que se van acometer no CAAN vaise crear unha nova zona de maternidade, “máis ampla e cunhas condicións hixiénicas óptimas que favoreza, ademais, a visita do público e permita a interacción entre animais e persoas”, detallou a presidenta.

Finalmente, en canto á zona de esparexemento, acondicionarase un novo espazo onde os cans poidan realizar actividade física, socializar e interactuar coas persoas que acudan ao centro.

Carmela Silva visitará proximamente o CAAN para presentar a nova campaña para previr abandonos e fomentar adopcións, esterilizacións e o sistema de microchips

A presidenta da Deputación destacou que “cada vez hai unha maior conciencia do bo trato aos animais pero tristemente moita xente abandona aos cans. Por iso a través deste centro de acollida de animais prestamos un servizo fundamental”. Neste eido, Carmela Silva informou que proximamente visitará as instalacións do CAAN en Meis, onde dará a coñecer a nova campaña que ten por obxectivo prever abandonos, fomentar as adopcións, as esterilizacións e o sistema de microchips para facilitar a identificación dos animais.

Unha quincena de embarcacións déronse cita na Guarda no ‘X Cruceiro Río Miño’

0

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organizou o pasado sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C que contou coa participación dun total de 15 embarcacións.

A regata disputouse nun único formato multiclase aberto a todas as embarcacións a vela con orza móbil, contando con 3 catamaráns, 7 470, 3 Laser Radial, 1 dorna e 1 raquero.

As regatas arrancaron pouco despois das 16:00 h da tarde facendo un percorrido polo Río Miño entre A Pasaxe, en Camposancos, e a Praia das Eiras no Rosal.

[su_image_carousel source=”media: 5690,5689,5688″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

A regata foi puntuable para as embarcacións 470 e as multiclase, resultando a seguinte clasificación:

Clasificación 470

1º Ignacio Campos e Yolanda Bastos
2º Carlos Español Berridy e Patricia M. Lomba
3º Emilio Alonso Estevez e Alejandro Alfonso

Todos os equipos de 470 son do Club Deportivo Alagua

Clasificación Multiclase

1º Catamarán Clase A, Pablo Martínez-Sayanes López (Club Alagua)
2º Catamarán Nacra, José Vicente Rodríguez Rodríguez (Club Alagua)
3º Laser Standar, Serafim Gonçalves (Clube Naval Povoense)

O Porriño remata as obras da ‘Galiña Azul’ de Torneiros realizadas con fondos propios

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vinculada a rede ‘Galiña Azul’ da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como puido comprobar onte a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que visitou as instalacións acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure.

Na zona dos nenos de 0 e 1 anos e de 1 e 2 habilitaronse novos espazos de baños, lavabos e cambiadores así como novo mobiliario. Asimesmo habilitouse outra nova dependencia, unha ‘aula de soño’ e se renovaron instalación eléctricas e de fontanería.

[su_image_carousel source=”media: 5678,5679,5677,5676″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

Por outra banda tamén pintaronse aulas e espazos común e se instalaron detectores de fume e outras medidas de seguridade recomendadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta administración, dependente da Xunta de Galicia otorgou luz verde ó proxecto o pasado 14 de agosto razón pola que as obras empezaron o festivo 15 e os traballos tiveron que realizarse en dúas semanas.

O Concello de Porriño enviará a persoal para que faga a limpeza xeral das instalacións a fin que se poida abrir a Galina Azul de Torneiros para o vindeiro xoves día 5. O custe final das obras é de 48.054 e son sufragadas polo Concello do Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.

As festas de Ponteareas incluirán un horario de atraccións “sen música nin megafonías”

O concello de Ponteareas, por iniciativa das concellerías de Promoción Económica e Eventos, que dirixen Eva Gil e a tenente de alcalde Cristina Fernández, respectivamente, solidarízase coas persoas con diversidade funcional e promove os ‘horarios sen música nas festas’ para favorecer a inclusión de todas as persoas con autismo, síndrome de Asperxer e síndrome de Down entre outros diagnósticos.

Esta iniciativa contempla a apertura das atraccións obrigatoriamente ás 17 horas sen música e megafonía ata as 19 horas dos domingos día 8 e día 29 de setembro do presente ano, para facilitar o acceso ás persoas con diversidade funcional e que tamén poidan gozar das festas.

Esta iniciativa da concellería de Promoción Económica e da concellería de Eventos ten como obxectivo que as persoas con sensibilidade ao son poidan tamén gozar das festas

O concello de Ponteareas pon de manifesto que durante este horario non se poderá poñer música, sons ou megafonía nin facer uso de fogos de artificio así como calquera tipo de actividade que prexudique ou desfavoreza o uso e desfrute das atraccións e actividades das festas ás persoas con sensilidade ao son.

