Luns, 10 Febreiro de 2025

A Xunta colabora con Mos no ‘Festival Demostra’ de cultura urbana

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do Festival Demostra de cultura urbana. A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto coa alcaldesa Nidia Arévalo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na presentación deste evento que terá lugar o vindeiro sábado.

Fabiola García salientou o firme compromiso que ten a Xunta de Galicia coa mocidade, por iso colabora con eventos como este que contará con obradoiros de grafitti, beatbox ou skate, exhibicións de baloncesto ou BMX e un concerto de rap. O Goberno galego destina 8000 euros á celebración desta cita que acada a súa segunda edición.

[su_image_carousel source=”media: 5708,5707,5706″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

Así mesmo, a conselleira de Política Social anunciou que tamén se instalará, en colaboración con Abanca, unha carpa informativa sobre as vantaxes do Carné Xove. Esta tarxeta, dirixida a persoas de entre 12 e 30 anos de idade, ofrece descontos e ofertas especiais en máis de 3000 establecementos adheridos ao programa en Galicia, e tamén noutras zonas de España e en 40 países de Europa.

Por último, Fabiola García salientou do Festival Demostra a capacidade de fomentar entre as mozas e mozos a vocación artística, deportiva e saudable, por iso felicitou ao Concello de Mos por poñer en marcha iniciativas como esta.