10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas convoca un concurso para escoller as fotos do 'Calendario Galego de...

    Ponteareas convoca un concurso para escoller as fotos do ‘Calendario Galego de Ponteareas 2020’

    A Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, informa que xa están publicadas as bases do “Concurso de Fotografía Calendario Galego de Ponteareas 2020” que este ano convoca o Concello de Ponteareas coa finalidade de seleccionar as fotografías que formarán parte do calendario municipal que o Concello de Ponteareas edita desde hai anos.

    O concurso é de participación aberta e nel poderá participar calquera persoa nada antes de 2004 e o tema das fotografías debe estar relacionado co concello de Ponteareas: paisaxe, urbanismo, eventos, monumentos, festas e romarías.

    O prazo para a presentación de fotografías abranguerá do 19 de setembro ao 8 de novembro de 2019.

    O concurso é de participación aberta e o tema debe estar relacionado coa paisaxe, urbanismo, eventos, monumentos, festas e romarías

    As bases completas da convocatoria poden consultarse na web municipal e para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas ou clikar no enlace https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

    Segundo o concelleiro de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, Fernando Groba Bouza, a través deste concurso “preténdese que o calendario do vindeiro ano sexa unha mostra de Ponteareas a través dos ollos da cidadanía”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.