21.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación destina 300.000 euros á mellora das instalacións do CAAN

    A Deputación destina 300.000 euros á mellora das instalacións do CAAN

    A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato para a posta en marcha de actuacións de mellora no Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros.

    Tal e como explicou a presidenta provincial, a empresa Prace encargarase de executar durante cinco meses o proxecto que abrangue a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da zona de corentena e hospitalización e a mellora do espazo de clínica para adecuar o CAAN á Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

    En liñas xerais, Carmela Silva explicou que se entregan en adopción unha media de dous cans diarios que precisan dez días de media para recuperarse. “Neste eido é preciso adaptar o espazo actual que permite atender a 12 animais para dar cabida a 20 cans”, asegurou a presidenta.

    Crearase unha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, remodelarase a zona de corentena e a de hospitalización e mellorarase o espazo de clínica

    Ademais, en canto á zona de corentena e recepción de animais, tal e como informou Silva, “crearase unha nova, formada por cubículos individuais confortables que permitirán aos animais recollidos pasar un período de corentena maior, garantindo a sanidade do centro e o benestar animal”.

    No que respecta á zona de atención e mantemento de cachorros, a través das melloras que se van acometer no CAAN vaise crear unha nova zona de maternidade, “máis ampla e cunhas condicións hixiénicas óptimas que favoreza, ademais, a visita do público e permita a interacción entre animais e persoas”, detallou a presidenta.

    Finalmente, en canto á zona de esparexemento, acondicionarase un novo espazo onde os cans poidan realizar actividade física, socializar e interactuar coas persoas que acudan ao centro.

    Carmela Silva visitará proximamente o CAAN para presentar a nova campaña para previr abandonos e fomentar adopcións, esterilizacións e o sistema de microchips

    A presidenta da Deputación destacou que “cada vez hai unha maior conciencia do bo trato aos animais pero tristemente moita xente abandona aos cans. Por iso a través deste centro de acollida de animais prestamos un servizo fundamental”. Neste eido, Carmela Silva informou que proximamente visitará as instalacións do CAAN en Meis, onde dará a coñecer a nova campaña que ten por obxectivo prever abandonos, fomentar as adopcións, as esterilizacións e o sistema de microchips para facilitar a identificación dos animais.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS