9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño presenta unhas 'Festas do Cristo' coa cultura, música e deportes...

    O Porriño presenta unhas ‘Festas do Cristo’ coa cultura, música e deportes como “piares básicos”

    A XXI ‘Feira de Oportunidades Merca na Rúa’, o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC que terán lugar durante este vindeiro fin de semana, marcan o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello de Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila.

    O orzamento dos festexos que rematarán o domingo 29 co ‘Recristo’ e a XXVI Festa dos Callos como grande reclamo, será de aproximadamente 170.000 euros, “unha cantidade lixeiramente inferior, dez mil euros menos que no 2018”, segundo indicou David Alonso, concelleiro responsable da programación.

    O edil ponderou que “os eventos culturais, os deportivos e os musicais son os tres pilares básicos da programación”, e subliñou “diversas novedades no ámbito deportivo que acumula 26 eventos como o ‘Porriño Street Festival’ ou Rally Mix Concello de Porriño que se estrean este ano mentres que se garante a continuidade doutros como a Nocturna, é dicir o Criterium Ciclista”.

    Alonso valorou que “un dos pratos fortes será a programación musical” e resaltou “especialmente os concertos dos grupos ‘Dakídarría’ e ‘Crebinsky’ que será o 20 de setembro e o dos canarios ‘Efecto Pasillo’, previsto para o 21, ambos na avenida Domingo Bueno”.

    O domingo do Cristo será a quenda das actuacións das orquestas ‘América’ na praza do Concello e ‘Charleston’ en avenida Domingo Bueno, ambas facendo dous pases. O responsable da Cultura do Porriño destacou tamén o concerto do luns 23 “que será a cargo do grupo ‘La Fórmula’ que van realizar unha actuación continuada durante cinco horas do que pensó non hai precedentes en ningún pobo de Galicia”.

    Asimesmo reivindicou “a recuperación da animación por barrios que será durante o ‘Recristo’ con actuacións musicais por barrios da cidade, en sete barrios históricos como San Benito, San Sebastián, a Alameda da Avenida de Galicia ou a zona de Sol, entre outros” citou o concelleiro quen, por outra banda, anunciou para o sábado 28 outra novidade de música itinerante que “será a actuación da Banda da Cultural de Arcade que a bordo dun autobús descapotable de dous andares percorrerá toda a cidade e todas as parroquias para que a sensación de festa chegase a todos os rincóns do concello”. David Alonso lembrou que él como orixinario dunha parroquia pequena (Cans) “sempre botaba en falta que houbera esa conexión que agora pretendemos correxir”, engadiu.

    Pola súa banda a alcaldesa Eva García de la Torre encomiou o programa de festexos coordinado por David Alonso. “Estou segura que vai ser un éxito porque están pensadas para todos; atenden as demandas de todos os sectores sociais” e abogou “porque milleiros de persoas de toda a área metropolitana veñan ata Porriño a disfrutar das nosas Festas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.