A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, convida a veciñanza e visitantes a participar na visita guiada ao Castro de Troña que se organiza dentro do programa ‘Coñece Ponteareas’. Esta iniciativa, totalmente de balde, permite que todos e todas poidan coñecer o patrimonio cultural e natural de Ponteareas así como descubrir recunchos singulares.
O punto de encontro será no Castro de Troña ás 19:00 horas e todos e todas as interesadas poderán anotarse na biblioteca municipal, a través do número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es