O Concello de Tomiño organiza, para as Festas do Alivio 2019, unha interesante exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, mostra que leva por título ‘Camiños Converxentes’ e que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no primeiro andar do Mercado Municipal. ‘Camiños Converxentes’ será inaugurada, oficialmente, o sábado ás 12 horas.
Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía ‘Holanda’, na que a autora retrata a unha anciana da localidade ourensá de Riós.
Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcadesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.