Xoves, 27 Marzo de 2025

Atopado o corpo do triatleta desaparecido en augas do Miño

A federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno «Pedal’Arte», a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, veñen de facer un comunicado conxunto tralo achádego do corpo sen vida do triatleta desaparecido en augas do Miño.

COMUNICADO CONXUNTO

O corpo do mozo triatleta desaparecido, desde o domingo, no río Miño, foi encontrado esta mañá, sobre as 08h00, flotando na auga na marxe portuguesa, na zona situada fronte á Piscina Municipal. No transcurso das operacións de vixilancia no terreo, un membro da corporación dos Bombeiros Voluntarios de Cerveira deu o sinal de avistamento do cadáver, sendo inmediatamente accionado un bote do NRP Río Miño, para concretar o rescate do corpo e, posteriormente, encamiñalo cara ao Instituto de Mediciña Legal de Viana do Castelo.

Por ter o suceso acontecido durante a proba de natación do XII Triatlo da Amizade, con organización conxunta, a Federación de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, a Pedal’Arte, o Concello de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, manifestan publicamente o profundo pesar pola perda do mozo de 23 anos, enviando as máis sentidas condolencias á familia e amizades.

Tras catro días de operacións de busca intensivas, as dúas federacións, a asociación e ambos gobernos locais, agradecen públicamente todo o dispositivo efectuado, destacando que, baixo coordinación da Capitania do Porto de Camiña e da Comandancia Naval do Miño, realizaron un traballo incansabel ao longo de toda a operación.

Neste momento, solicítase o respecto necesario para que familia e amizades poidan realizar as cerimonias fúnebres coa maior privacidade posibel.

O Ministerio Público xa procedeu á abertura dunha investigación, polo que se agarda á maior brevidade posíbel dispoñer dunha clarificación dos feitos relativos ao suceso.