Preto de 133.000 euros da Deputación para a xestión de lixo tecnolóxico en Ponteareas, A Guarda, Nigrán e Gondomar

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 133.000 euros na adaptación dos puntos limpos de Ponteareas, A Guarda, Gondomar e Nigrán, co obxectivo de acondicionalos de cara á recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE). Unha iniciativa que permitirá o cumprimento da normativa europea e española, vixente dende o ano 2015, para o tratamento do ‘lixo tecnolóxico’.

A Xunta de Goberno Provincial tomou hoxe coñecemento do inicio dos expedientes. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que agarda que, unha vez rematados os trámites de contratación das obras e as subministracións necesarias, os puntos limpos estean plenamente operativos no primeiro trimestre de 2020.

Culminará deste xeito un proceso que comezou coa captación dos fondos europeos FEDER a través da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza POCTEP 2014-2020. Naceu así o proxecto Estraee (Estratexia Sostible para a Xestión de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) do que se están a beneficiar 9 puntos limpos doutros tantos concellos da provincia de Pontevedra, xunto con outros 9 situados en territorio portugués.

Ponteareas

No que atinxe ás obras do ‘ecocentro’ de Ponteareas vanse construír dous almacéns independentes para realizar o almacenaxe de RAEE (3o metros cadrados) e para a reutilización (28 metros cadrados).

Tamén vaise iluminar o almacén e instalar un sistema de protección contra incendios e paneis indicativos. O custo previsto destas obras é de 48.665,59 euros e o prazo de execución, trala adxudicación do contrato, será de dous meses.

A Guarda

No caso da Guarda é necesario subministrar sistemas de vixilancia, de control de accesos ao almacén, de control de accesos de vehículos, gaiolas e estanterías, transpaletas (máquinas para o movemento de palés) e, finalmente, subministración de equipos informáticos.

As obras permitirán construir no nivel superior un edificio para a reutilización dos residuos, instalarase iluminación no almacén e proveerase de sistema de protección contra incendios e paneis indicativos. A empresa que resulte adxudicataria das obras disporá dun prazo de 2 meses.

Gondomar e Nigrán

Nos ‘ecocentros’ de Gondomar é Nigrán é preciso subministrar sistemas de vixilancia, de control de accesos ao almacén, de control de accesos de vehículos, gaiolas e estanterías, transpaletas (máquinas para o movemento de palés) e, finalmente, subministración de equipos informáticos .

No que atinxe ás obras, no punto limpo de Gondomar vaise construír un almacén propio de RAEE, totalmente pechado, con soleira impermeabilizada e arqueta para recollida de posibles derrames.

No nivel inferior haberá un edificio para almacén e reutilización. Instalarase iluminación e tamén de sistema de protección contra incendios e paneis indicativos. O orzamento concreto para este punto limpo é de 35.637,19 euros.

En Nigrán obrarase para dotalo de nova iluminación e colocación de portas corredoiras con peche de seguridade. Construirase un edificio no nivel superior, apegado ao existente, para reutilización que poderá ser utilizado tamén como almacén de RAEE.

Tamén será dotado de sistema de protección antiincendios e paneis indicativos. O custo en Nigrán ascende a 19.960,05 euros. O prazo de execución en ámbalas dúas obras será, unha vez adxudicadas, de dous meses.

O orzamento total de licitación dos contratos de subministración e obras para a adaptación dos 9 puntos limpos da provincia incluídos é de 618.074,23 euros, que se reparten entre os 238.275 euros para as subministracións e outros 379.799,23 euros para as obras de reforma. A Deputación achega directamente 154.518,56 euros, o 25% do orzamento global.

O lixo ‘moderno’

Os RAEE, cuxo volume crece a un ritmo de entre un 18% e un 26% anual, supoñen xa 50 millóns de toneladas anuais no mundo, das que preto dun millón se producen en España.

Trátase de residuos altamente contaminantes, dado que inclúen elementos que causan graves prexuízos ao medio ambiente.

O mércores péchase a inscrición da XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

0

O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs amantes da natación na complicada especialidade de augas abertas e para que aínda quedan algunhas prazas baleiras. A inscrición péchase mañá 4 de setembro.

Os interesados e interesadas poden formalizar a participación na web www.galitiming.com ou directamente nesta ligazón, contando con dous percorridos, un de 400 m para as categorías A, B, C e D e outro de 1.200m para as categorías E, F, G, H, I, J,K e L.

Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe de 6 € para as inscricións realizadas ata o 31 de agosto e 8 € para formalizadas entre o 1 e o 4 de setembro. As categorías de nenos e nenas –A, B, C e D– son de balde.

A inscrición inclúe un gorro numerado, seguro de accidentes, cronometraxe e avituallamento final.

Os nadadores e nadadoras non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor/a autoricen a súa participación. O impreso de autorización, que pode descargarse nesta ligazón, debe enviarse asinado previamente ao correo [email protected] ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

A proba comezará ás 12:00 h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18 º ou por decisión da organización. O regulamento polo que se rexerá a proba pode descargarse dende este enlace.



O Arealonga FS de Chapela da a coñecer o fútbol sala entre os máis pequenos

0

O Arealonga Fútbol Sala de Chapela vén de comezar os seus adestramentos para todas as categorías de cara a afrontar unha tempada 2019/2020 ilusionante. Ao mesmo tempo, e para que os nenos e nenas poidan decidir si lles gusta este deporte, abre un prazo de 15 días para que, sen compromiso algún, poidan probar dita actividade deportiva.

Interesados e interesadas non terán máis que achegarse ao pavillón ‘Manuel González Soto’ de Chapela os martes e venres en horario de 17 h a 19 h.

As categorías que ten o Arealonga FS son a biberón (2014-2015), prebenxamín (2012-2013), benxamin (2010-2011), alevín (2008-2009), infantil (2006-2007), cadete (2004-2005) e xuvenil (2001-2003). Ademáis tamén haberá equipos nas categorías femininas de infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Os interesados e interesadas poden inscribirse no Pavillón Municipal de Chapela ‘Manuel González Soto’ –nos horarios de adestramento– ou tamén no teléfono 662 111 339 (Iván)

Salceda compostará preto de 1.000 litros de lixo orgánico da Festa dos Callos

No só foi a primeira festa dos callos “en Igualdade” que sinalaba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, na presentación do evento esta pasada semana, senón que a Festa dos Callos de Salceda nesta vixéximo oitava edición, foi tamén todo un exemplo de colaboración medioambiental que permitirá converter en compost, preto de 1.000 litros de lixo orgánico.

A cidadanía que acudiu onte a Salceda para comer unha ración de callos colaborou totalmente na iniciativa de reciclar o 100% do lixo e depositou nos colectores correspondentes os diferentes tipos de residuos.

Só no referido aos restos orgánicos recolléronse preto dunhs 1.000 litros (uns 250 de restos de callos e uns 750 de anacos de pan) que foron trasladados aos composteiros comunitarios que hai na vila –A Devesa, Raíña Aragonta e A Gándara– para producir compost baixo a supervisión das mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación. Estes biorresiduos convertiranse en poucos meses, logo de misturalos con estruturante, en aproximadamente uns 200 litros de fertilizante natural.

[su_image_carousel source=”media: 5629,5628,5627,5626″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

O persoal técnico provincial destacou que a iniciativa, na que colaborou o Concello de Salceda a través das concellerías de Festas e de Medio Ambiente, “foi todo un éxito e tivo moi boa acollida entre o público”, xa que a práctica totalidade das e dos asistentes cumpriu coa separación do lixo xerado durante o xantar utilizando as sete illas de reciclaxe habilitadas, deixando os restos da comida no seu colector, o vidro noutro, e os envases noutro.

Tamén foi un éxito o stand informativo do Revitaliza, sempre ateigado de xente participando no coñecido como ‘Xogo da miñoca’, co que as mestras e mestres compostadores da Deputación explicaron as vantaxes da compostaxe e repartiron agasallos e uns 200 quilos de compost en bolsas.

En total pasaron polo stand máis de medio milleiro de persoas, principalmente da provincia de Pontevedra, pero tamén doutras localidades galegas amosándose moi interesadas no proxecto da institución provincial para replicalo nas súas vilas de orixe.

Ponteareas organiza unha visita guiada ao Castro de Troña

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, convida a veciñanza e visitantes a participar na visita guiada ao Castro de Troña que se organiza dentro do programa ‘Coñece Ponteareas’. Esta iniciativa, totalmente de balde, permite que todos e todas poidan coñecer o patrimonio cultural e natural de Ponteareas así como descubrir recunchos singulares.

O punto de encontro será no Castro de Troña ás 19:00 horas e todos e todas as interesadas poderán anotarse na biblioteca municipal, a través do número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico [email protected]