O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García de la Torre, alcaldesa da vila.
De xeito que a maioría da Corporación coa suma de votos de concelleiros do PSOE, EU Son, BNG e grupo mixto (Manuel Carrera) derrotou as propostas do Partido Popular durante a sesión celebrada este mediodía.
Segundo o Goberno de Eva García, o PP pretendía con este pleno extraordinario convocado pola súa iniciativa, “frear os pagos a proveedores e empresas oponiéndose ás mdoficacións de crédito prantexadas”. Asimesmo o PP demandaba ”unha revisión de oficio de toda a facturación dos exercicios 2016, 2017 e 2018 para depurar as irregularidades que se tiveran cometido”, segundo expusou o voceiro Alejandro Lorenzo.
“Iso suporía atrancar o funcionamento do Concello de Porriño durante anos e terminar pagando con xuros o que se debe” respostou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda que lembrou o voceiro da oposición “cando vostede estivo no goberno municipal con Nelson Santos aprobaron pagos de facturas por 18 millóns de euros mediante modificións de créditos e recoñecementos extraxudiciais”, sinalou a voceira socialista.
“Unha revisión xeral de oficio da facturación pendente sería unha temeridade” segundo Manuel Carrera mentres que Pedro Pereira e Pedro Ocampo tamén coincidiron en manifestar durante o pleno o seu rexeitamento a unha revisión de oficio “que sería unha temeridade” apostillou o voceiro do BNG. Pola súa banda Ocampo fixo a observación de que na conta 413 “sí se revisarán algunhas das facturas segundo acordamos na comisión informativa”, extremo co que estiveron dacordo BNG e PSOE.
Os concelleiros do PP presentaron votos particulares contra as modificacións de crédito propostas polo goberno municipal. Os votos particulares foron derrotados e as propostas do goberno municipal sairon con 9 votos a favor (PSOE, EU Son, BNG e Carrera) e 8 abstencións (PP).
Unha desas modificacións de crédito, polo tanto aprobada hoxe, por importe de 473.000 euros é para pagar facturas con recoñecemento extraxudicial a dez empresas por servizos e obras. A aprobación da operación garante o pagamento en breve.
A outra modificación é por importe de 1.700.000 euros. O acordo adoptado hoxe pola maioría da Corporación determina a xeneración do crédito para o pagamento a 238 proveedores e empresarios do Concello de Porriño. Agás aquelas facturas que deban ser revisadas segundo o acordó de PSOE, EU Son e BNG. Para as restantes ainda que estará a súa ratiticación no seguinte pleno que será o ordinario de setembro.
Outro punto da sesión era a ratificación do contrato coa empresa “Ascan” para a limpeza viaria conforme decidiu hai meses a mesa de contratación. O PP pretendía derogar esa adxudicación alegando supostas deficiencias na prestación e tamén prantexou un voto particular que foi derrotado pola maioría da corporación. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente do goberno municipal defendeu a adxudicación que” foi decidida nunha mesa de contratación con catro técnicos sen intervención de políticos”.
A adxudicación a ‘Ascan’ foi ratificada con 7 votos a favor (PSOE, EU Son e Carrera) e 10 abstencións (PP e BNG).
Por último, nesta sesión plenaria quedaron finalmente aprobadas as retribucións da alcaldesa e concelleiros que forman o goberno municipal en réxime de adicación exclusiva, asunto que quedou pendente no pleno municipal do pasado 12 de xullo.
Arbitrariedade no recoñecemento das obrigas de exercicios pechados
Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular do Porriño, Alejandro Loreenzo asegurou que “a proposta de Crédito Extraordinario por importe de 1.781.923,54 euros, respaldada hoxe por PSOE, EU SON, BNG e Manuel Carrera, pon de manifesto a arbitrariedade á hora de intentar recoñecer as obrigas procedentes de exercicios pechados que arrastra o Concello do Porriño, que en realidade superan os 5 millóns de euros”.
E é que sendo responsables e sabedores dos incumprimentos constantes da estabilidade orzamentaria, regra do gasto, periodo medio de pago, plan económico financieiro e da imposición da non dispoñibilidade de crédito por valor de 4.870.747,47 euros, o Goberno Municipal continúa omitindo a totalidade da facturación pendente de pago e nula de pleno dereito.
Por este motivo, os populares solicitaban hoxe que a Corporación Municipal recoñecera a obriga de pagar a totalidade do que se debe ás empresas, primeiro realizando a revisión de oficio da facturación irregular para poder elaborar a correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para determinar que se pague a todos os provedores o que se lles debe dende hai anos.
“A rexedora pretende seguir poñendo parches e levando a cabo postas en escena, como a de hoxe no pleno, que non fan máis que acrecentar o problema e dilatar o pago a provedores, para impedir dar conta do que en realidade está a acontecer no Concello”, apuntou Lorenzo, “Agora o fai respaldada por quen hai uns meses, antes das eleccións municipais, denunciaban estas prácticas e as tildaban de inadmisibles”.
O voceiro dos populares lamenta “a manipulación” que a rexedora está a facer dende as redes sociais e gabinete de comunicación do Concello do Porriño. “Está poñendo ao servizo do seu propio interés os medios institucionais , usándoos para engañar á xente”, explica Lorenzo, “Os plenos non se colgan na mediateca para que a veciñanza non poida comprobar o que realmente aconteceu”.
A proposta dos populares, tumbada a pasada sesión polos grupos que apoian á Alcaldesa, incluía a modificación da base 18 que permitiría ao pleno ter competencia para o levantamento de reparo e poder permitir o pago sendo, “esta competencia agora mesmo é da Alcaldesa e está a facer uso arbitrario da mesma e negándose a que o pleno teña capacidade de decisión”.
A revisión de oficio da facturación proposta polos populares ten como fin o pago a provedores coa garantía de que se fai conforme ao prezo de mercado e, entre outras cuestións, que se paga por traballos que se realizaron. “Lonxe de pretender impedir o pago, o que estamos intentando é que se pague a todas as empresas que traballaron para este concello e non só ás que a Alcaldesa decida, como está a facer e como pretende seguir facendo. Existen centos de decretos da Alcaldía ordenando o pago a empresas dunha forma totalmente arbitraria mentres outras continúan e continuarán sen cobrar. É inadmisible”, conclúe Lorenzo.