13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas promociona as razas autóctonas na Feira Tradicional dos Remedios

    Ponteareas promociona as razas autóctonas na Feira Tradicional dos Remedios

    A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, adianta que nesta décimo terceira edición da Feira dos Remedios contarase con colaboracións especiais como a da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) e a do Club Can de Palleiro.

    Cun renovado enfoque, a Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas quere poñer en valor as razas autóctonas desde un punto de vista funcional. Con tal propósito, contactou coas diferentes asociacións de criadores de razas autóctonas de Galiza e dúas delas amosarán os seus animais no parque da Feira Vella a partir das once da mañá e tamén en horario de tarde co obxectivo de dar a coñecer as nosas razas e destacar a súa valía e características que os diferencian do resto das razas.

    Degustación de carne de poldro

    A Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) patrocina, por unha banda, un posto de degustación gratuíta de hamburguesas e chourizos elaborados con carne ecolóxica de poldro.

    En segundo lugar, realizará unha descrición morfolóxica dun exemplar de Pura Raza Galega para coñecer, da man dunha das técnicas da asociación, cales son as características que ten que presentar un bo exemplar desta raza equina.

    E, en terceiro termo, realizará unha exhibición-demostración do ancestral (Plinio xa falaba del na súa literatura ao falar dos Callaici) e tradicional (foron os animais preferidos para viaxar até a chegada dos vehículos de tracción mecánica) paso de andadura.

    Pola súa banda, o Club Can de Palleiro brindaralles aos ponteareáns e ás ponteareás un Monográfico completo sobre este cánido (un concurso morfolóxico) que terá unha duración de dúas horas.

    Estes animais, para alén de seren fantásticos compañeiros na vida diaria de calquera persoa, son formidábeis tanto como cans pastores para axudar nas tarefas gandeiras con gando menor (ovellas ou cabras) e maior (vacas ou cabalos) como cans guía para persoas invidentes ou con necesidades especiais.

    A Concellería de Cultura agradece a colaboración da Federación de razas autóctonas de Galicia, BOAGA, e a Asociación de Criadores de Gando Celta, ASOPORCEL.

    Entre as razas que atoparemos na Feira Vella estarán tamén a vaca rubia galega, frieiresa, caldelá e cachena, a cabra galega, a ovella galega e a galiña de Mos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.