A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, presentaron esta mañá un Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia do que se beneficiarán os veciños de Redondela e Chapela.
O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presentaba un programa que, como sinalaba, “ten como obxectivo traballar coas persoas no proceso leve da enfermidade para ralentizar o proceso de deterioro”.
O programa, tal e como se explicou no encontro coa prensa, traballará tanto coas capacidades cognitivas coma coas capacidades funcionais. “É un programa que nos lugares no que o temos desenvolvido o funciona moi ben”, aseguraba o presidente de Afaga que explicaba a “outra vertente” da iniciativa “que é a de respiro familiar que unida á de estimulación terapéutica, permite acadar un dobre obxectivo” xa que, recalcou “é preciso ter presente que cando fálase de demencias, sempre se fala do binomio enfermo-coidador/a”.
Pola súa banda, Digna Rivas, amosaba a súa satisfacción polo programa que se estaba a presentar porque, subliñou “Redondela como cuarto concello da provincia, precisa no só destas actividades, senón dunha Unidade Terapéutica de Demencias, que é un dos obxectivos a poñer en marcha”.
Nese sentido, Rivas chamaba a atención sobre o feito de que “outros concellos de menos poboación xa levan anos con este programa de estimulación terapéutica e outros como Mos, O Porriño, Vilaboa, que levan anos con Unidades Terapéuticas de Demencias, unidade da que Redondela carece”.
Digna Rivas aseguraba que apresentación deste Programa de Estimulación Terapéutica “é un primeiro paso, todos os camiños comezan cun primeiro paso, para no vindeiro ano ponernos a traballar na creación desa Unidade imprescindible para Redondela e desenvolver todas as accións precisas que supoñan un beneficio non só para as persoas doentes senón tamén para as súas familias”.
O Programa de Estimulación Terapéutica
O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acollerá este Programa de Estimulación Terapéutica os luns e mércores de 10:30 horas a 13:30 horas, mentres que o Multiúsos Piñeiral do Crego, de Chapela, impartirá as actividades os martes e xoves no mesmo horario.
É, destacaba Juan Carlos Rodríguez, un “programa intenso” moi enfodo ás capacidades cognitivas de cada quen e por iso “son grupos de dez persoas máximo para facer unha intervención adecuada”. Traballase, polo tanto, en exercicios para evitar a pérdida de destrezas nas actividades cotiás, exercicios de memoria e axilidade mental, ximnasia para maiores, talleres de cociña e xogos tradicionais, manualidades e musicoterapia.
Un proceso “retardable”
“O alzhéimer non se pode previr, non hai unha vacuna” recalcaba o presidente de Afaga que, porén, sinalaba que o que hai “e a posibilidade de desenvolver actividades que permitan ao paciente ter unha actividade cognitiva suficiente para que o proceso de demencia chegue máis tarde”.
A demencia é a consecuencia dunha enfermidade, puntualizaba Juan Carlos Rodríguez, “e o Alzhémier ten a característica de comezar moito antes de que se manifesten os síntomas, en torno a quince ou 20 anos antes”.
A elevada “elasticidade” do cerebro fai que cando unha área “deixa de funcionar, este busque outras alternativas, pero para buscar esas alternativas alternativas, o cerebro ten que estar activo. Entón cando máis activo estea, maior capacidade de alternativas terá e por iso se pode retardar o proceso” explicaba o presidente de Afaga.